venres. 06.12.2024
El tiempo

3ª Galicia: Malpica e Soneira asinaron táboas mentres o Oza golpea a reacción do Zas

JOnatan Rial Chicha debuta e marca co Malpica
Jonatan Rial "Chicha" foi o protagonista da xornada, debutando e marcando dous goles no desconto para que o Malpica sumase un punto ante o poderoso Soneira
3ª Galicia: Malpica e Soneira asinaron táboas mentres o Oza golpea a reacción do Zas

Malpica e Soneira xa están en zona de promoción e seguro que estarán moi arriba toda a temporada. O choque entre ambos deparou un empate tras un final de tolos, nos que o debutante “Chicha“ empataba con dous tantos no desconto.

Outro dos partidos da xornada era o que enfrontaba a Oza e Zas, e malia que o equipo de Pereiro e Forján mereceu algo máis, o Oza freou a súa reacción e se mantén no podio, a só 4 dun líder, o Xallas, ao que lle tocaba descansar. A 3 está o Sofán, que bateu ao Pereiriña, mentres que o Lira se mete en postos de promoción tras vencer ao Buño.

Oza - Zas (2-1)

11 do Oza no Carral
11 do Oza no Carral
  • Oza: Brais, Diego; Isac, Nacho Pose, Casais; Lavandeira, Iago Rodríguez, Ivan Mato, Alex Freire Hugo Fraga e Moreno.
11 do Zas no Carral-Foto-Noe
11 do Zas no Carral-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Adri Rama, Álvaro Fariña, Marcos Villar, Peke, Darío, Adrián, Andrés, Dani Mato e Iván Caamaño. Tamén: Anxo, Javi Suárez, Ronny, Eloy Moreira e Lucas.
  • Goles: 1-0, m.8: Hugo Fraga tras un fermoso recorte; 1-1, m.23: Javi Suárez de penalti; 2-1, m.44: Alex Freite de penalti.

Bo partido no Carral, comezando cos dous equipos sen correr riscos, tanteándose, pero pronto aparecía Hugo Fraga para facer un golazo tras un bo recorte. Ademais, a nova lesión de Dani Mato (finalmente ten unha escordadura de nocello) sentou como un xerro de auga fría ao equipo de Forján e Pereiro, que vía como Oza mantiña o control do tempo. Pero un penalti innecesario permitíalle a Javi Suárez, recén entrado, empatar dende os 11 metros.

Despois do empate, apretou o Zas pero non acertou cara gol, e Alex Freire non perdoaba dende os 11 metros nun penalti cometido por Pereiras.

Na segunda metade o Zas adiantou liñas e levou o peso do partido xogándose case todo esta metade no campo do Oza, que se mantivo moi ordenado .O Zas apretou toda a segunda metade, cun gran Lucas, pero non conseguíu acertar, mesmo chegando a reclamar os zaseiros un gol fantasma.

Un empate tería sido máis xusto.

Seaia - Nantón (9-0)

  • Goles: Juni (2), Charro (2), Añón (2), Martín, Pablo García e Sergio Fdez.

Partido sen historia en Pedra Queimada, cun Nantón que saía ben armados atrás, con algunha ocasións á contra como unha de Tato a centro de Redondo que non acaba de entrar. Pero comezaba a aparecer a pólvora malpicá: Juni abría a conta aos 20 minutos, Charro ampliaba a renda no 30, e Añón facía dous tantos antes do descanso. Polo camiño, Iván Redondo volvía fallar un par de bocas ocasións para meterse no partido.

Desfixose o Nantón na segunda, que foi un monólogo local, marcado case a cada chegada á meta cabanesa.

Soneira - Malpica (2-2)

  • Soneira: Martín, Héctor, Javi, Lema, David, Adrián Sendón, De la Sierra, Adrián Pereira, Alberto, Riki, Basti. Tamén: Brais, Álvaro, Iago, Jesús e Lemus.
11 do Malpica
11 do Malpica
  • Malpica: Nacho, Jorge Parga, Villar, Canario; Aday, Diego (Raúl, m.55), Cristian, Periscal, Alberto Hombre (Lou, m.70), Fran (Gabi, m.67), Chicha.
  • Goles: 1-0, m.31: Iago a pase de Basti; 2-0, m.80: Basti aproveita un rexeite do meta malpicán; 2-1, m.80: Chicha; 2-2, m.92: Chicha.

Partido entre dous aspirantes a todo, que se decidiu nuns 10 minutos finais de tolos. Foi unha primeira metade foi seria, cu Malpica no que debutaban Diego García e o autor dos goles da remontada, Jonathan Rial “”Chicha”.

O Soneira estivo algo mellor co balón na primeira metade, sen grandes ocasións máis que o gol de Iago tras un pase de Basti.

Cambiou o conto na segunda, cun Malpica máis dominador, máis envorcado e buscando balóns directos. A boa forma física dos malpicans permitía tratar cara a cara a todo un Soneira, que á contra facía o segundo xa no treito final do choque. Pero con 2-0 non estaba todo vendido, quedaba a tolemia. O Malpica non se deu por vencido e no desconto Chicha recurtaba e xa na última facía o empate para delirio da afección visitante.

Ameixenda - Laxe (1-3)

11 do Ameixenda ante o Laxe
11 do Ameixenda ante o Laxe
  • Ameixenda: Costa, Maldonado, Kampy (Rois, m.84), Louzán, Lagoa, Óscar, Ocho (Elhadji, m.68), Torices, Dani (Santi, m.68), David e Damián (Álex, m.84).
  • Laxe: Jacobo, Roi, Guzmán, Rubén, Eloy Liñares, Jose, Samuel, Bieito, Saleta, Martín Carrabete, Adrián Lema. Tamén: Aarón, Manuel, Íker, Sergio.
  • Goles: 0-1, m.24: Carrabete; 0-2, m.75: Adrián Lerma; 1-2, m.89: Óscar; 1-3, m.90: Carrabete.

Por fin o Ameixenda completou 90 minutos serios, competindo man a man ante un Laxe que foi superior pero que non puido arrasar, e mesmo en varias fases superaron as liñas do cadro laxense. Abriu o marcador Carrabete e houbo unha hora de xogo con alternativas, normalmente co cadro laxense un pouco mellor. Pero non foi ata o 75 cando Adri Lema ampliaba a renda. Aí, tras intentalo, e xa no .89, nunha moi boa combinación entre David e Óscar, o segundo recurtaba metendo de cheo ao equipo ceense no partido. Pero no saque de centro, no despiste mais grande do partido o Laxe marcou o 1-3 definitivo por medio de Carrabete.

Cerqueda - Corcubión (3-2)

11 do Cerqueda
11 do Cerqueda
  • Cerqueda: Mario, Adrián, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samuel, Gus, Pedro, Íker, Dai Vrela, Cristian Méndez e Martín Añón. Tamén: Alex Pazos, Cristian Velo, Suso, Jose e Martín Gómez.
  • Corcubión: Bruno, Iván, Mario, Díaz, Antu, Alán, Gorka, Víctor, Martín, Lema e César. Tamén: Samu Trillo e Tomás.
  • Goles: 0-1, m.10: César Lojo; 1-1, m.30: Cristian Méndez; 2-1, m.60: Suso; 3-1, m.80: Martín Gómez; 3-2, m.89: Martín.

Non acaba de arrancar un Corcubión ó que lle está a faltar un pouquiño de sorte e que volvía de baleiro de Xaviña, tras atoparse cun gran partido do Cerqueda, que se refai dunha mala serie de resultados. Empezaban adiantándose os visitantes cun gol de cabeza de César nun córner, despois de que Méndez fixera lucirse a Bruno. O Cerqueda veuse arriba, e empataba o propio Méndez, cun tiro desde a frontal que collía despistado ó porteiro visitante.

Na segunda, os locais poñíanse por cun tanto de Suso tras unhaboa xogada de Adrián por banda. O Corcubión subía liñas e apretaba pero a 15 do final os de Uzal conseguían poñían distancia cun disparo frontal tras rexeite do xuvenil Martín Gómez, que debutaba. Martín recurtou para os visitantes nun pase da morte, e xa case sobre o pitido final o Corcubión o intentou por medio de boas oportunidades de Iago, César, Mario, Gorka pero entre o porteiro local e a falta de puntería non logrou o empate finalmente.
Se por Corcubión consideran que un empate tería sido máis xusto, por Cerqueda consideran boa a vitoria.

Lira - Buño (2-0)

  • Goles: 1-0, m.35: Oli; 2-0, m.50: Oli.

Partido igualado cun Lira tratando de chegar a portería rival cun fútbol directo, mentres que un Buño moi mermado polas baixas, intentaba facer dano ao rival elaborando un pouco máis, aínda que os achegamentos de perigo serían contados. O Lira facía un partido serio, sen permitir grandes ocasións e acertando nas súas. Oli enchufou días das tres que tivo e a outra lanzoua ao pau.

Os oleiros pediron fóra de xogo no primeiro tanto, pero na segunda tiveron varios regalos atrás que permitiron aos locais sentenciar. Con 2-0, o Buño intentaría meterse de novo no partido pero Breo, Elías Suárez e Brais non encontrarían o gol. Á contra tamén puido sentenciar o Lira, pero o partido foi esmorecendo cun Buño que acababa con 10 sobre o campo por lesións e por ter só 12 xogadores.

Sofán B - Pereiriña (5-0)

  • Goles: 1-0, m.21: Raúl; 2-0, m.33: Dani Calvete dende fóra da área; 3-0, m.46: Lucas; 4-0, m.50: Alex; 5-0, m.81: Nacho Eirís.

Foi superior o filial carballés pero o Pereiriña aguantou moi ben a primeira metade, tendo mesmo varias ocasións para abrir o marcador. Pero dúas xogadas a balón parado perfectamente executadas polos de Barca no ecuador do primeiro tempo daban conta da maior eficacia dos locais.

Si que na segunda o Sofán aproveitou os espazos dun Pereiriña algo máis estirado, e nada máis comezar facían o terceiro que practicamente deixaba o choque sentenciado. Pero non deu o choque por desbotado o cadro de Joaquín que pelexou ata o final, e puido recurtar sobre todo por medio de Saulo. Ao final, resultado abultado para o visto no campo.

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios