3ª FUTGAL: Malpica e Sofán B selan as paces
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Adiantábase ao sábado o partido da xornada, co liderato en xogo. Pedra Queimada vestíase de gala para recibir ao filial do Sofán, e o choque deparaba un empate que deixa as cousas igualadísimas, co Malpica con 2 puntos máis pero tamén partido máis que o filial carballés.
Polo detrás, parece que o Volantes volve carburar, e fica moi preto dos dous de arriba, xunto con Zas e Cerqueda (ollo que leva 7 vitorias e 2 empates nas últimas 9 xornadas), formando ese grupo de 5 que parece que se van xogar todo.
O Pereiriña parte con vantaxe na loita pola 6ª praza, na que están inseridos practicamente todos os equipos.
Malpica - Sofán B (1-1)
- Malpica: Pepucho, Anxo, Diego, Damián, Samuel Periscal, Luisma, Pablo, Fran, Aday, Cristian e Charro. Tamén: Eloy, Julián, Raúl, Jorge Parga e Eloy Suárez.
- Sofán: Mario; Samuel, Ivàn, Raúl, Marcial; Nachete, Breogán; Borja, Adrián (C), Dani Calvete e Isma. Tamén: Lucas, Eloy Cabeza, Saydo, Nacho Eirís e David.
- Goles: 1-0, m.18: Fran; 1-1, m.82: Isma Ramos.
Partido ben intenso o vivido nunha Pedra Queimada que espera pola renovación do seu céspede, pero revivindo cada vez máis os seus mellores tempos en relación coa afección. Comezaron ben os carbaleses, provocando varias chegadas por banda como unha boa ocasión de Dani que salvaba Pepucho. O cadro de Barca empurraba moi arriba, pero a defensa dos de David Baña estaba firme. Pouco despois nunha contra para o equipo local pon Luis un balón bombeado que remata Fran e abre o marcador para o equipo local practicamente na primeira que tiñan os locais.
Comeza a segunda parte cun Malpica moito máis convencido e tendo un par de ocasións para ampliar. Pero o Sofán B aguantaba, mantiña a presión e intentaba facer todo o posible para seguir invicto. Chegaría o tanto do empate no treito final que ambos deron por válido.
Volantes - Camelle (6-2)
- Volantes: Xandre, Héctor, Pola, Alex Louro, Anxo, Isma, Hugo, Javi, Barreiro, Manu de Yi e Raúl Lestón. Tamén: Alex de Yi, Antonio, Borja, Fran e Ángel.
- Camelle: David C., Vicente, David V., Raiku (Ruso), Martín; Estiben, Chans, Gabi (Dido), Sandro (Óscar), Kampi (Pastelero); e Lucas.
- Goles: 1-0, m.2: Raúl; 2-0, m.6: Anxo maca un golazo definindo co exterior tras un fermoso taconazo; 3-0, m.29: Manu de Yi; 3-1, m.47: Lucas; 4-1, m.57: Raúl de penalti; 5-1, m.63: Hugo de penalti; 6-1, m.71: Raúl; 6-2, m.75: Lucas.
Debutaba Xandre na meta do Volantes. O porteiro muradán, premio Pombo hai dúas temporadas da 3ª, volve aos campos como gran reforzo para os de Sil e Gus. O cadro laranxa vencía nun choque no que os camelláns arrincaban durmidos, permitindo que os locais se colocasen 2-0 antes case de empezar.
Non se colocaba o Camelle de Sergio que só chegaba á área de Xandre no desconto da primeira metade. Recurtaba ao inicio da segunda Lucas, e tiveorn minutos apretando os camelláns, pero unha man e un agarrón provocaban dúas penas máximas que deixaban o partido sentenciado. Lucas aínda marcou o segundo para os visitantes.
Nantón - Seaia (3-1)
- Nantón: Vidal, Mikel, Adrián, Miguel, David Fariña, Xoel, Dany Añón, Iago Torres, Josué, Javi Muíño e Bembi. Tamén Regueira, Nando Cabeza, Juan, Carlos Vidal, Márquez.
- Seaia: Lamas, Marcos, Brais, David, Iván, Alex Mato, Martín Costa, Diego, Manu Castro, e Juni. Tamén: Raúl, Anxo, Alex, Pablo e Alex.
- Goles: 1-0, m.48: David Fariña mete un golazo dende 30 metros; 2-0, m.63: Iago Torres define no man a man; 2-1, m.78: Marcos; 3-1, m.82: David Fariña aproveita un rexeite.
Segunda vitoria para o Nantón no que vai de liga ante un Seaia que comezou mellor, mandando no campo, xerando o casoóns e mesmo un balón ao longueiro. Á media hora, a pesar da expulsión de Bembi por unha patada arriba, o equipo de Adrián Varela “Fofi” arriba, ante un Seaia que tiña que sacar a Alex Mato por lesión (a familia do Nantón envíalle unha aperta grande) do campo e parecía ir desaparecendo. Xa antes o local Xoel tiña que abandonar o campo e ir ao Hospital por unha posible lesión grave no xeonllo.
Nada máis comezar a segunda, o Nantón cunha marcha máis, adiantábase cun golazo de David Fariña e unha boa definición de Iago Torres. Con máis corazón que cabeza o Seaia volvía intentar chegar arriba e recurtaba por medio de Marcos de tiro lonxano. Aí, co 2-1, e o cadro de Jorge Martínez colgaba balóns con Juni facendo dano, pero aguantaron os cabaneses e co equipo visitante envorcado, David Fariña sentenciaba á contra.
Laxe - Zas (1-6)
- Laxe: Jacobo, Martín, Roberto, Elías, Roi, Felipe, Pablo, Abdel, Eliseo (Torrado), Unai (Ismael) e Mohamed (Juan).
- Zas: Pereiras, Adrián Rama, Redondo, Álvaro, Marcos, Estefan, Darío, Andrés, Dani Mato e Raúl Corzón. Tamén: Guille, Mauro, Angel Nieto, Adrián Mourelle e Juan Touriñán.
- Goles: 0-1, m.1: Raúl Corzón; 0-2, m.11: Raúl Corzón; 0-3, m.13: Dani Mato; 0-4, m.28: Álvaro; 0-5, m.60: Dani Mato; 1-5, m.88: Felipe; 1-6, m.89: Mauro de penalti.
O Sporting Zas saía moi enchufado ao partido e Raúl xa abría o marcador no primeiro minuto cun tanto dende fóra da área. Sen deixar respirar os zaseiros ao Laxe de Ordóñez, o propio Raúl Corzón (xa leva 17 como goleador destacado da categoría), e Dani Mato colocaban o 0-3 antes do primeiro cuarto de hora. Os locais protestaron a actuación arbitral e pedían unha falta e expulsión sobre Moha cando se ía só contra Pereiras, pero era Álvaro o que poñía o cuarto antes do descanso cun golazo.
Tras o descanso, a tónica do partido mantívose moi similar. Os de Rubén Forján e Alfredo Pereiro seguían en campo contrario e só contra o final conseguían marcar o gol da honra.
Inter de Brens - Cerqueda (2-5)
- Inter: Gonzalo, Diego, Christian, Regueira, Alex Castro, Juan Lagoa, Torices, Papin, Evaristo e Adrián Pasantes. Tamén: Costa, Jorge, Marcos, Santi Agulleiro e Fabián.
- Cerqueda: Mateo, Adri, Marcos Pensado, Dani Reixía, Andy, Andi Rei, Alex, Iván Rey, Schuster, Salah e Iván Mato. Tamén: Carlos, Christian Velo, Davidson, Hugo Paredes e Palermo.
- Goles: 0-1, m.9: Salah a centro de Marcos; 0-2, m.47: Salah; 0-3, m.49: Salah; 1-3, m.55: Alex Castro; 1-4, m.75: Palermi; 1-5, m.77: Davidson dende fóra da área; 2-5, m.82: Adrián Pasantes.
Partido bastante disputado na primeira parte, que comezaba co Salah, que non perdoaba un bo centro de Marcos. Poucas ocasións na primeira metade, cun par de goles anulados aos visitantes por fóra de xogo e un par de achegamentos nos ceenses.
Saíron cunha marcha máis os de Gurita, e en 5 minutos Salah sentenciaba o choque con dous tantos. Recurtaron os de Javichu Barrientos, pero un tanto de Palermo e outro de Davidson sentenciaban o partido.
Buño - Pereiriña (3-3)
- Goles: 0-1, m.25: Martín; 1-1, m.27: Alan de penalti; 1-2, m.53: Abel; 2-2, m.58: Jonathan de falta; 2-3, m.75: Antón Lestón de penalti; 3-3, m.89: Pablo Lema de tiro cruzado.
Emocionante e intenso partido, cheo de alternativas, no que os dous adestradores marcharon considerando que mereceron máis.
A primeira metade foi dos oleiros. Os de Lilo comezaron dominando o balón e tiveron varias chegadas como unha de Hugo alta, un tiro cruzado de Javi ou un par de achegamentos de Andrés e Alán. Tamén o equipo de Joaquín Quintáns avisaba aos 10 minutos cunha doble ocasión de Martín e Brais que saca milagrosamente o meta Isaac Piña.
No ecuador do primeiro tempo os visitantes se adiantan cun tanto de Martín, e apenas un par de minutos despois unha protestada pena máxima sobre Rubén provoca o empate.
Saíu mellor na segunda o cadro ceense, meténdose por diante co tanto de Abel. Pero repetíase o guión e Jonathan, no primeiro balón que toca, volve poñer táboas no marcador de falta. Seguía o Pereiriña dominando e Antón Lestón transformaba, de xeito espectacular, un penalti cometido sobre Juan oBello. E non soubo matar o partido o equipo visitante, e os oleiros, de novo a base de coraxe, voleron pelexar sendo o lateral esquerdo Pablo Lema, quen con tiro cruzado pisando área rival logra o empate 3-3.
Aínda o meta visitante Maikel era expulsado por tocar o balón coa man fóra da área e Jonathan a piques estivo de colala de novo.
Oza - Muxía B (5-2)
- Oza: Samuel, Alex Moreno, Casais (Javi Vilariño), Nacho, Kuki, Cristian Gabin, Saad (Fernando), Crespo, Nico (Archi), Salah e Abib (Aaron).
- Muxía B: Ángel, Prieto, Braus, Martín, Noé, Furelos, Fanián, Adrián Baamil, Santi, Isma, Eloy Sambad. Tamén: Xabi, Alex, Brais e Damián.
- Goles: 0-1, m.38: Eloy Sambad de penalti; 0-2, m.46: Adrián Baamil aproveita un esvarón do porteiro local; 1-2, m.56: Nico; 2-2, m.57: Abib; 3-2, m.65: Salah; 4-2, m.75: Nacho de penalti; 5-2, m.85: Archi.
Comezaba frouxo o partido, sen demasiadas chegadas, cun filial muxián,que malia non poder despregar o seu fútbol, si que lle metía un pouco máis de intensidade. Preto do descanso marcaba o primeiro dende os 11 metros, e nada máis saír dos vestiarios facía o segundo aproveitando un esvarón do meta local nun pase atrás.
Pero a partir de aí, desconexión total dos de Isidro, que perderon a intensidade, e en dúas xogadas consecutivas semellantes, cos visitantes protestando posibles fóra de xogo. O choque estaba tolo, pero Salah facía o terceiro para os de Miguel Sande. O Muxía intentaba recurtar pero coa inercia os locais sentenciaban de penalti e Archi facía o último.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.10: Quedan 5.
- X.9: O Sofán B peta na mesa
- X.8: O Volantes supera a un gran Malpica e o Sofán B aproveita e ponse de líder.
- X.7: 4 equipos destacados.
- X.6: O Malpica tamén gaña o derbi ante o Buño e se mantén arriba de todo.
- X.5: Tres equipos invictos.
- X.4: Volantes e Malpica póñense por diante.
- X.3: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada.
- X.2: A Festa do gol.
- X.1: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.