FSF: Tropezo do Fisober na casa
Facía case un ano que non perdía o Fisober coma local. E curiosamente o último que gañara no Conco fora o Vilalba e voltou a ser o mesmo rival o que se levou o triunfo da pista costeira, nun partidazo de ambos equipos que se decidiu en pequenos detalles e na maior efectividade das visitantes.
LIGA AUTONÓMICA – PREFERENTE GALICIA FEMININA, X. 22
- Resultado: FISOBER FSF – GRUPO FORMA-T VILALBA FS (4-5).
- FISOBER: Adriana, Patri, Paula Fandiño, Ana, Barca; tamén xogaron: Mai, Lucía Martínez, Nuriña, Saray.
- Goles: 1-0 min 3 Patri, 1-1 min 15 Andrea, 1-2 min 17 Carla, 1-3 min 18 Antía, ( descanso) , 2-3 min 22 Paula Fandiño, 2-4 min 31 Aroa, 3-4 min 37 Ana, 3-5 min 38 Antia, 4-5 min 39 Paula Fandiño.
O Fisober saiu moi concentrado e moi intenso na busca do triunfo ante un potente rival como é o Vilalba. E así aos tres minutos Patri poñía en vantaxe as locais cun gol que daba tranquilidade. O Fisober fixo un gran partido moi metido e con ocasións pero tiña diante a un dos grandes da categoría que poñía as cousas moi difíciles.
Os minutos ían pasando e as locais non eran quen de aumentar a diferencia no electrónico. E así chegaron os últimos minutos da primeira metade que foron unha lousa para as costeiras. Primeiro Andrea igulaba o partido a cinco para o fin. Aínda así seguían a facer un bo partido as costeiras. Pero quen se poñía por diante era o conxunto visitante cun gol de Carla. As vilalbesas cada vez que chegaban con perigo pegaban e foi unha lousa para o Fisober esa circunstancia. O terceiro gol por mediación de Antía poñía aínda máis difíciles as costeiras. Co un a tres chegábase ao tempo de lecer.
A volta de vestiarios seguíu o Fisober a dar moito ritmo ó partido e así Paula reducía diferencias no electrónico. As de Fran Toba buscaban a igualada e seguían a facer un gran partido igual co conxunto visitante. Pero o Fisober non era quen de empatar. Quen si marcou foi Aroa mediada esta segunda metade, unha xerra de auga fría para as locais. Lonxe de renderse o Fisober redrobou esforzos na busca da remontada e chegaron uns últimos minutos tolos.
Primeiro Ana poñía o tres a catro para as locais dando folgos a un Fisober na busca de puntuar. Pouco despois Antía voltaba a poñer dous de vantaxe e cegando ó último minuto Paula Fandiño recurtaba novamente. Nos últimos segundos o Fisober tentou o empate pero non foi posible para o conxunto costeiro que a pesares do seu gran partido non foi quen de puntuar, nun deses días nos que a pesares das ocasións e o bo xogo os astros e a sorte conspiran en contra.
A vindeira xornada visita ao Ribeiro do Avia.
Novas do FUTFEM
Máis crónicas do FSF.
- No Fisober #Xogamostodas.
- O Fisober deixa vivo ao Meigas.
- O Fisober remata a primeira volta colíder cos mellores números da súa historia.
- FSF: O Fisober comeza o ano como o viña facendo.
- O Fisober segue de doce e o Amarella Santa Comba retoma a senda da vitoria.
- FSF: O Fisober tamén golea en Balaídos.
- O Fisober segue vencendo.
- Fisober: Vitoria na pista e empate no campo.
- FSF: Importante vitoria do Fisober ante unha das súas bestas negras.