O Dépor abre unha nova Escola de Tecnificación en Outes
Como fixera hai uns meses co Unión Club Cee, o Real Club Deportivo segue afianzando os seus tentáculos pola Costa da Morte. Faino dende o Cunchido, coa estrea da nova Escola de tecnificación “Escola RC Deportivo en Outes”.
Unha escola que nace encadrada no convenio de colaboración a tres bandas entre a Fundación RC Deportivo, Escolas de futbol Luis Calvo Sanz e o propio club da Serra, contando coa colaboración do excelentísimo Concello de Outes.
A escola de tecnificación RC Deportivo en Outes ven a aportar un complemento extra ó magnífico traballo desenvolto durante estes últimos anos polo equipo de adestradores de base do Outes FC.
Nesta primeira tempada, a escola funcionará con dous turnos de unha hora. Tódolos mércores de 17.30 a 18.30 e 18.30 a 19.30. Os asistentes poden obter toda a información na páxina web https://www.rcdeportivo.es/escola.
A escola xa conta cunha trintena de xogadores do club e a partir de ahora queda aberta a inscrición a xogadores de outros equipos.
Novas relacionadas
- O Deportivo e o Bergantiños afianzan os seus tentáculos en Cee.
- #EntrevistaQPC Hugo Baldomar: "Só con pensar en xogar en Riazor xa se me poñen os pelos de punta”.
- Dani Barcia a nova promesa do fútbol galego, campión de España e internacional coa Sub19.
- 4 costeiros, campións de España co Dépor Xuvenil.