Os finalistas ao Premio SAUNIER DUVAL ao Delegado do Ano son...

Continuamos debullando os finalistas da XI Gala do Fútbol da Costa - QPC. Entre hoxe e o xoves iremos debullando quen son os candidatos a levar os prezados balóns da Olería de Buño para as súas estanterías, que coñeceremos a partir das 20:00h.

Despois de coñecer os nominados ao Árbitro do Ano, continuamos co outro premio escollido polo colectivo arbitral a través dunha elección na que participaron 53 de 72 colexiados que hai na subdelegación costeira. Un premio que nace tamén como homenaxe a todas esas directivas e xentes que están na sombra pero que son os verdadeiros sustentos dos nosos clubs.

Os nominados ao Premio SAUNIER DUVAL ao Delegado do Ano son:

  • Barrié do Ponteceso SD.
  • Bertino do CD Baio.
  • Domingo do EF Concello de Carnota.

Máis novas da Gala

 

REPASO DAS GALAS