Venres. 19.04.2024
El tiempo

FSF: No Fisober #Xogamostodas

Fisober Xogamos todas
FSF: No Fisober #Xogamostodas

A familia do Fisober uníuse ao proxecto Xogamos todas, un documental que están a realizar un grupo de alumnos do CIFP A Farixa en Ourense. Un proxecto audiovisual con perspectiva de xénero, que mostrará a situación actual do fútbol sala feminino, os seus avances a favor da igualdade nos últimos anos e os retos a superar.

De paso, ademais, as costeiras trouxéronse os puntos de terras ourensás, para seguir marcando o ritmo do grupo dende o máis alto.

LIGA PREFERENTE GALICIA- LIGA AUTONÓMICA, xornada 18

  • RESULTADO: ATLÉTICO ARNOIA – FISOBER FSF (0-3).
  • FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Barca, Saray; tamén xogaron: Patri, Ana, Nuriña.
  • GOLES: 0-1 min 25 Paula Fandiño, 0-2 min 38 Barca, 0-3 min 39 Patri.

O partido foi un monólogo para as costeiras dende o principio con dominio do xogo e do balón, fronte a un equipo local que deicidiu defender en campo propio, arroupado na súa área e buscar algunha contra. O Fisober dominaba e tiña ocasións pera a excelente actuación de Nerea por parte local facía que non chegaran a bo porto. A meta costeira era unha mera espectadora, pero as de Fran Toba non conseguían romper a solidez defensiva local.

A volta de vestiarios o Fisober seguíu emborcado cara a portería contraria con ocasións pero sen premio. Ata que no minuto vintecinco un penalti transformado por Paula Fandiño por fin abría a lata do Arnoia.
Co cero a un e cun pouco máis de tranquilidade as visitantes seguían na busca de pechar o partido con máis ocasión e cunha porteira local excelsa. Ata que a dous minutos do fin Barca poñía o cero a dous para tranquilizar totalmente as costeiras. E tan só un minuto despois Patri facía o definitivo cero a tres.

A vindeira semana o Fisober terá xornada de descanso pola retirada do Lugo Sala co cal quedará en igualdade de condición co Meigas con case toda a segunda volta en xogo. Volven a competir a finais de mes o finde do 26 de febreiro recibindo ao Gaiola, a ver como lle sentan estas semanas de parón ao conxunto de Fran Toba.

Novas do FUTFEM

Máis crónicas do FSF.

Comentarios