FSF: O Fisober segue gañando

Ata o Paco Chao de Carballiño desprazouse a expedición do Fisober, para acadar outra nova ei importante triunfo que se materializou con dous goles na segunda metade, para manterse na loita pola única praza que vai á Promoción de Ascenso..
LIGA AUTONÓMICA- PREFERENTE GALICIA FEMININA, xornada 25
- Resultado: GRI CARBALLIÑO FS- FISOBER FSF (0-2).
- FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Barca, Uxía; tamén xogaron: Patri, Adriana, Mai, Saray, Nuriña.
- Goles: 0-1 min 24 Nuriña, 0-2 min 39 Paula Fandiño.
Iniciaba o partido e as costeiras colleron o dominio do partido, cun equipo local sempre perigoso moi ben perpetrado atrás. O muro defensivo das da vila do polvo era infranqueable para as xogadoras de Fran Toba que acumulaban ocasións pero non eran quen de perforar a portería defendida por Sara.
A volta de vestiarios o Fisober apretou un pouquiño máis se cabe esperar e así foi como os catro minutos a camellana Nuriña facía un gol vital para o seu conxunto que desfacía a igualada e daba tranquilidade. As costeiras seguían a dominar o partido e Sharay a penas tiña que intervir pero o apretado do resultado impedía respirar con soltura a Fran Toba.
Pasaban os minutos ata que chegado o último minuto de partido era Paula Fandiño a que marcaba o segundo e daba a tranquilidade definitiva.
A vindeira xornada disputarase despois do parón de Semana Santa na que o Fisober recibirá ao Ribeira Lieders en Dumbría.
Novas do FUTFEM
Máis crónicas do FSF.
- FSF: O Fisober segue colíder pelexando pola Promoción.
- Tropezo do Fisober na casa.
- No Fisober #Xogamostodas.
- O Fisober deixa vivo ao Meigas.
- O Fisober remata a primeira volta colíder cos mellores números da súa historia.
- FSF: O Fisober comeza o ano como o viña facendo.
- O Fisober segue de doce e o Amarella Santa Comba retoma a senda da vitoria.
- FSF: O Fisober tamén golea en Balaídos.
- O Fisober segue vencendo.
- Fisober: Vitoria na pista e empate no campo.
- FSF: Importante vitoria do Fisober ante unha das súas bestas negras.