venres. 08.11.2024
El tiempo

FSF: O Fisober sobre a primeira derrota no Conco e o Amarelle Santa Comba segue gañando

Fisober FSF ante o FormaT Vilalba
Fisober FSF ante o FormaT Vilalba
FSF: O Fisober sobre a primeira derrota no Conco e o Amarelle Santa Comba segue gañando

Recibía nas I.D. de O Conco en Dumbría o Fisober ao Forma-T Vilalba, que endosaba a primeira derrota do ano na casa.
En todo, a mellor nova para a familia Fisober foi a convocatoria de varios rapaces para a Selección Galega. Raúl Lema entra na lista definitiva da Selección Galega Alevín que participara no Campionato de España de seleccións territoriais que se disputara en El Ejido (Almeria) do 4 ao 8 de abril.
Ademais, Pablo Costa Carabel fai propio na Selección Galega Infantil, participará no Campionato de España que se celebrara en Salou do 11 ao 15 de abril.

Fisober Infantil
Un dos choques dos Infantís

No tocante ao cadro xalleiro do Amarelle Concello de Santa Comba, dirixido por Nacho Tuñas, vencía con comodidade ao CD Seguridade Galega 5 Coruña FSF.

PREFERENTE GALICIA-LIGA AUTONÓMICA, xornada 23

  • Resultado: FISOBER FSF – GRUPO FORMA-T VILALBA FS (2-3).
  • FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Ana, Carre, Saray; tamén xogaron: Claudia, Lucía Martínez, Adriana, María Dumbría, Uxía.
  • Goles: 0-1 min 4 Paula, 0-2 min 10 Antía, 1-2 min 16 Saray (descanso) 2-2 min 29 Adriana, 2-3 min 38 Antía.

O partido comezou con moita intensidade pero sen ocasións. Saray e Carre avisaban pero aos catro minutos un lanzamento de Paula petaba en Uxía e despistaba a Sharay para o cero a un. E case un pouco despois as visitantes amplian vantaxe pero entre Saray e Sharay evitan o gol. Mediada esta primeira metade Antía poñía o segundo gol visitate, nuns minutos nos que o estaba a pasar mal o conxunto costeiro. Pero no peor momento apareceu unha combinación entre Adriana, Ana e Saray remata con gol desta última.
E todo mudou o Fisober agora era o que merecía o gol da igualada, aínda así as visitantes tiñan un lanzamento ao pau. Tamén Paula Fandiño a piques estivo de igualar.

A volta de vestiarios o Fisober apreta e crea ocasións ante un Vilalba moi canso. Unha boa ocasión para Lucía Martínez e outra para Saray como as máis salientables. Mediada esta segunda metade unha parede entre María Dumbría e Adriana remata co gol desta última para igualar o partido. O Fisober buscaba o triunfo con ocasións para Carre, Uxía, Paula Fandiño ou Ana pero non acadaba o gol. Quen si o acadaron foron as visitantes por medio de Antía a dous minutos para o fin, cun gran mazazo para as costeiras que xa non foron quen de voltar a igualar o partido.

 

1ª Autonómica, Liga Regular A, xornada 4

  • Resultado: CD Seguridade Galega 5 Coruña FSF - Viaxes Amarelle Santa Comba (1-7).
  • Amarelle Concello de Santa Comba: Nerea, Elsa Souto, Andrea, Eva Lema, Nuria (cinco inicial), Ge, Lucía, Lidia, Sabela, Claudia.
  • Goles: 0-1 Ge (min. 12); 0-2 Eva Lema (min. 23); 0-3 Andrea (min. 24); 0-4 Nuria (min. 24); 1-4 Antía (min. 32); 1-5 Nuria (min. 40); 1-6 Ge (min. 45); 1-7 Nuria (min. 47).

amarellestacomba-pastoricense02

Arrincaba o encontro moi igualado nos primeiros minutos, pero segundo foi pasando o partido; fóronse facendo cada vez máis dominantes no xogo e terminaron por sumar unha importante vitoria por un marcador de 1-7, grazas aos goles de Ge (2), Eva Lema, Andrea e Nuria (3).

O Amarelle Concello de Santa Comba terá que seguir traballando e mellorando, para o próximo fin de semana recibir a visita do Grupo Forma-T Vilalba FSF B.

Máis información

Novas do FSF

Crónicas do FUTFEM

Comentarios