Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FútFem: Cee e Bergantiños, coas opcións intactas

Foto das Miudas en Negreira
Foto das Miúdas en Negreira
FútFem: Cee e Bergantiños, coas opcións intactas

Rematou a primeira volta nos dous grupos da 2ª feminina, e faino con triple vitoria. Ademais, os Bergantiños e Cee fican na parte alta, con opcións a todo pois o cadro de Gueli está a só 3 puntos do Narón (o grupo 1 comezou a segunda volta esta semana) tras vencer ao Paisaco, mentres o Cee está na 3ª praza a 3 puntos do segundo clasficado. Algo máis abaixo rematan a primeira volta do Gr.3 As Miúdas, tras vencer ao pechacancelas, quedando na 6ª praza a 9 puntos do cadro ceense.

O Mazaricos descansaba na Liga F7 de Santiago.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 13

  • Resultado: Nicrariense - As Miúdas (2-4)
  • As Miúdas: Laura, Paula, Sofía, Marcela, Isa, Antía, Gala, Sabela, Ainoa, Marta e Pati. Entraron: Leti, María, Mariña e Ana.
  • Goles: 1-0, m.12: Gala; 0-2, m.22: María remata un córner; 0-3, m.35: Gala marca tras executar forte un libre directo algo escorada que sorprendeu por alto á meta nicrariense; 0-4, m.42: Sabela de penalti cometido sobre Ainoa.

Quedou casi resolto o choque na primeira metade onde as de Muros non concederon ocasións ás de Negreira e marcaron os seus 4 goles a pesares de seguir mostrando dificultades á hora de concretar as numerosas ocasións que xeneran. A clave estivo nas accións a balón parado, foron 3 dos 4 goles materializados en xogadas de estratexia.
As boas accións da porteira sumadas a apatía en ataque das Miúdas evitaron que o resultado fose máis amplo o chegar o descanso.
Laura, que volveu a asumir a responsabilidade da portería nas de Muros non pudo acabar o encontro por mor dunhas molestias e tivo que poñer os guantes Leti no minuto 40. Así a segunda non foi boa, e as locais dominaron sen facer perigar, en todo caso, a vitoria muradá.

 

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 13

  • Resultado: Cee - Noia (2-1)
  • Cee: Noe, Lucía Sendón, Lucía Barreiro, Alba, Nerea, Lucía Canosa, María Jiló, Sharay, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Maira, Paula, Saray, Lucía Brión e Antía.
  • Goles: 0-1, m.14; 1-1, m.41: Lucía Canosa; 2-1, m.43: Lucía Canosa.

Nova vitoria deste Cee capaz de todo, ante un gran Noia que chegou ao San Paio de Refoxos esperando ben e soubo buscar o seu lugar. Adiantouse na primeira metade e as de Rafa tardaron en repoñerse. Pero apareceu a goleadora Lucía Canosa, con dous tantos ao fío do descanso, para firmar a remontada. Unha Canosa que suma xa 16, na parte alta das Pichichis do grupo, pero aínda lonxe da máxima goleadora, a xogadora do Arzúa Helena, que suma 30 tantos.

A segunda tensa, co partido aberto ata o pitido final.

 

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.1, XORNADA 16

  • Resultado: Paiosaco - Berantiños (0-2)
  • Goles: 0-1, m.73: Ali a pase de Noe Vimi; 0-2, m.77: Isa tras un gran pase de Ali.

Gran derbi o que se puido ver na Porta Santa, cun Paiosaco moi rocoso e un Bergantiños algo máis dominador do balón, pero sen conseguir chegar con profundidade.

Tralo descanso, Gueli e René movían o banquiño, e tardaron en romper a defensa das de David Castro. Non foi ata o último cuarto de hora cando dúas combinacións Noe-Ali e Ali-Isa conseguían abrir a lata. As locais demostraron a súa melloría nesta a súa primeira temporada.

 

Novas do FutFem

Crónicas da temporada Futfem

Comentarios