mércores. 11.12.2024
El tiempo

3ª FUTGAL: Quedan 5

Nanton-Zas nas Fontinas-Foto-Noe Tourinan boa
Imaxe do Nantón-Zas nas Fontiñas-Foto-Noe Touriñán
3ª FUTGAL: Quedan 5

5 equipos destácanse na parte da alta da 3ª trala celebración dun terzo da liga.
Descansaba o líder, o Sofán B, e só o Malpica conseguía recurtar distancias. Os de David Baña goleaban ao Inter de Brens, e se colocan a só 1 punto dos carballeses. A sorpresa, relativa porque a marcha do Cerqueda é estupenda tras 7 partidos sen perder, chegaba en Muros, onde o Volantes sumaba a súa segunda derrota da temporada, a segunda consecutiva, ante os de Gurita, que os alcanzan na táboa a só 4 puntos do liderato.
Tamén aí esta o Zas, que perdeu unha boa ocasión de achegarse arriba de todo ao non pasar do empate nas Fontiñas.

Ábrese aí unha fenda de 5 puntos coa 6ª praza, que ocupa o Pereiriña tras vencer ao Oza, por diante dun Baiñas que venceu ao Laxe.

Oza - Pereiriña (0-2)

11 do SD Oza no Carral
11 do SD Oza no Carral
  • Oza: Alex Moreno, Alberto, Nacho, Kuki (Aarón), Hamsa (Casais), Saad, Crespo (Javi Vilariño), Lavandeira, Alexis (Alberto Mato) e Abib.
  • Pereiriña: Maiekl, Adrián Ozón, Oca, Estebo, Calo, David Marcote, Juan Cabanas, Carlos Leis, Isma Graíño, Tito e Charli. Tamén: Fabián, Abel, Sergio e Antón Lestón.
  • Goles: 0-1, m.57: Tito dende lonxe; 0-2, m.78: Carlos Leis define no man a man.

Bo partido no Carral, que comezaba co equipo local dirixido por Míchel moi enchufado, e avisando cun centro e un remate de Nacho, outro de Alex Moreno nun córner… varias xogadas que convertían a Maikel Cambeiro, meta ceense, no mellor sobre o céspede.

Cambiou o conto na segunda, cun Pereiriña de Joaquín Quintáns que deu paso adiante ante un Oza menos intenso. O Pereiriña roubaba mellor e chegaba arriba, pero na outra área Nacho tiña unha que se lle marcha demasiado cruzado tras un gran control.

Era Tito o que desfacía a igualada cun chutazo dende uns 35 metros. O 0-2 chegaría tamén logo doutro roubo de balón na medular de Carlos Leis que tras deixar atrás a varios rivais plántasee diante do porteiro e despois de regatealo marca o segundo. O Oza intentouno nos íutimos 10 minutos pero xa sen fe.

Nantón - Zas (1-1)

  • Nantón: Álvaro, Mikel, Abelenda, Miguel Lois, Farña, Xoel, Dany, Yago, Muíño, Alberto Fuentes. Tamén: Jose, Nando Cabeza, Josué, Juan e David.
  • Zas: Guille, Adri Rama, Pablo Fuentes, Redondo, Andrés, Juann Touriñán, Darío, Eloy Moreira, Adrián Dom., e Dani Mato. Tamén: Pereiras, Fariña, Mauro, Raúl Corzón e Fran Gavín.
  • Goles: 0-1, m.1: Juan Touriñán dende moi lonxe collendo ao porteiro adiantado; 1-1, m.1: Iago Torres.
Nanton-Zas nas Fontinas-Foto-Noe Tourinan 3
Nanton-Zas nas Fontiñas-Foto-Noe Touriñán

Estrano paritdo nas Fontiñas que comezaba de forma trepidante, cun arranque que sorprendeu a todos os presentes. Nada máis sacar de centro, o Sporting Zas roubou o balón grazas á anticipación de Juan, que marcou un gol desde un lanzamento lonxano e preciso, poñendo o 0-1 no marcador ao primeiro suspiro. Pero, a resposta do Nantón non se fixo esperar, e aínda non se cumprira o segundo munito e Iago Torres xa empatara tras unha xogada por banda.

A partir dese momento, o Nantón optou por pechar filas e manter unha defensa compacta que freou o intento do Zas de imprimir ritmo. O Zas caeu nun xogo lento e impreciso, sen capacidade de superar a defensa rival. As únicas accións destacables desta primeira metade foron dous lanzamentos errados de Andrés e Adrián Rama, que non lograron dirixir os seus tiros entre os tres paus. Pola súa banda, o Nantón xerou perigo a través do seu dianteiro, que, coa súa velocidade, conseguiu gañarlle as costas á defensa do Zas en varias ocasións, achegándose con certo perigo á portería defendida por Guille.

Nanton-Zas nas Fontinas-Foto-Noe Tourinan
Nanton-Zas nas Fontiñas-Foto-Noe Touriñán

Tras o descanso, o Zas de Rubén Forján e Pereiro introduciu un cambio de sistema buscando maior fluidez no seu xogo, pero a tónica da segunda metade foi similar á da primeira. O Nantón de Adrián Varela “Fofi” seguiu pechado atrás, aproveitando a rapidez dos seus homes en punta para lanzar contras que inquietaran a defensa visitante, como un man a man de Yago que sae frouxo ás mans de Guille, outro remate dentro de área de Javi que non acerta e un remate de Josué nunha contra que lle sale o remate de novo demasiado frouxo e centrado as mans de Guille.

A pesar dos cambios introducidos para dinamizar o ataque, o Sporting Zas non logrou transformar en gol ningunha das accións xeradas nesta segunda metade. A presión aumentou no tramo final, con moita presenza en campo contrario, pero o xogo ralentizábase ao bordo da área rival, e as tentativas non resultaron efectivas. Así o partido terminaría co 1-1 do comezo.

Laxe - Baíñas (2-5)

11 do bainas copia
11 do Baíñas en Laxe
  • Laxe: Jacobo; Roi (Torrado), Elías, Roberto, Martín (Sergio), Halal, Pablo, Felipe, Mohamed (Pasarelo), Abderraman e Santi (Unai).
  • Baíñas: Joel; Pablo (Marcos), Héctor, Manu, Raúl; Santi, Kevin, Chavico (Dylan), Ruly, Aníbal e Chipi.
  • Goles: 0-1, m.12: Ruly; 1-1, m.14: Moha; 2-1, m.58: Felipe de penalti; 2-2, m.70: Anibal; 2-3, m.71: Pablo; 2-4, m.85: Chipi; 2-5, m.90: Kevin.

Resultado máis abultado do que se viu no campo, e que se rompeu no treito final. O choque comezaba moi igualado, con poucas pero dispersas ocasións nas dúas áreas. Adiantouse rápido o Baíñas, pero Moha empataba moi pronto. Os de Sanchiño levaban algo máis o control pero non chegaban os goles.

Comezaba a segunda de novo moi igualada e o Laxe se adiantaba tras un penalti claro. Puido ampliar a renda o cadro de Ordóñez ante un Baíñas algo nervioso, pero foi o cadro vimiancés o que conseguía empatar, e poñerse por diante en dúas xogadas consecutivas. O Laxe quixo estirarse, pero en dúas boas transicións, os visitantes ampliaron a renda.

Seaia - Muxía B (3-0)

  • Goles: 1-0, m.35: Brais Villar; 2-0, m.67: Alex García; 3-0, m.69: Álex García.

Partido moi ben traballando por parte do equipo dirixido por Jorhe Martínez, sobre todo no centro do campo. O choue empezaba igualado, con poucas ocasións claras para ambos conxuntos, ata que nunha boa xogada de Alex García, asistía a Brais e este facía o 1-0 a 10 do descanso.

Na segunda parte volvía o filial muxián a tentar sorte en balóns ás costas da defensa do Seaia, intentando aproveitar a velocidade dos de arriba, pero que non chegaban a conectar. Os cambios daban ás aos locais, que conseguían facer moito dano á defensa adiantada de equipo de Isidro, a través tanto de Juni como de Alex García en velocidade, e os pases filtrados de Kevin, froito do cal chegarían os dous tantos obra Alex García cos que o partido quedaba visto para sentenza.

Buño - Camelle (1-3)

  • Buño: Piña, Pablo, Alan, Hugo, Miguel Mallo, Jose Castro, Brais, Fran Santiago, Javi Facal, Jesús e Sarr. Tamén: Fran Souto, Adrián Pose, Cristian Aguirre, Andrés e Ciss.
  • Camelle: David C., Vicente, Hucho (Raiku), Ruso, Martín; David V., Estiben, Fabián (Pastelero), Chans, Sandro (Gabi) e Lucas (Kampi).
  • Goles: 1-0, m.4: Alan Moscoso de vaselina; 1-1, m.18: Iván Chans; 1-2, m.36: Lucas; 1-3, m.80: Gabi.

Xera pero non acerta este Buño de Lilo, arrastrado por unha dinámica mala. Comezaba moi o equipo oleiro que marcaba moi pronto ante as protestas visitantes por un posible fóra de xogo. Tiveron varias ocasións para ampliar a renda da man de de Brais Fraga e Javi Facal, pero non acertarían. Os de Sergio comezaban a situarse e a dominar o centro do campo, e nunha xogada por banda Chans, despois de ser “trastabillado” recompúñase e marcaba o empate. Pasaban os minutos máis en campo local, e nun balón roubado por Hucho no medio, daría un gran pase a Lucas que no man a man non falla. Chegaba algo por banda aí o Buño, pero sen perigo real.

A pesar do gran inicio de partido, non apareceu na segunda metade o equipo local, con decisións individuais equivocadas e falta de contundencia, que permitiu ao Camelle dominar a sgeunda metade, e sentenciar por medio de Gabi.

Inter de Brens - Malpica (0-5)

Malpica apoiando a Mario  copia
Os xoagdores do Malpica con camisetas de ánimo a Mario que se operou fai unha semana de rotura de menisco
  • Goles: 0-1, m.13: Luís nun córner; 0-2, m.43: Luís; 0-3, m.45: Charro aproveita un rexeite do longueiro a un tiro de Luís; 0-4, m.54: Luís de penalti; 0-5, m.90: Fran a pase de Peris.

O Malpica de David Baña arrincaba asumindo a posesión do partido desde os primeiros instantes, tendo certos achegamentos e xa aos 15 minutos Luís desfacía o empate nun córner. O partido estaba igualado co Inter de Brens de Javichu, pero antes do descanso Luís facía o segundo cunha fermosa vaselina e pouco despois Charro aproveitaba outra xogada de Luís para sentenciar.

O segundo tempo, de trámite.

Volantes - Cerqueda (0-2)

11 do Cerqueda copia
11 do Cerqueda en Miraflores
  • Volantes: Alex de Yi, David, Rama, Paris, Anxo, Hugo, Dani Mariño, Jesús, Manu de Yi, Raúl Lestón e Borja. Tamén: Barreiro, Fran, Ángel, Isma Mayo e Pola.
  • Cerqueda: Mateo, Adrián Verdes, Andy, Marcos Pensado, Dani Reixía, Andi Rey, Hugo Paredes, Alex, Salah, Suso e Schuster. Tamén: Iván, Carlos, Christian Velo, Brais e Hugo Fraga.
  • Goles: 0-1, m.33: Salah de penalti cometido sobre Adrián; 0-2 m.56: Salah.

Partido moi disputado en Miraflores, cun Volantes que saía enchufado, con varias ocasións tanto a balón parado como en xogada. Pero o Cerqueda de Gurita que ía de menos a máis meténdose en faena. Un gol de Salah permitíalle aos visitantes ir por diante no marcador ao descanso.

Intentaron recompoñerse os de Gabri Sil e Gus, pero os cerquedáns non baixaron os brazos e estaban moi cómodos, e moi seguros en defensa. Pronto Salah cun golazo nun golpeo desde o pico da área metea pola escuadra do segundo pao. O Volantes, con moitas imprecisións non conseguiron en ningún momento poñer en perigo a vitoria visitante.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis info

Comentarios