xoves. 07.11.2024
El tiempo

FSF: O Fisober caeu en Begonte

Adri e Carre co Fisober
Adri e Carre co Fisober
FSF: O Fisober caeu en Begonte

O Fisober segue cos seus problemas a domicilio e non puido sacar nada da visita a Begonte no que a mellor noticia foi a volta de Mai.

PREFERENTE GALICIA-LIGA AUTONÓMICA, xornada 22

As primeiras ocasións do partido foron para o Fisober cunha volea de Ana e un pase de Adriana cara Paula Fandiño o que se lle adiantaba a porteira local. Despois novamente ocasión para as costeiras desta vez por mediación de Adriana. Para culminar esta xeira de ocasións cunha de Lucía Martínez. Quen non desaproveitaría a súa foi a local Ana María de dulce toda a tarde para facer o primeiro gol para o Begonte. E cando peor o estaba a pasar o Fisober, un mal despexe e un rexeite en Adriana devolvía a igualada ao electrónico.
Pero pouco lle durou a ledicia as costeiras xa que pouco despois Ana María facía o segundo local. E a mesma Ana María facía o terceiro antes da visita aos vestiarios.

A volta do tempo de lecer desperezou un pouco o Fisober con dúas ocasións a primeira por parte de Adriana que fixo intervir a porteira e a segunda por mediación de Uxía. No minuto 26 Ana María seguía co seu lucimento persoal e dende media pista lograba un novo gol para as locais. Unhas locais que voltaban a ter o seu anterior empuxe. O Fisober intentou voltar a entrar no partido e primeiro un lanzamento ao pau de Adriana e despois o gol de Uxía parecía que o lograban. Pero nada máis lonxe da realidade xa que de novo Ana María voltaba poñer a diferenza en tres goles.

Máis información

Novas do FSF

Crónicas do FUTFEM

Novas do Álbum do FUTFEM Galego

Comentarios