Domingo. 14.08.2022
El tiempo

Fontenla, o campo escollido para as finais da Copa da Costa

Xallas-Fisterra en Fontenla
Imaxe dun choque en Fontenla
Fontenla, o campo escollido para as finais da Copa da Costa

Trala disputa da volta das semis, tanto en categoría masculina como feminina, o Fútbol da Costa xa pensa no domingo da Gran Festa do Fútbol da Costa. Se o venres teremos a Gala en Malpica, o domingo teremos a finalísima no campo de Fontenla, en Santa Comba.

Ás 12:00h disputarán Noia e Bergantiños a finalísima da categoría feminina.

Ás 18:30h (o horario aínda pode variar en función da retransmisión pola TVG) celebrarase a gran final da #CopadaCosta masculina entre Esteirana e Fisterra.

A final masculina contará coa retransmisión en directo da Radio Nordés e a Radio Galega.

comentarios