Venres. 26.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober pechou unha complicada temporada

fisober
FSF: O Fisober pechou unha complicada temporada

Pechaba esta singular tempada o Fisober recibindo este sábado no Conco ao campión de grupo. Un Academia Red Blue que só puido vencer ás costeiras no último minuto.

Tamén remataron a competición esta atípica tempada de Covid as categorías inferiores do Fisober, unha vez que os cadetes remataron a segunda fase, quedando campións do grupo de consolación.

Liga Autonómica Preferente, xornada 14

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA (1-3).
  • FISOBER: Sharay, Paula Fanidiño, Adriana, Carre, Mai ; tamén xogaron: Lía,Lucía Canosa, Nerea, Ana, Lucía Rodríguez, Nuriña, Uxía, Lucía Martínez.
  • Goles: 0-0 ao descanso. 1-0 min 27 Paula Fandiño, 1-1 min 35 Ainho,1-2 min 39 Ainho,1-3 min 40 Marta.

Comezaba cun roubo das herculinas e xogada de perigo que desbarataba Carre. A resposta foi por parte das costeiras cunha dobre gran ocasión para Adriana. A resposta das visitantes non se fixo esperar pero Paula Fandiño salvaba a ocasión. Despois era Sharay na portería a que desviaba o lanzamento do 5 Coruña.Nun partido con moita imprecisión Adriana tiña unha ocasión para o Fisober e Sharay paraba unha das herculinas.

Comezaba a segunda metade con ocasións nas dúas áreas. Nuriña, Mai e Ana avisaban ata que mediada esta segunda metade un roubo de Paula Fandiño remata cunha vaselina desta última para poñer en vantaxe ao Fisober.
As herculinas botáronse arriba buscando a igualada pero non o acadan e Ana busca o segundo local. Cando chegamos aos últimos 5 minutos, as visitantes arriscan co xogo de cinco e ao pouco de inicialo teñen éxito co gol da igualada por parte dunha ex costeira coma Ainho.

Quedaban apenas dous minutos cando unha falta sobre Paula Fandiño remata ca expulsión de Mai. As visitantes aproveitaron a superioridade e de novo a ex costeira Ainho facía o segundo. Nos últimos segundos unha nova expulsión para as costeiras desta vez Carre, cunha nova inferioridade e un novo gol visitante antes do fin por parte de Marta.

Así remataba a tempada para o Fisober, na que intentou disfrutar e volver a competir en tempos de pandemia.

Categorías inferiores

Cadetes do Fisober
 O Fisober cadete está formado por Ángel, Pablo Costa, Leo, Eloy Sambad, Carlos Manuel, Mario, Adan.

Remataron as ligas de base, e o fixeron co peche da segunda fase, no grupo de consolación da Liga Autonómica Cadete Masculino. Os do Fisober vencían 3-5 ao Casa do Deporte (Frigsa) de Lugo cos goles de Carlos en dúas ocasións, Eloy Sambad, Manu e Pablo Costa.
A vitoria permítelles pechar esta tempada de debut na categoría autonómica con bo sabor de boca, pois quedaron o primeiro posto do grupo de consolacion.

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DO FSF

Comentarios