FUTFEM: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse
Coa admiración posta na carballesa Elena Vázquez, esta ponte de Defuntos deparou só 3 partidos das ligas femininas. O descanso da 3ª, deixou só 3 partidos da 2ª División Feminina, que depararon unha derrota, a do Xallas, a primeira do curso, sorprendente ante as pechacancelas; e dúas vitoria, cómoda para o Cee, e esperanzadora para un Dumbría que parece que rompeu o maleficio do gol e busca engancharse á parte alta.
2ª División Feminina, Gr.2, xornada 8
Meicende - Cee (1-3)
- Cee: Noemi, Lucía Rod. Ramos, Nerea, Laura, Martínez, Paula Veiga, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Naiara Vázquez e Nayara Casais. Tamén: Valeria, Uxía, Sabela, Gala e Minerva.
- Goles: 0-1, m.13: Paula Veiga; 0-2, m,34: Naiara Vázquez; 0-3, m.35: Paula Veiga 1-3, m.82..
Partido cómodo para o Cee , no que nos primeiros minutos Paula marca o primer gol. O Cee non abandonaba o campo contrario e Naiara marcaría no minuto 34 un golazo. Tan pronto sacar de centro Paula marcaría o seu segundo gol no partido, ampliando a renda de goles no alto da táboa das pichichis, con 11. Nunha xogada illada o Meicende tería un un contra un contra a porteira pero tras unha boa xogada defensiva de Laura, róuballe a carteira a dianteira cando xa ía rematar.
Na segunda parte o Cee mantivo o dominio e tería varias ocasions para aumentar distancias, entre elas varías xogadas individuais de Gala e varios tiros de Minerva. A piques de rematar o partido, o Meicende marcaría nun gol de falta ó borde do área.
Dumbría - Orzám B (5-2)
- Dumbría: Lissette, Noa, Carril, Mariña, María, María, Paula Fandiño, Claudia, Eva Lema, Sabela, Kelly. Tamén: Lucía, Laura, Yoli, Carla e Juliette.
- Goles: 1-0, m.18: Eva; 1-1, m.30; 2-1, m.43: Eva; 2-2, m.45; 3-2, m.56: Kelly; 4-2, m.62: María; 5-2, m.70: Eva de penalti.
Recibía o Dumbría no Conco as líderes, un equipo muy xoven con muitísimo potencial. Iniciaba o partido con dous equipos os cales querían ter o domino da posesión, ben ordenados en defensa e amenazando encontrando ben os espacios en ataque. Así chegaba o primeiro, de Eva. Pero de contado, unha mala execución tras unha boa recuperación permitiría ás visitantes aproveitar un balón morto e facer o empate.
O partido estrou nun momento de dúbidas onde non se vía un claro dominador e podería caer para calquer lado, sendo outra vez as de Santi Lira as se porían de novo por diante, con outro tanto de Eva. Pero volverían esos fantasmas e medos que provocan erros, regalando outro balón na frontal para que as visitantes empatasen e a piques estivesen de meterse por diante ao fío do descanso.
A sensación era a de xornadas anteriores, sabendo que as xogadoras dumbriesas merecían máis pero esa falta de confianza propiciaba erros inesperados. Pero na segunda metade o equipo desmelenouse, gracias, en boa medida a un golazo de Kelly desde a frontal para o 3-2. O filial do Orzán buscaría o empate concendo espacios que as locais souberon aproveitar, sobre todo cando quedaron con 10 aínda con media hora por diante.
María dende a frontal ampliou a vantaxe e aí o partido xa se rompería, co Orzán intentando apretar, pero cun Dumbría que soubo nadar e gardar a roupa, e finiquitar dende os 11 metros, co terceiro de Eva, que se coloca con 7, como terceira máxima goleadora do grupo.
Silva - Xallas (3-1)
- Xallas: Rosio, Carla, Cali, Andrea Otero, Laura, Claudia, Valeria, Noe, Mery, Paula Barcia e Olalla. Tamén: Patricia, Marta, Carmen e Yaiza.
- Goles: 0-1, m.3: Mery; 1-1, m.22; 2-1, m.34; 3-1, m.79.
Tocou a primeira e sorprendente derrota da tempada ante as pechacancelas. As xalleiras saíron ben, marcaron pronto e a piques estiveron de aumentar a renda. Pero un erro de defensa e porteira permitiu ás locais empatar, gol que descolocou absolutamente ás de Eloy, que se puxeron nerviosas, perderon o control do xogo, sufriron numerosas precipitacións e acabaron recibindo o segundo antes do descanso.
Non era o día na segunda. As xalleiras o intentanron de todas as cores, pero o balón non quixo entrar, e no treito final as herculinas sentenciaron.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.