Venres. 19.04.2024
El tiempo

FSF: Fisober e Amarelle Santa Comba suman novas vitorias

adriana co Fisober FBF
Adriana nun partido co Fisober FBF
FSF: Fisober e Amarelle Santa Comba suman novas vitorias

Ata Ribadavia se desprazaba o Fisober esta fin de semana, e volvía cun importante triunfo acadado tras unha completa remontada. As dumbiriesas están nunha cómoda 6ª praza da Preferente.

Mentres, en 1ª, o Amarelle Santa Comba segue potentísimo na segunda fase e goleaba ao Fórma-T B, matendo o liderato.

PREFERENTE GALICIA-LIGA AUTONÓMICA, xornada 24

  • Resultado: RIBEIRO DO AVIA FC – FISOBER FSF: (5-6)
  • FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Ana, Carre, Saray, tamén xogaron: Claudia, Adriana, Uxía.
  • Goles: 1-0 min 1 Paula Pereiro, 2-0 min 2 Inés, 2-1 min 12 Uxía, 3-1 min 19 Inés, (descanso), 3-2 min 24 Saray, 3-3 min 27 Ana, 3-4 min 28 Ana, 4-4 min 29 Nair, 4-5 min 31 Uxía, 4-6 min 36 Adriana, 5-6 min 39 Nair.
Sharay co Fisober
Gran partido de Sharay co Fisober

Non puido iniciar de peor forma o partido para o Fisober xa que en dous minutos xa ía con dous goles en contra obra de Paula Pereiro e Inés. Tentou desperezarse algo o cadro costeiro pero as locais sorprendían de vez en cando as locais co xogo de cinco e poñían en apuros a Sharay. Adriana e Ana avisaban, e mediada a segunda metade Uxía recurtaba. Carre, Saray e Paula tiveron o empate, pero a piques de chegar ao tempo de lecer e despois dunha ocasión de Ana á contra remata co terceiro gol local obra de Inés.

A volta dos vestiarios o partido era un ida e volta. E nesas un envío de Sharay dende a portería para Saray remata co gol desta para recurtar distancias. As locais quixeron respostar ao gol pero apareceu Sharay con dúas boas intervencións. Quen si marcou foi o Fisober cun tiro exterior de Ana que petou nunha xogadora local e supuxo o empate a tres. E case sen respiro Ana era a máis lista da clase para facer o tres a catro para as costeiras.
O partido estaba tolo as locais salen co xogo de cinco e marcan por mediación de Nair para o catro a catro. O Ribeiro poñía en perigo novamente a Sharay, pero quen golpeaba era o Fisober cun pase de Carre para Uxía para poñer de novo en vantaxe as costeiras. As locais seguían co xogo de cinco e un roubo de Adriana case remata en gol. Quen pouco despois non desperdiciou outro roubo para poñer o catro a seis. Unha Adriana que tivo o sétimo a pase de Uxía pero non acertou. Quen si acertaron foron as locais no último minuto co definitivo cinco a seis obra de Nair.
A vindeira semana chega o Terra de Celanova a Dumbría.

1ª Autonómica, Liga Regular A, xornada 5

  • Resultado: Amarelle Santa Comba - Grupo Forma-T Vilalba B (8-0)
  • Amarelle Concello de Santa Comba: Nerea Ramallo, Elsa Souto, Ge, Nuria, Eva Lema (cinco inicial),
    Tania, María, Lucía Sestayo.
  • Goles: 1-0 Elsa Souto (min. 3); 2-0 Lucía Sestayo (min. 15); 3-0 Elsa Souto (min. 26); 4-0 Eva Lema (min. 28); 5-0 Nuria (min. 29); 6-0 Nuria (min. 33); 7-0 Eva Lema (min. 34); 8-0 María (min. 35).
O nicrariense Nacho Tunas e o adestrador do Amarelle Santa Comba
O nicrariense Nacho Tunas e o adestrador do Amarelle Santa Comba

As xalleiras dirixidas por Nacho Tuñas vencíancon rotundidade nesta 5ª xornada da segunda fase e se manteñen líderes do seu grupo, tendo 3 puntos de vantaxe sobre o Praia de Barreiros, equipo que vai en 3ª praza e que marca a posición de ascenso, pero que ten un partido menos.

O partido empezaba cun Amarelle Concello de Santa Comba que levaba o tempo do partido e trataba de buscar a portería contraria desde moi pronto, mentres que as visitantes trataban de sorprender á contra; pero as primeiras en subir o gol, serían as locais, cando aos tres minutos Elsa Souto subía o 1-0 ao marcador. O conxunto xalleiro seguiu intentando ampliar distancias, pero as accións defensivas do Grupo Forma-T Vilalba FSF B aguantaban a exigua distancia no marcador, e as locais non terminaban por finalizar entre os tres paus; ata que na medianía do periodo Lucía Sestayo nunha gran xogada persoal conseguía subir o 2-0 ao marcador; e manter unha vantaxe cómoda para irse ao tempo de asueto.

A segunda metade empezaba cun Amarelle Concello de Santa Comba moi metido no partido e nos cinco primeiros minutos conseguían subir tres goles máis ao marcador, e poñer o 5-0 no luminoso, grazas aos goles de Elsa Souto, Eva Lema e Nuria. O Amarelle Concello de Santa Comba mostrábase moi cómodo no partido, e no seguinte tramo de partido conseguía ampliar o seu marcador ata o 8-0, tralos goles de Nuria, Eva Lema e María; cando aínda quedaban 15 minutos por disputarse.
O tramo final do partido foi máis igualado, e onde as xalleiras souberon facer valer a súa vantaxe no marcador e manter a distancia para sumar os tres puntos, que lle permiten recuperar o liderato do grupo.

Berro de guerra do amarelle santa comba

Máis información

Novas do FSF

Crónicas do FUTFEM

Comentarios