FSF: O Fisober segue colíder pelexando pola Promoción

Tralo tropezo de hai dúas semanas, as rapazas do Fisober seguen suman de 3 en 3. Recibía a un necesitado Balaídos, e malia que o partido demostrou que cada choque de aquí a final de liga será unha final, as costeiras souberon competir e quedar cos 3 puntos que as manteñen no liderato, empatadas co Meigas, no único posto que vai á Promoción de Ascenso.
Todo está apretadísimo a falta de 7 xornadas; as santiaguesas teñen o golaveraxe individual a favor pero como se vén demostrando nas últimas xornadas, as dúas poden fallar con calquera rival.
A mellor nova, ademais dos tres puntos, foi a volta ás pistas de Uxía, despois de moitos meses lesionada e non o puido facer de mellor maneira ca cun gol para abrir o marcador.
LIGA AUTONÓMICA – PREFERENTE GALICIA FEMININA, xornada 24
- Resultado: FISOBER FSF – BALAÍDOS CF (3-2).
- FISOBER: Sharay, Patri, Nuriña, Saray, Lucía Martínez; tamén xogaron: Uxía, Barca, Adriana, Paula Fandiño, Ana.
- Goles: 1-0 min 9 Uxía, 2-0 min 10 Patri, 2-1 min 18 Patricia, 2-2 min 19 Carlota, (descanso), 3-2 min 34 Paula Fandiño.

Comezaba dominando o conxunto costeiro pero sen impoñer moito o ritmo e cun conxunto visitante que tamén tiña o seu. Pasaban os minutos ata que mediada esta primeira metade Uxía abría o marcador. Pouco despois era Patri a que facía o segundo gol local que parecía dar tranquilidade o conxunto de Fran Toba. Quizais demasiada tranquilidade, no xogo. Cando parecía que se ía chegar con esa cómoda vantaxe ao tempo de lecer nos últimos dous minutos apareceu o conxunto visitante para mudalo todo.
Primeiro Patricia reducía diferenzas no marcador co primeiro gol olívico. E case sen tempo a respirar Carlota igualaba o partido nun abrir e pechar de ollos para facer que ambos equipos se foran a caseta con igualada a dous tantos.
A volta de vestiarios o Fisober intentábao sen materializar as ocasións que tiña. Pasaban os minutos e non eran quen de poñer o terceiro no electrónico. Ata que a 6 do final Paula Fandiño facía o 3-2 para ledicia da parroquia local. Dende aquí ata o fin, sufrimento costeiro polo apretado do resultado pero finalmente os puntos quedaron no Conco para seguir na loita polo título.
A vindeira xornada toca visita a terras do Carballiño.

Novas do FUTFEM
Máis crónicas do FSF.
- Tropezo do Fisober na casa.
- No Fisober #Xogamostodas.
- O Fisober deixa vivo ao Meigas.
- O Fisober remata a primeira volta colíder cos mellores números da súa historia.
- FSF: O Fisober comeza o ano como o viña facendo.
- O Fisober segue de doce e o Amarella Santa Comba retoma a senda da vitoria.
- FSF: O Fisober tamén golea en Balaídos.
- O Fisober segue vencendo.
- Fisober: Vitoria na pista e empate no campo.
- FSF: Importante vitoria do Fisober ante unha das súas bestas negras.