Venres. 26.04.2024
El tiempo

Futfem: Empate tenso

Xuv. Crendes Ponteceso
Imaxe do Xuv. Crendes - Ponteceso
Futfem: Empate tenso

Xornada do fútbol feminino costeiro por un intenso derbi. Dumbría e Cee acabaron en táboas nun choque tenso, cun espectacular ambientazo nas bancadas do Conco, no que os nervios impediron que se vise o fútbol ao que nos teñen acostumados a ambos conxuntos. Entrou mellor no encontro o Cee ben apoiado nunha María Lijó que dirixía ataques que sempre atopaban resposta na defensa local, Andrea tamén o intentaba pola sua banda aínda que Mai sempre aparecía para evitar que ese arranque dese froito. A presión ceense e a falta de precisión das dumbriesas permitían contras que salvaba Lía. Pero era Fandii a que lanza dende lonxe para sorprender por alto a Noemi. TIvo dúas boas ocasións o cadro local, pero tamén Nerea tivo o empate antes do descanso.
Na segunda, o Cee puxo unha marcha máis, pero a tensión impedíalles chegar a liña de fondo. Juliette e Claudia avisaron para as dumbriesas e como pasara na primeira metade, cando mellor estaban unhas, marcaron as outras. Lucía Martinez aproveitaba un balón ao espazo para bater por alto ante a saída de Lissette.
En resumen, xusto empate nun duelo competido no que pudo máis o nervio que o xogo.

Dumbria feminino
Plantel do Dumbría

Polo demais, no Sur, o Xallas mantén o liderato, con 2 puntos de vantaxe sobre o Calo tras vencer comodamente ao Nicrariense (1-6). As de Rupper venceron con tantos de Olalla, Saskia e 4 de Yasmina.
Yasmina e Olalla son, con 25 e 23, as máximas goleadoras do grupo.

Mantense aínda con opcións de colarse na Promoción o cadro das Miúdas. As de Lucho venceron ao Dubra (0-4), o pechacancelas, e quedan a 5 do propio Dumbría, que pecha as 5 prazas. As muradás estiveron cómodas en defensa con apenas ocasions en contra, e dous goles de Marta e Elba na primeira, e Macela e Sofía na segunda, finiquitaron o choque.

11 das Miudas
11 das Miúdas

Non puido o Mazaricos de Borja Sueiro co Rois (2-4). As amarelas, comezaron con bo ritmo, con Tamara e Jirra liderando o ataque, tendo as mellores ocasións nos pés de Jirra pero sen definir ben. No ecuador do primeiro tempo, chegaron 3 goles en 5 minutos, en 2 córners e unha contra.
Na segunda parte comezaron as costeiras con máis intensidade indo polo partido. Tamara recurtaba de vaselina e pouco despois Jirra e Hermisa fallan o segundo a porteria baleira. Ánxela marca o segundo nun tiro pola escadra no minuto 60. E cando o partido estaba aí, co equipo dominando e chegando, nun centro lateral sentenciou o cadro visitante.

Polo Norte

11 do Ponteceso feminino
Convocatoria do Ponteceso

Boas novas para Corme e Ponteceso. O Ponteceso conseguía unha complicada vitoria ante o Xuv. Crendes (3-4). As de Curro sufrían pero conseguían poñerse por diante cun gol de estratexia a balón parado entre a todoterreo Muíño e ben definido por Lauriña. Pronto empataron as locais. Na segunda, as pondalianas saíron pola vitoria facéndose dono do balón, e tendo claras ocasións da Andrea, Lauriña , e Berdeal na que a porteira local se luceu facendo auténticos paradóns. Fallaron e sería o Crendes de novo o que se adiantaría doutro gol de falta directa. Axitaría Curro o banco dando entrada a Mantiñán, Virginia, Lucivili e Lauriña e grazas a unha moi boa xogada colectiva entre Berdeal, que sería a MVP do encontro e Andrea, sería Lauriña a quen a pase desta , quen volvería a definir e poñer o xusto empate de novo no marcador. Sen nada que perder seguirían as de Curro con unha moi boa presión arriba e grazas a ela a todoterreo Muíño marcaría un auténtico golazo de falta a máis de 30m de distancia. Non recuaron e Virginia puxo o 3-4, ao que só puido responder o cadro local co 3-4 pero xa no desconto.

Ademais, as cormelás de Rubén Souto goleadon sen piedade ao Curtis (12-0) con 10 goles da killer Naroa, un de María e outro de Cris, destacando o debut de Tania.
Naroa colócase máxima goleadora con 33 tantos, polos 30 de Laura Raña (Abella)

Pola súa parte, o Cerqueda mellorou as súas prestacións nesta temporada de transición e só caeu 6-0 ante o Meicende, un dos favoritos. Custou entrar ás bergantiñás no encontro, encaixando dous goles tempraneiros. Pouco a pouco foron collendo os espazos, só en dúas xogadas illadas encaixaron os outros dous antes do descanso. Tras facer varios axustes xogaron unha segunda parte moita máis seria e mellor colocadas no campo, o 6-0 chegaría tras un gol olímpico e outro de tiro lonxano, tendo as costeiras algunha ocasión para estrear o taboleiro de goles a favor.

F7

Ademais, o domingo pola mañáno Novo Cubaleiro acollía un encontro entre o UD Corcubión Feminino e o CA dos Castros no que o equipo local sumaba tres puntos. 
A primeira parte remataba xa cos catro goles das corcubionesas, que levaban o peso do partido completamente. A capitana do equipo, Carla Lema, foi a encargada de meter o primeiro gol. Minutos despois, entraba na portería contraria o seguinte tanto, sendo a súa autora Cris Rojas, quen marcaría tamén o terceiro nunha xogada de córner. Alexandra Lojo, pola súa parte, lanzaba o balón case desde a metade do campo, logrando así o cuarto gol para o seu equipo. Unha primeira parte de emoción e de desfrute para todos os afeccionados. 
No segundo tempo o equipo local baixaba o ritmo.

Máis novas do FUTFEM

Comentarios