FUTFEM: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3
5 partidos de liga na 3ª Div. Fem e son 4 os equipos costeiros que suman partidos por vitorias. No norte da Liga da Costa, Corme, Camariñas e Mazaricos están no alto, cos ollos postos no Corme-Mazaricos da vindeira semana. Ponteceso e Muxía acechan moi pegadiñas, e de feito a semana que tamén hai un Ponteceso-Camariñas.
No Sur, a Esteirana leva un curso de estrea impecable, compartindo liderato co Céltiga. Aí parece que as Miúdas van competir ben pois veñen de sacarlle un empate ao Chispa, que tamén chegaba no liderato. Alegría tamén por Outes, que sumou a súa primeira vitoria do curso e segunda da súa curta historia.
Na 2ª, Xallas e Dumbría sumaban importantes vitorias, a das dumbriesas para saír da zona perigosa; e a das verdes para non perder o tren das de arriba, quedando agora a 3 do líder, o Pastoriza. Precisamente o cadro arteixán venceu en Cee nun partido nas que as ceenses estiveron a piques de protagonizar unha remontada épica.
En canto ás pichichis, na 2ª, Paula Veiga segue arriba de todo con 12 goles, polos 9 de Lucia Camison (Pastoriza) e 8 de Eva Lema (Dumbría).
Na 3ª, a máxima goleadora con diferencia é a esteirá Rut, con 14 goles. A súa compañeira Bárbara ten 9. Polo Norte, as cormelás Naroa e Cris Veres suman 8 e 7 goles, igual que a bergantiñá Julia. Con 6 está Graci (Mazarico) e Nerea (Zas).
2ª División Feminina, Gr.2, xornada 9
Cee - Pastoriza (2-3)
- Cee: Noemi, Lucía Rod., Ramos, Nerea, Laura, Martínez, Paula Veiga, Nayara Casais, Naiara Vázquez, Sharay Caamaño e Saray Duarte. Tamén: Valeria, Uxía, Sabela, Gala e Minerva.
- Goles: 0-1, m.12: Revuelta; 0-2, m.22: Candela; 0-3, m.42: Antía; 1-3, m.60: Paula Veiga; 2-3, m.78: Nerea.
Cruel derrota do Cee ante o líder na casa. Empezaba o partido o Pastoriza cunha marcha máis abrindo pronto o marcador, e dominando durante unha primeira metade na que o Cee non levantou cabeza e acabou indo 0-3 ao descanso.
Na segunda parte o Cee foi moi superior e tras varios intentos Paula recortaría distancias no marcador. Tras ter o equipo envorcado en campo contrario Nerea marcaría un golazo a bote pronto, con aínda 15 minutos por diante. Tivo ocasións para empatar, con varios córners claros, pero non foi capaz de completar o que sería unha remontada épica.
A familia ceense envíalle ánimo a xogadora Gala que tivo que abandonar o partido tras romper a clavícula.
PMFriol B- Dumbría (1-2)
- Dumbría: Lucía, Noa, Carril, Mariña, María, Claudia, Sabela, Juliette, Paula Fandiño Eva lema e Kelly. Tamén: Sheila, Carla, Laura, Yoli e Paula Rod.
- Goles: 0-1, m.46: Eva Lema aproveita un rexeite da meta local a tiro de Paula Fandiño; 1-1, m.57: Carla Pena; 1-2, m.65: Claudia.
Partido un tanto apático, con dominio dumbriés e bastantes ocasións, pero con demasiadas imprecisións na zona de ataque.
Comezaría a segunda metade co tanto de picardía de Eva, e o dominio dumbriés aínda foi maior, puidendo ampliar a renda. Pero nunha xogada illada na que as de Santi Lira quedaron paradas pedindo fóra de xogo, as lucenses empataban. Seguiron empurrando as visitantes e nun barullo dentro da área, Claudia cazaría un balón morto para facer o 1-2 que sería definitivo.
Xallas - Burgo (3-1)
- Xallas: Rosío, Carla, Yaiza, Andrea Otero, Laura, Claudia, Valeria, Sara, Paula Barcia, María Rial e Ollalla. Tamén: Sonia, Claudia Facal, Patricia e Marta.
- Goles: 0-1, m.5: Tania Rey; 1-1, m.65: Claudia Facal; 2-1, m.76: Olalla; 3-1, m.80: Claudia Facal.
Vitoria importante das xalleiras en Fontenla, que non podían contar con Noe e Cali, ademais do adestrador Eloy que está en Valencia colaborando na recuperación das zonas afectadas pola dana. O partido, xa de por si difícil, non tardou en complicarse xa que no minuto 5 chegou un temperán gol do Sporting Burgo, ante unha indecisión entre a defensa e Rosío. O equipo, dirixido por Christian e Toñín non baixou os brazos e foron recuperando o seu xogo.
Foi no ecuador do segundo tempo cando as ocasións comezaron a materializarse. Primeiro marcaba a zurda Claudia Facal, que non puido ter mellor regreso despois de case 2 meses e medio pola súa lesión de clavícula. Dela foron o gol do empate no minuto 65 e o da tranquilidade no 80 marcando o 3-1 definitivo. O segundo gol xalleiro saiu dunha asistencia de Facal para as botas de Oli que soubo botarse á espalda a responsabilidade de conducir este partido.
Partido moi completo de todo o equipo , que tivo algunha que outras claras oportunidades de ampliar o marcador, por medio de algunha xogada de Paula Barcia, un tiro de Yaiza ou mesmo un gol anulado a Facal.
3ª División Feminina, Gr.2, xornada 5
Cabana - Muxía (1-2)
- Cabana: Miriam, María, Sheila (Mel), Laura, Valeria (Saray), Inma, Alejandra, Iria, Adriana, Irene, Antia Pazos (Antia Torres).
- Muxía: Paula Rey, Ana Toba, Marcela, Marta, Nerea, María, Andrea Piroja., Irene, Patri Romaní, Raquel e Claudia. Tamén: Paula Vilela, Nerea, Denise, Nuria e Andrea Insua.
- Goles: 0-1, m.57: Claudia; 1-1, m.60: Laura de penalti; 1-2, m.84: Andrea Piroja.
Partido mui disputado cunha primera parte igualada, sen un dominador claro, e sen grandes ocasións pero intenso cos dous equipos presionando ben e forzando pedas que non foron aproveitadas.
Xa na segunda parte adiantabase o Muxia logo de unha internada de Patri que remachaba Claudia. Empatou pronto o Cabana o transformar Laura un penalti por man. Xa cerca do final de novo Patri Romaní desborda e volve a servir para que marque Andrea ao aproveitar un rexeite tras un paradón de Miriam. Ata o final as locais tentaron conseguir o empate pero as muxiás tamén saían con moito perigo e demostraban por que Miriam foi escollida como a mellor porteira do curso pasado.
Mazaricos - Zas (3-1)
- Mazaricos: Valeria, Antía, Fátima, Buján, Silvia, Raquel, Claudia, Graci, María Senra, Tamara e Ánxela. Tamén: Paula Maneiro, Paula Rod., Leire, Valentina e Lidia.
- Zas: Noelia, lucia Ares, Carlota, Lorena, Alvite, Andrea, Inés, Nerea , Tania, Nuria e Sara. Tamen xogaron: Olalla, Elsiña, María, Vanesa e Lucía R.
- Goles: 0-1, m.38: Nerea; 1-1, m.63: Tamara; 2-1 m.71: Tamara; 3-1, m.90: Lidia.
Partido marcado un pouco pola mala climatoloxia que facia difícil xogar combinado. Unha primera parte sen grandes ocasions, sabendo o Zas parar os puntos fortes do Mazaricos e esperar algún error local. Así e todo o partido xogábase no campo zaseiro, e o Mazaricos a través do balón, tiveron varias ocasións entre eles dous tiros ao longueiro. Con todo, preto do descanso, a destacada dianteira zaseira Nerea aproveita un error entre defensa e porteira para abrir o marcador e ir o descanso con 0-1.
Na segunda parte o Mazaricos seguía dominando o balón, pero as ocasións non entraban e se ían poñendo máis nerviosas. Ata que Tamara conseguía o empate dun tiro lonxano e lle daba pronto ao marcador. A partir de aí xa o futbol foi mais loco o Zas subiu liñas e había ocasión para ambos equipos. No 90 o Zas tiña a última nún saque de córner pero por dúas veces as locales despexaron e nesa contra xa con todo Zas arriba facían o xusto e definitivo 3-1.
Fisterra - Corcubion (0-5)
- Fisterra: Lucía Fdez., Licia, Marcote, Aroa, Tamara, Sandra, Jimena, Xaira, María, Paula Valladares e Jenifer Noetiña. Tamén: Ana Buiturón, Adela, Antía, Rosa e Uxía.
- Corcubión: Elena Atán, Alexandra Lojo, Sambade, Sandra, Andrea Romero, Helena López, Noa, Cris, Ana Sierra, María Castro e Trini. Tamén: Elisa, Carla, Andrea Rod., Alexia e Tatiana.
- Goles: 0-1, m.5: Andrea Romero; 0-2, m.10: María Castro; 0-3, m.30: Sambade de falta; 0-4, m.35: Noa; 0-5, m.83: Alexia.
Volvía Andrea Romero a Ara Solis e aos 5 minutos xa abría a conta cun golazo de volea dende fóra da área. Non tardaba María Castro e facer o segundo tras unha boa xogada por banda, sen permitir que o Fisterra de Fran se colocase. O partido igualaríase lixeiramente pero antes do descanso Sambade e Noa deixaban o partido sentenciado antes do descanso.
Máis do mesmo na segunda, coa meta fisterrá desbarando as poucas chegadas que houbo.
Pastoriza B - Camariñas (0-1)
- Camariñas: Desiré (Karen), Laura Garrote, Rocío, Rosana, Uxía, Aitana, Yara, Paula, Laura Paredes (Natty), Saray (Maira) (Lara) e Alba (Lola).
- Gol: 0-1, m.3: Paula Mouzo.
Cun tempraneiro golazo de Paula Mouzo (conduciu o balón pola liña de fondo dende o córner ata a liña de gol), as camariñás sumaron tres puntos para seguir no alto da táboa. Os de Cabrejo e Faus non perderon o fío, estiveron moi serias e mesmo puideron sentenciar tras un centro de Laura Paredes ao que Saray non chega a rematar por centímetros.
A 2ª parte foi disputada, sen dominador claro, e sen ocasións claras para ningún dos 2 equipos. O Pastoriza B, un equipo de rapazas moi xóvenes, non exentas de calidade, cun bo centro do campo, púxolle as cousas moi difíciles ás costeiras.
Ponteceso - Cerqueda (8-0)
- Ponteceso: María (Colores), Lara (Laura R), Ainhoa, Myre, Berdeal, Silvia (Sarai), Lago, Eva, Oanes, Andrea (Lucivili), Muíño (Virginia)
- Cerqueda: Inés Vega, Jimena, Antía, Tatiana, Paula Casal, Sonia, Mariña, Vanesa, Inés Amado, Irene e Andrea Lema. Tamén: Carla, Kayla e Isa Amado.
- Goles: Andrea Varela (3), Muíño (2), Myre (2) e Eva Lago.
Aguantou máis de media hora metido no partido o cadro cerquedán ante o potente Ponteceso. Pero aparecía a killer Andrea Varela para abrir o marcador. Tardou pero antes do descanso dous tantos de Muíño permitían abrir fenda.
Na segunda parte as de Curro seguiron aumentando a distancia dende o pitido inicial, selando o choquecun golazo. O Ponteceso destacou a volta de Virginia tras a súa lesión de ligamento cruzado.
Bergantiños B - Soneira (7-4)
- Bergan B: Leyre, Sabela, Antía Serrano, Arancha, Lorena, Aroa, Antía Rojo, Ainhoa, Amelia, Paula e Julia. Tamén: Nuria, Saela, Andrea, Zaira e Sara.
- Soneira: Paula, Rosa, Crital, Sara, Uxía Lema, Cristina, María Lema, Sara, Marcela, Kenny, Sara e Leila. Tamén: Laura Calvo, Saniela, Adriana, Uxía Albores, Zoe.
- Goles: 1-0, m.15: Aroa; 2-0, m.36: Lorena; 2-1, m.38: Kenny 3-1, m.40: Julia; 4-1, m.50: Antía; 5-1, m.52: Arancha; 5-2, m.67: Zoe; 5-3, m.71: Kenny; 5-4, m.76: Cris Pérez; 6-4, m.81: Nuria; 7-4, m.84: en propia.
Partido deses que lle gusta máis ao público que aos adestradores. O choque comezaba co filial do Bergan mandando ante un Soneira que intentaba adaptarse a un campo como as Eiroas. Ían chegando as ocasións das de Noe Iglesias e Aroa e Lorena facían dous tantos case consecutivos. O choque estaba roto e case de contado Kenny recurta, pero antes do descanso Julia, a pichichi carballesa, volvía poñer terra de por medio.
Comezaba moi forte o filial querendo sentenciar rápido, e Antía e Arancha colocaban un 5-1 que parecía finiquitar o partido. Pero o Soneira non desistiu e se foi metendo no partido. A 20 do final Zoe regatea á meta local e marca o segundo para as de Roland e Oli. Tralo saque de centro o Soneira presiona e Uxia xoga con Kenny que provoca unha falta na frontal que ela mesma convirte en gol. Co 5-3, o Soneira lánzase polo partido ante un Bergantiños ao que lle entraron os nervios, comentendo erros incomprensibles. Quedaban 15 aínda cando Cris Pérez recolle un rexeite da porteira a un tiro de Uxía para poñer o 5-4 no marcador.
Co Soneira envorcado na procura do empate o Bergantiños matou o partido cunha boa xogada que remata Nuria facendo 6-4. E un gol en propia, ou case un gol olímpico de Sara B, o Bergan faria o definitivo 7-4.
A Baña - Corme (0-8)
- Corme: Aroa, Saskia, Laura, Aurora; Nerea, Salomé, Irene (Lucía), Zeltia (Candela); Ana (Carla), Naroa, (Carla Vázquez) e Cris.
- Goles: Cris (3), Naroa (3), Zeltia e Carla (p).
Partido do Corme de Rubén Souto contra un equipo de nova creación pero moi competitivo, que demostra que o fútbol Femenino xa é unha realidade e cun futuro prometedor. As cormelás, un dos candidatos a todo, non baixou os ritmos en ningún momento e foron dominando e golpeando dende o m-10 ata o 80. Mención especial para Aroa, que ante a Baixa das dúas porteiras aceptou o reto de "sacrificarse" e enfundarse os guantes para axudar ao equipo.
O equipo dedicoulle a vitoria á directiva María, persona importantísima do club e para o equipo femenino.
3ª División Feminina, Gr.4, xornada 5
Esteirana - Rois (7-3)
- Esteirana: Maruxa, Nerea, Terre, Martina, Sara, Leti, Lara, Sandra, Marta, Alba e Rut. Tamén: Naira, Inés, Dara, Carla e Lola.
- Goles: 1-0, m.4: Rut; 2-0, m.10: Rut; 3-0, m.13: Sara de córner directo; 4-0, m.40: Lara; 4-1, m.51: Erika de penalti; 5-1, m.52: Sara; 6-1,m .66: Rut; 6-2, m.84: Marru; 6-3, m.86: Marru de penalti; 7-3, m.89 Rut.
Importantes baixas no cuadro esteirán, unha delas a da capitana Bárbara por mor dunha viaxe, pero tamén día de novas caras co debut de Inés e a volta ós campos de Martina tras unha longa lesión.
A primeira metade foi de dominio completo por parte das locais, cunha defensa moi segura e sabendo atopar ocos nas rivais a través de Rut que era asistida continuamente polas Leti, Sandra e Lara cada vez que roubaban en campo rival. Unha Lara que faría 2 goles tras 2 saques directos de esquina, a pesas de que o árbitro doulle un deles á porteira en propia meta, polo que se chegaría ó descanso con 4 a cero e con unhas rivais que abusaban do xogo directo con moita imprecisión.
Antes do descanso tivo que ser sustituída Maruxa por molestias collendo Naira o mando da portería. Ao pouco de empezar a segunda parte recurtan as visitantes dende os 1 metros, pero só un minuto despois Sara volvería a ampliar a renda rematando outro córner ben executado por Lara e Rut, que fixo 4 marcaría o máis fermoso do partido poñendo o 6-1 con dedicatoria para á Capi ausente.
A partir de aí e debido á relaxación das blaugranas, as visitantes recurtaron con dous tantos de Marru, antes da puntiña de Rut, que xa leva 14 goles como máxima goleadora dos 5 grupos da categorá.
Milladoiro - Outes (1-6)
- Outes: Candela, Natalia Lago, Alicia, Paula, Gema, Natalia Alonso, Uxía, Carmen, Carla, Erika, Paula e Laura Lires. Tamén: Lara Ces, Claudia Carou, María Molinos, Miriam e Graci.
- Goles: 0-1, m.19: Carla; 0-2, m.21: Gema; 0-3, m.25: Gema; 0-4, m.28: Carla; 0-5, m.44: Carla; 0-6, m.58: Gema de penalti; 1-6, m.78: Alicia Campos.
Primeiira vitorai do Outes do curso, e segunda da súa historia. As de Dani Salgueiro comezaban foi enchufadas, presionando moi ben e confiadas en que poden competir moito máis do que sinalan os resultados. Tras uns minutos de tanteo, no m.20 as da Serra romperou o partido, e en apenas 20 minutos marcaron 5 goles, obra de Carla e Gema, dominadora absoluta do medio campo.
A segunda parte tornou a un xogo maás duro, con moitas interrupcións por choques e algunha entrada máis fea que outra, pero o cadro visitante aguantou ben as embestidas.
Chispa - As Miúdas (2-2)
- Miúdas: Siaba, Atenea, Elba, Leira, María, Laura, Adriana Piñeiro, Ximena, Sofía, Cris, Clara e Marta Verán. Tamén: Leire, Sabela e Iria.
- Goles: 1-0, m.1: Carla; 1-1, m.12: Ximena; 1-2, m.44: María; 2-2, m.46: Miriam.
Gran empate ante un equipo que chegaba á cuarta xogada no liderato. As de Manuel Senande marcharon ao descanso con vantaxe cos tantos de Ximena e María que conseguían remontar o gol, nada máis saír ao campo, das locais. De novo, nada máis sair dos vestiarios na segunda metade, gol das locais. Tocaba remar de novo, e no último cuarto de hora as muradás tiveron 3 ocasións claras para levar o partido.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.