Domingo. 03.11.2024
El tiempo

FUTFEM: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando

Xallas FC Feminino 24-25
O Xallas celebrando outra vitoria
FUTFEM: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando

Na 2ª praza mantense o Xallas trala 6ª xornada da 2ª Div. Feminina. Coa boa nova amais de que Olalla xa é determinante, e saíndo no descanso anotou os dous goles da remontada, gracias tamén a dous pases espectaculares de Noe Vimi.
A xornada deixou a segunda derrota do Cee, e tamén demostrou a mala fortuna co gol do Dumbría.

Na Liga da Costa Feminina víronse goleadas. Aínda hai moita desigualdade entre os equipos, algo normal nestes primeiros anos de competición para moitas, nos que cada curso se avanza moitísimo.
Corme, Camariñas e Mazaricos suman 3 de 3, e na zona alta xa se van colocando tamén o Muxía, Ponteceso, Bergan B e o Corcubión, que vai poñendo en marcha as súas fichaxes.

Unha familia corcubionesa que esta fin de semana vivía unha xornada moi especial, participando no proxecto Grita Galega Canta.

2ª División Feminina, Gr.2, xornada 6

Almeiras - Cee (3-2)

  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Uxía, Ramos, Sabela, Laura, Paula Veiga, Nayara Casais, Naiara Vázquez, Saray Duarte e Sharay Caamaño. Tamén: Valeria, Martínez, Gala e Antía.
  • Goles: 1-0, m.16: de penalti; 1-1, m.44: en propia; 2-1, m.45+2; 3-1, m.48; 3-2, m.52: Martínez.

Segunda derrota do Cee, nun choque que se lle escapou nos últimos primeiros da primeira metade e nos primeiros da segunda. O choque empezou sendo un partido moi trabado; ninguén tiña o dominio da pelota e nun penalti adiántase o Almeiras. Ao carón do descanso o Cee marcaría tras un gol en propia causado por un rebote per axiña volviu adiantarse o Almeiras na última xogada da primeira parte.

Na segunda parte o Cee foise achegamdo máis a área rival, pero aumentaría a ventaxa o Almeiras. Co equipo envorcado arriba Martínez recurta distancias nun tiro preto do pau. O resto do partido transcorreu co Cee loitando por marcar pero que non conseguiron.

Dumbría - Brexo Lema (0-1)

  • Dumbría: Lissette, Noa, Carril, Mariña, Sabela, Claudia, María, Paula Fandiño, Eva, Yoli e Kelly. Tamén: Lucía Martínez Laura Montero, Serena, Paula Rod. e Juliette.
  • Gol: 0-1, m.61.

Dumbria feminino-Foto-CF

Primeira metade de toma de contacto, onde a posesión se repartía entre os equipos, sendo as locais as primeiras en avisar enviando un balón ao longueiro. As visitantes disporían das súas pero non encontraban portería. Con ambos equipos un pouco espesos nas zonas de finalización chegaríase o descando.

Xa na segúnda parte as locais sairían máis convencidas e poseedoras do balón, conseguindo enlazar xogadas e profundidade, pero sen demasiado perigo. Mentres, as visitantes ás contras intentarían porse por diante no marcador, e así sería nun desaxuste defensivo quedarían man a man e faría o 0-1.

A partir de aí, con media hora aínda por diante, as locais envorcaríanse o ataque tendo diversas ocasións incluso ,arcando o empate, aínda que Serena remataría en fóra de xogo. Intentárono ata o final, pero non tiveron fortuna ante un rival moi ben plantado e ordenado.

PFFirol B - Xallas (1-2)

  • Xallas: Rosío, Carla Landeira, Sara, Claudia, Laura, Andrea Otero, Noe Vimi, Yaiza, Barcia, Cali, María Ria. Tamén: Olalla, Marta e Valeria.
  • Goles: 1-0, m.16; 1-1, m.50: Olalla a pase de Noe Vimi; 1-2, m.76: Olalla a pase de Noe Vim.

Saían as de Eloy moi metidas ao partido, dominando e movendo o balón con moito criterio, por medio de Mery, Espasandin e Noe. Tiveron dúas ocasións moi claras nos pés de Cali que se van fóra por moi pouco. Nun mal entendemento da defensa coa porteira, quédalle curto e aparece a dianteira rival para abrir o marcador.

Cos cambios, o equipo tórnase moito mais verticais, e tendo motas ocasións por medio Oli, Cali e Barcia. Os goles chegaron da man da dupla Noe Vimi e Olalla, que xa comeza a coller ritmo tras un mes de parón. Noe sacou a maxia con dous pases milimétricos entre a central e lateral, que a 10 materializaría en dous goles ben fermosos, que lle dan os tres puntos ao xadro xalleiro, que se mantén como un dos 3 equipos invictos da categoría, na 2ª praza e empatadas co líder, o Pastoriza, co que se enfronta a semana que vén en Fontenla.

3ª División Feminina, Gr.2, xornada 3

A Baña - Mazaricos (3-4)

  • Mazaricos: Valeria, Graci, Antía, Silvia, Raquel, Buján, Fátima, Claudia, Leire, Tamara e Ánxela. Tamén: Iza, María Senra, Paula, Saray e Valen.
  • Goles: 1-0, m.14: Xastia; 1-1, m.17: Silvia de fermosa falta; 1-2, m.39: Graci; 2-2, m.41: Xastia; 2-3, m.51: Graci; 2-4, m.57: Graci; 3-4, m.74: Xastia de falta.

Non foi o mellor partido das de Marcos, que saían algo confiadas e sufriron moito sobre todo na primeira metade, sen precisión no pase. As locais, a base de empurre, conseguiron chegar ao descanso con emapte.

Melloraron na segunda as mazaricás, máis intensas e fiables co balón, e pronto se marcharon con 2-4, gracias a outros dous tantos de Graci. Fallaron aínda un penalti e varias ocasións, pero non remacharon o partido e aínda as locais se meteron de cheo nunha falta, e obrigaron ás costeiras a acabar pedindo o final.

Pastoriza B - Corcubión (0-4)

  • Corcubión: Elena, Sandra, Andrea Rod., Noa, Carla, Marta, Cris, Paula Trinidad, María Castro, Alexandra Lojo e Andrea Romero. Tamén: Elisa, María, Ana Sierra, Helena e Tati.
  • Goles: 0-1, m.27: Andrea Romero de falta; 0-2, m.44: Andrea Romero; 0-3, m.55: María Castro tras unha boa asistencia de Noa; 0-4, m.59: Sandra.

Estalle costando entrar en competición a este moi mellorado Corcubión. E así lle aconteceu no partido, con 10 minutos frouxos ao comezo do partido por non poder quentar comodamente. Aínda así non sufriron e marcamos o primeiro cun gol de falta de Andrea Romero sorprendendo a porteira rival. O segundo, tras unha boa combinación, golazo de Andrea Romero de fóra da area pola escuadra. Puideron caer máis pero 0-2 ao descanso.

Na segunda en 15 minutos chegarou outros dous, antes de repartir minutos.

Cabana - EFM Camariñas (0-1)

  • Cabana: Miriam, Alison, Sheila (Begoña), María (Natalie), Irene, Iria, Inma, Alejandra (Aitana), Saray (Valeria), Antia Pazos, Adriana (Jessi Pose).
  • Camariñas: Maira (Saray), Laura Garrote, Rocío, Yara, Uxía, María (Natty), Aitana, Paula Mouzo (Ainoa), Laura Paredes, Lara (Daniela) e Alba (Desiré).
  • Gol: 0-1, m.88: Laura Paredes pola escuadra.
Laura Paredes goleadora Camarinas
A goleadora camariñá Laura Paredes 

Partido mui fisico e con pouco fútbol no que as visitantes conseguiron os tres puntos no minuto 88. As camariñás impuxeron o seu ritmo cunha María que contaxiou as súas compañeiras coa súa pelexa e bo xogo e coa boa labor defensiva de todo o equipo. Aitana ao longueiro, Alba e Paula Mouzo tiveron as mellores ocasións para as de Cabrejo e Papucho. As locais non conseguiron entrar no partido aínda que pelexaron os 90 minutos, tendo tamén un par de faltas ao borde da área que obrigaron a Maira a aparecer.

Na segunda, de novo algo máis de control visitante, ante un Cabana moi fino atrás pero sen profundidade. Tras un par de tímidos achegamentos, a 5 do final o Cabana quedaba con 10 pola expulsión de Rocío. E non foi ata o m.88 cando o Camariñas sentenciaba a vitoria.

Camarinas CF FEm 24-25
O Camariñas celebrando a vitoria

Muxía - Cerqueda (5-0)

  • Muxía: Sheila, Paula Vilela, Marta, Karen, Marcela, María Díez, Andrea Dom., Irene, Patri Romaní, Claudia e Paula Rey. Tamén: Nerea Pazos, Denise, Nuria, Nerea Barrientos, Andrea Insua.
  • Cerqueda: Inés, Jimena, Cris Viña, Tati, Carla Busto, Alma, Sonia, Vanesa, Raquel, Inés Amado e Irene. Tamén: Nagore, Nadrea, Carla Varela e Paula Casal.
  • Goles: 1-0, m.2: Patri Romaní; 2-0, m.23: Andrea Dom.; 3-0, m.41: Patri Romaní; 4-0, m.45: Patri Romaní; 5-0, m.71: Nerea Barrientos.

Controlou ben o partido o Muxía, nunha cita ventada, ante un Cerqueda que segue medrando e madurando, pero aínda comete erros que as penalizan. Con vento a favor na primeira parte o Muxía conseguía meter ao rival en campo propio e atacar constantemente, tendo numerosas ocasions e iriamos a descanso con 4 goles de ventaxe.

Na segunda, o Cerqueda aguantaba mellor, pelexando e competindo máis.

Bergantiños B - Zas (6-1)

  • Bergan B: Leire, Antía Serrano, Arancha, Amelia, Aroa Varela, Ainhoa, Mini, Clara, Antía Rojo, Julia e Lorena. Tamén: Sara, Zaira, Carmen, You, Jimena.




  •  
  •  
  •  

Sporting Zas FEM 24-25

  • Zas: Noelia, Alvite, Lorena, Carlota, Tania T., Lucia Ares, Andrea, Inés, Nerea, Nuria e Tania. Tamén xogaron: Lara, Lucia, Sara, Isa e María.
  • Goles: 1-0, m.5: Julia; 2-0, m.23: Julia; 2-1, m.54: Nerea de falta directa; 3-1, m.60: Julia; 4-1, m.80: Carmen; 5-1, m.84: Zaira; 6-1, m.85: You.

Bergan B- Sporting Zas FEM 2

Resultado enganoso o visto nas Eiroas, pois o Zas foi quen de competir o choque ata os últimos 10 minutos. O dominio foi das de Noe Iglesias, que conseguía superioridade no medio campo e facía dano polas bandas. O Zas conseguía tamén chegar pero era Julia, a mellor xogadora do partido, a que marcaba. Nerea metía ás de Anxo Garrido de novo no partido ao comezo da segunda, era o primeiro tanto oficial da historia do equipo feminino do Sporting Zas, e foi un auténtico golazo.

Co paso dos minutos as bergantiñás aumentaron o seu dominio, ampliaron a renda e aproveitaron o baixón físico e mental das soneirás.

Bergan B- Sporting Zas FEM

Ponteceso - Soneira (10-0)

Ponteceso SD FEM 24-25

  • Ponteceso: María, Berdeal (Myre), Eva, Ainhoa (Laura R.), Noe, Sarai (Silvia), Lago (Lara) Oanes, Muíño, Claudia, Andrea (Noemí).

Soneira SD FEM 24-25

  • Soneira: Martina; Cristal (Sara), Rosiña (Rocío), Cris, Laura; Uxía, María (Daniela), Ana (Helena) Leila, Kenny; Casti (Zoe).
  • Goles: Andrea (2), Sarai (2), Claudia (2), Silvia (2), Noemí e Myre.

Ponteceso e Soneira no Pinguel

Partido dominado de principio a fin por un gran Ponteceso, cunha gran posesión de balón e con moita profundidade e pegada arriba. Destacar o bo facer da porteira soneirá Martina, que evitou varios tantos. O cadro de Roland e Oli tamén intentaron chegar á área rival sobre todo por medio de Ana, que a piques estivo de marcar, pero se atopou co pau.

Fisterra - Corme (0-7)

Fisterra SD feminino contra o Cancro
O Fisterra SD contra o Cancro
  • Fisterra: Lucía, Lidia, Tamara, Irene, Lucía Marcote, Aroa, Jimena, Xaira, Leny, María Díaz e Paula. Tamén: Adela, Antía, Rosa, Sandra e Bego.
  • Corme: Lucía; Saskia (Irene), Laura, Lucía; Candela (Nerea), Olalla, Ana, Zeltia (Aurora); Cris, Naroa e Carla.
  • Goles: Naroa (x2), Carla, Cris (x3) e Nerea.

Partido moi completo do Corme contra un Fisterra en reconstrución despois das baixas importantes que tivo este verán. Aínda así, pelexaron as de Fran, que non permitiron combinar con facilidade ás de Rubén Souto.

3ª División Feminina, Gr.4, xornada 3

Esteirana - Outes (11-0)

Esteirana SD FEM 24-25
Familia da Esteirana SD FEM 24-25
  • Esteirana: Maruxa, Nerea, Terre, Sara, Marta, Leti, Lara, Sandra, Alba, Bárbara e Rut. Tamén xogaron: Naira, Dara, Noa e Carla.
  • Outes: Lía, Lara, Nati, Ali, Gema, Uxía, Xeila, Graci, Carmen, Miriam, Molinos. Tamén: Natalia, Claudia, Sofía, Valeria e Alonso.
  • Goles: Rut, Bárbara (4), Sandra (2), Leti (2), Dara e Marta.

Con baixas importantes se presentou o Outes en Esteiro para disputar o partido, malia que as locaiss tamén tiñan baixas, e mesmo Rut iniciou o encontro cun nocello mancado, as locales foron dominadoras do encontro e monopolizaron o xogo, contando ademais con gran acerto na área das outienses, de aí que se vira un resultado tan abultado. As da Sera conseguiron aguantar 25 minutos a pesar do gol inicial de Rut, pero en nos últimso 10-15 da primeira metade se desaxustaron e foron castigadas.

Dende Esteiro, destacan o paso adiante de xogadoras de iniciación do cuadro esteirán, dando froitos do esforzo que veñen demostrando, personificado no gol de Dara, moi celebrado pola familia roxazul.

As Miúdas - Boiro B (1-2)

  • As Miúdas: Siaba, Leire, María, Ana Romero, Laura, Adriana Piñeiro, Ximena, Sofía, Cris, Sabela e Marta Verán. Tamén: Iria, Carlota, Clara, Leire e Atenea.
  • Goles: 1-0, m.12: Ximena; 1-1, m.30; 1-2, m.45.

Non está en mala liña o cadro de Mané a pesar dos resultados. As muradás xogan ben co balón e están creando ocasións, mesmo meténdose por diante co tanto de Ximena. Pero dius despistes antes do descanso permitiron ás da Barbanza envorcar o marcador.

No segundo tempo xogouse máis en campo das visitantes, e malia as ocasións, as locais non foron quen de empatar, o que tería sido máis xusto visto o visto no terreo de xogo.

Todas as crónicas do FUTFEM

Outras novas

 

Máis info

Comentarios