FUTFEM: O Corme demostra o seu potencial
Vencía o Corme ao Mazaricos no partido da semana, e demostra ademais unha pegada que as colocal como favoritas. 6 de 6 suman as de Rubén Souto, con 3 puntos de vantaxe sobre Ponteceso e Camariñas. Precisamente as pondalianas vencían en Camariñas nun partido tremendamente tenso.
6 de 6 suma tamén esta Esteirana, tamén invictas, compartindo liderato co Céltiga, tras vencer o primeiro derbi da historia do futfem muradán entre Esteirana e As Miúdas.
Na 2ª Div., o Dumbría no fallaba ante o pechacancelas e o Cee sumaba un punto ante o Burgo.O Orillamar-Xallas foi suspendido pola folga de bedeles das instalacións deportivas do Concello da Coruña.
Sp. Burgo - Cee (2-2)
- Cee: Valeria, Lucía Rod., Ramos, Nerea, Uxía, Martínez, Paula Veiga, Naiara Vázquez, Nayara Casais, Saray Duarte e Sharay Caamaño. Tamén: Noemi, Facal, Sabela e Minerva.
- Goles: 0-1, m.20: Paula Veiga; 0-2, m.23: Martínez; 1-2, m.39: Tania Rey; 2-2, m.61: Andrea.
Partido que empezou o Cee tomando o control, con varias ocasións para adiantarse no marcador. Non sería ata que tras un fermoso pase de Sharay dende campo propio a Martínez, que lle dá o balón a Paula para marcar o primer gol do partido. As do Burgo intentaron achegarse á portería ceense pero sen chance algunha e nunha contra Martínez aumenta a ventaxa no marcador. Antes de entrar aos vestiarios o Burgo recortaría distancia no marcador.
Na segunda parte o balón non tivo dono e houbo achegamentos nas dúas áreas e o Burgo igualaría o partido. O Cee tivo algunha ocasión para levarse os tres puntos pero ao final o resultado quedou no empate.
Dumbría - Silva (5-1)
- Dumbría: Lissette, Noa, Carril, Mariña, Mai, Juliette, Sabela, María, Paula Fandiño, Eva e Kelly. Tamén: Martínez, Yaiza, Claudia, Yoli e Paula Rod.
- Goles: 1-0, m.4: Eva; 2-0, m.28: Sabela; 3-0, m.43: Paula Fandiño; 4-0, m.45: Paula Fandiño; 4-1, m.47: Iria Aguirre; 5-1, m.49: Eva.
Empezabamos o partido con muito ritmo, xerando ocasións nada máis empezar e adiantandonos no marcador tras un bo balón filtrado de Kelly, para que Paula Fandiño asistira a Eva, nese momento e vendonos coa capacidad de non sufrir relaxamonos e concedemos espacios que as visitantes aprobeitarían para chegar a nosa área, subimos o ritmo e tras unha boa combinación por dentro deixaríamos soa a Sabela para facer o 2-0, coa tranquilidad que nos daba o marcador fomos capaces de circular e atopar os espacios xerando varias ocasións para aumentar a distancia hasta que noutra boa combinación quedaríalle un balón na frontal a Paula Fandiño que faría o 3-0 e pouco dispois de gol olimpico o 4-0 co que iríamos o descanso.
A volta do descanso saímos un pelín desconectadas concedendo un corner onde as visitantes recortarían distancias con un gol olimpico, pronto sentenciaríamos por medio de Eva facendo o 5-1 que sería definitivo, a partir de ahí o partido collería un ritmo de crucero axudado polo resultado e sobretodo polo calor que facía no Conco, dispoñemos de máis ocasións para aumentar a distancia pero non andaríamos acertadas
3ª División Feminina, Gr.2, xornada 6
Zas - Cabana (0-0)
- Zas: Noelia, Alvite, Carlota, Lorena, Lucia, Inés Andrea, Lara, Nuria,Tania e Nerea. Tamen xogaron: Sara e Olalla.
- Cabana: Miriam, Nuria (Valeria), Antia Pazos, Laura, María (Mel), Iria (Saray), Inma, Alejandra, Natalie (Sheila), Irene, Adriana (Jessie Pose).
Partido moi igualado en San Andrés, cun Cabana levando lixeiramente o dominio pero cun Zas de Anxo Garrido moi ben ordenado, que sacaba moi boas contras nas que Nerea fixo esforzarse a Miriam, mentres os de Jose Manuel facían perigo a balón parado.
O gol segue a ser o cabalo de batalla de ambos conxuntos.
Corcubión - Bergantiños B (3-0)
- Goles: 1-0, m.15: Noa a pase de Helena; 2-0, m.31: Trini remata un córner botado por Andrea Romero; 3-0, m.37: Andrea Romero tras unha boa xogada de Alexandra.
Gran primeira metade do Corcubión de Rubén Castillo, que saíu con moita intensidade ante un cadro de Noe Iglesias descoñecido. Tres goles en media hora daba conta da superioridade local, e mesmo o longueiro salvou ás bergantiñás, que non eran quen de sacar o balón do seu campo, dun cuarto.
Na segunda, cos cambios o filial recuperou algo o xogo e tivo alunha ocasión pero a vitoria local nunca perigou.
Muxía - Pastoriza B (4-2)
- Goles: 1-0, m.15: Patri Romaní; 1-1, m.16: Andrea Lamas; 2-1, m.43: Patri Romaní; 3-1, m.67: Nerea Barrientos; 4-1, m.80: Patri Romaní; 4-2, m.88: Noa Varela.
Comezaba o choque sen dominador claro, cun filial do Pastoriza que quería o balón. Marcaba pronto Patri, pero respondía o cadro visitate. Antes do descanso Patri Romanía facía o segundo.
Na segunda, a pesar do dominio de balón, as dos lesionados Isma Pose e Barca, non pasaron grandes apuros e conseguiron ampliar ben a renda.
Corme - Mazaricos (6-1)
- Corme: Lucía; Saskia (Laura), Aroa, Irene: Candela (Nerea), Olalla, Ana, Lucía; Cris (Salomé), Naroa e Carla.
- Mazaricos: Silvia, Graci, Antía, Fátima, Valentina, Claudia, Leire, María Senra, Raquel, Tamara e Ánxela. Tamén: Paula Maneiro, Paula Rod., Lidia e Iza.
- Goles: 1-0, m.40: Naroa; 2-0, m.41: Aroa; 3-0, m.46: Cris; 3-1, m.55: Graci; 4-1, m.58: Aroa; 5-1, m.66: Carla; 6-1, m.85: Naroa.
Parece surrealista pero o Mazaricos fixo un dos mellores partidos da temporada, e acabou caendo goleado nun partido moito máis disputado do que sinala o marcador. Pero este Corme vai en serio, cun equipo moi potente.
O choque comezaba moi igualado, con Silvia, xogadora de campo, tivo que meterse de porteira pola baixa de Valeria nas de Marcos. A primeira metade transcorría sen demasiadas ocasións, cun Mazaricos ben armado atrás, sen tanto balón curto como acostuma, pero competindo ben a todo un Corme.
E dous goles consecutivos (o primeiro moi bo de Naroa, pero o segundo nun erro nun córner) ao fío do descanso rompían un pouco o partido.
Saían convencidas as amarelas da remontada, pero nada máis saír Cris facía o terceiro para as de Rubén Souto. O Mazaricos non baixou os brazos, recurtando e tendo algunha ocasión mesmo para meterse de novo no partido. Pero apareceu a pegada cormelá para, a base de personalidade, pechar o choque con goleada.
Camariñas - Ponteceso (0-1)
- Camariñas: Desiré (Karen), Laura Garrote, Rocío, Rosana (Daniela), Uxía (Lara), Aitana, Laura Pose, Yara, Laura Paredes (Saray), Alba (Maira) e Paula.
- Ponteceso: María, Noe (Laura R), Sarai, Myre, Berdeal, Silvia, Lago, Muiño, Oanes (Lara), Andrea, Claudia.
- Goles: 0-1, m.65: Silvia.
Partido igualadísimo no Vicente Carril, que demostra por que este Camariñas está aí arriba, competindo coas favoritas. O cadro de Curro dominaba territorialmente, con varios córners seguidos, moito control, e mesmo un tiro ao longueiro por medio de Lago. Pero a mellor ocasións foi da man de Paula Mouzo que se plantou á media soa diante da porteira e o seu tiro foi parado por María.
Na segunda, os dous equipos buscaban facer dano, e ambas tiveron ocasións nun partido onde a tensión se mascaba tamén nas bancadas. As xogadoras de Curro poideron respirar por un minuto, no minuto 65, cando Silvia, pola escuadra, anota o primeiro e o que sería único gol do partido. A partir de aí as de Cabrejo e Pepucho foron a polo empate a tumba aberta, con ocasións de Yara e a propia Paula, pero non se movería o marcador, que acabaría coa vitoria para as pondalianas.
Soneira - A Baña (2-3)
- Goles: 0-1, m.17: Inés; 0-2, m.20: Paula; 1-2, m.31: Casti; 2-2, m.41: Kenny; 2-3, m.77: Alexia.
Dolorosa vitoria das de Rolan e Oli, que acabaron caendo a pesaar de ter remontando un 0-2 inicial. Empezaba o Soneira creando perigo e Casti dispuxo de dúas claras ocasións de gol que se foron por pouco. Na primeira chegada das da Baña, marcaría Ines e practicamente seguido Paula faría o 0-2.
O Soneira volviu a coller o mando e foi en busca da porteria rival na que Casti faria o 1-2 e seguidamente Kenny faria as tablas no marcador antes do descanso.
Ao inicio da segunda parte a A Baña parecía un pouco máis enchufada e ao Soneira costáballe entrar en xogo. pouco a pouco foi despertando o cadro local, pero cando meior estana na segunda parte marcaria Alexia o 2-3. O Soneira envorcaríase polo empate pero entre Xiana e o longueiro evitaron os goles de Kenny e Cris.
Cerqueda - Fisterra (0-0)
Partido moi igualado o vivido en Xaviña entre dous equipos en reconstrución.
3ª División Feminina, Gr.4, xornada 6
Outes - Bastavales (6-1)
- Goles: 1-0, m.4: Carla; 2-0, m.7: Laura; 3-0, m.10: Gema de penalti; 3-1, m.22: Ana Xin; 4-1, m.26: Laura; 5-1, m.36: Carla; 6-1, m.45: Laura.
Segunda vitoria consecutiva do Outes, que comeza a romper o seu mal fario co gol. O choque comezaba con moita brega no medio campo, e moi pronto, un balón en largo que Carla consigue controlar moi ben para encarar a porteira, termina sendo o primeiro tanto para as de Dani Salgueiro. As da Serra combinaban e facían dano e apenas 3 minutos despois, noutra combinación entre Carla e Laura facían o segundo. Sen tempo a pensar Gema facía o terceiro de penalti.
Así e todo o Bastavales estaba a apretar ben coa súa dianteira, e nun despiste achegáronse no marcador. Pero estas semanas os goles entran e Laura, Carla e de novo Laura sentenciaban o choque antes do descanso.
A segunda metade foi máis de controlar o xogo e repartir minutos entre todas, traballando ben para intentar continuar en este bo momento. O míster Dani Salgueiro envía foras a Natalia, convalecente dunha lesión.
As Miúdas - Esteirana (0-3)
- As Miúdas: Siaba, Atenea, Leire, Marta Verán, Sabela, Clara, Cristina, Sofía, Laura, Adriana e María. Tamén: Leire Lamela, Paty, Noa, Carlota e Iria.
- Esteirana: Maruxa, Terre, Martina, Sara, Marta, Leti, Lara, Sandra, Alba, Bárbara e Rut. Tamén: Lidia, Nerea, Inés, Gina e Dara.
- Goles: 0-1, m.8: Rut; 0-2, m.12: Rut; 0-3, m.62: Sandra.
Derbi típico de nervios, e cunha calor inusual para estas datas, que fixo que as protagonistas non brillaran o que pedía un partido así. Pronto se puxeron as visitantes a meter ás Miúdas en campo propio con presión alta e xa no minuto 12 Rut volveu a mostrar o por que é a máxima realizadora da categoría con 2 goles seguidos, sendo xa 16 en total.
Pese a renta, as locais non deixaron de loitar, sen poder crear perigo pero cunha Siaba espléndida baixo paus. Melloraron as de Mané Senande na segunda, pero cando mellor estaban, Sandra, que foi das máis destacadas, pediu a responsabilidade nun libre directo na frontal, poñendo o definitivo 0-3 no que Siaba non pudo facer nada.
As locales estiráronse máis con varias internadas de María, pero sin atopar porta. A ocasión máis clara das Miúdas foi un penalti por mans na area, no que Maruxa, que xogou mancada pola baixa de Naira, demostrou tamén que a porta da Salina está nas mellores máns detendo o disparo de Pati.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 11-11-2028: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3.
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.