FUTFEM: Remata un histórico 2022
Remata un histórico 2022 para o fútbol feminino costeiro, no que contamos con ata 10 equipos en competición. E faino con cara e cruz para as nosas.
Triple derrota no grupo Norte, malia que os 3 equipos costeiros se enfrontaban ás poderosas do grupo.
Mentres, no Sur, houbo un pouco de todo. Xallas e Cee protagonizan as mellores novas, rematando o ano con vitoria e manténdose na 2ª e 3ª praza respectivamente, a só 3 e 5 puntos das líderes, o Calo. Un Calo que goleaba a un descoñecido Dumbría, que fica no segundo grupo, a só 10 puntos do líder, empatado cunhas Miúdas que veñen de menos a máis, que recuperaron o sabor da vitoria para ir de doce ao Nadal.
Pola súa banda, o Mazaricos segue sumando neste o seu ano de asalto ao F11.
Pola súa parte, o Corcubión aprazou o seu partido co Silva ata o día 7, e remata a súa primeira experiencia competicional tras 3 meses de andaina na Liga de F7 da Coruña na 3ª praza, a só 3 puntos das líderes pero cun partido menos.
2ª División, Gr. 2, xornada 10
Xuv. Almeiras - Ponteceso (6-0)
- Ponteceso: Colores, Silvia, laura, Lucía Mantiñán, Andrea Varela, Muíño, Myrella, Ainhoa, Mel e Sabrina. Tamén: María, Saray, Laura Rod., Noelia Martínez e Virgi.
Partido moi complicado contra o cuarto clasificado da táboa e marcado polo intenso vento da fin de semana. Así e todo arrincaban ben as de Curro, e Andrea tiña un man a man ao que respondía a porteira local cun paradón. Pero apenas 2 minutos despois, no 10, un mal despexe, e a axuda do vento, facía que Colores non puidera facer nada por evitar o 0-1. Sen baixar os brazos seguían percutindo a portería do Almeiras con claras ocasións de Mel, e Muíño, e Andrea , pero unha moi boa actuación da meta local privaría ás pondalianas de poder empatar o encontro. Aproveitou o Almeiras en dúas xogadas combinativas para poñer un inxusto 3-0 no marcador ao descanso.
Entraron Noe e Virginia na segunda pero sería o de novo o Almeiras quen poñería o 4 a 0 tras unha serie de rexeites dentro da área. A partir de aí o Ponteceso sufríu varias lesións, tendo que xogar varios minutos con 10.
Corme - Meicende (0-3)
- Corme: Carmen; Ana (Lucía), Irene, Laura (Aroa), María; Olalla, Ana, Carla, Nati (Cris), Naroa e Julia (Candela).
Outro partido marcado polo vento, cunha clara parte para cada equipo. Unha vez máis as concesións atrás das de Rubén Souto axudaron a regalar o partido, pero é algo obrigatorio neste proceso de formación, apostando pola saída de balón en combinación. En calquera caso, o equipo cormelán aguantou fronte o poderoso e invicto líder ata o m.70, cando as visitantes romperon o encontro e aproveitaron o primeiro regalo.
Pastoriza - Cerqueda (13-1)
- Cerqueda: Paula Casal, Jimena, Lucía Rod., Pauliña, Tati, Irene, Tania, Raquel, Inés, Mariña e Vanesa. Tamén: Uxía, Sonia, Mónica e Vane García.
Xornada complicada para a familia Guillamet, ao que as súas xogadoras desexan todo o mellor. Pouco puideron facer as costeiras ante un dos equipos punteiros do grupo.
O gol das cerquedás, como non da pequena capitana Pauliña Veiga.
2ª División, Gr. 2, xornada 10
Calo - Dumbría (12-2)
- Dumbría: Lía, Serena, Carril, Yaiza, Martina, Eva, Kelly, Sabela, Claudia, Juliette e Reyes. Tamén xogaron: Naira, Yoli, Sara, Icía e Paula Rodríguez.
Nada puido saír peor da visita das dumbriesas á casa das líderes. Dende logo non hai tanta diferencia entre ambos conxuntos como sinala o marcador, pero a mala saída, as condicións meteorolóxicas fixeron que as costeiras xogasen o seu peor partido do curso, sendo as porteiras Lía na primeia e Naira na segunda as mellores. Eva e Juliette foron as goleadores dumbriesas.
Victoria C - Xallas (0-2)
- Xallas: Rosio; Laura, Rita,Alicia, Saskia; María, Luchy, Andrea Barbeira; Olalla, Andrea Otero e Yasmina. Tamén xogaron: Paula Barcia, Nuria, Paula Varela, Yaiza e Leti.
- Goles: 0-1, m.55: Luchy; 0-2, m.76: Luchy.
O equipo verde saíu o campo con gañas de marcar pronto pero topouse cun Victoria que non estaba pola labor de deixarse facilmente. Dúas ocasións claras na primeira metade das dianteiras xalleiras e un balón que rozou o longueiro do Victoria foi a bagaxe do primeiro terzo.
Na segunda xogando con moita máis calma, as de Rupper atoparon o gol nas botas de Luchy por partida dobre primeiro nun rexeite a tiro de Olalla e despois grazas a un cabezazo a centro de Olalla tamén.
Gran comezo de liga das rapazas que rematan no 2º posto desta clasificación ligueira. "Muy contento do esforzo e sacrificio que fan día a día e de aguantar as miñas arengas…”, recoñece Rupper.
Mazaricos - Nicrariense (1-1)
- Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Silvia, Valeria Peta, Antía, Tamara, Buján, Lúa, Daniela, Ánxela e Jirra. Tamén xogaron: Fátima, Saray, Katia, Iria Hermida e Araceli.
- Goles: 1-0, m.23: Silvia; 1-1, m.62.
Partido moi igualado onde o vento decantou o resultado. Na primeira parte, o cadro local co vento a favor foi capaces de nn conceder ocasións e de xerar moitas, ben nos pés de Tamara, de Buján ou de Jirra. Pero o gol chegaría dende o medio campo onde Silvia engancha unha volea a bote pronto e entra pola escadra do Nicrariense. Puideron ir as de Borja cun marcador máis amplo ao descanso pero non estiveron acertadas.
Cambiou o conto na segunda, e Nicra, co aire a favor, encorcou o campo. Nunha serie de despexes a súa dianteira gáñalle ás costas á defenda amarela e define moi ben no man a man. As ocasións e o dominio do xogo nesta segunda parte foron para o Nicra, que tampouco foron quenes de finalizar as súas xogadas.
Rois - Cee (0-3)
- Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Lucía Caamaño, Nerea, Saray Duarte, María Lijó, Ruth, Sharay Caamaño, Antía e Laura. Tamén: Nayara, Sabela e Lucía Martínez.
- Goles: 0-1, m.23: Saray Duarte; 0-2, m.40: Sharay Caamaño; 0-3, m.43: Antía.
En 3 zarpazos ao fío do descanso, as ceenses deixaban sentenciado o choque ante o Rois. Sen demasiado esforzo, as costeiras demostraron a súa superioridade ante una das de abaixo.
As Miúdas - O Pino (3-0)
- As Miúdas: Adriana, Marta Verán, Paula, Uxía, Ximena, Marcela, Laura Sieira, Leti, Pati e Bárbara. Tamén: Ana Romero, Marta Piñeiro e Sofía.
- Goles: 1-0, m.30: Bárbara de córner directo; 2-0, m.35: Pati de forte disparo; 3-0, m.57: Pati.
Gran partido das de Lucho, que rematan o ano recuperando o sabor da vitoria tras 4 semanas sen conseguilo. Foi un partido bastante controlado polas muradáns, ante un O Pino que defendía moi pechadas pero que nunca foron de chegar a meta de Adriana.
A TRIBUNA FUTFEM
- 03-11-22: A Tribuna FUTFEM: Unha fin de semana de fútbol contra o machismo..
- 25-11-22: A Tribuna FUTFEM: Gañar derbis para mandar na Costa
- 18-11-22: A Tribuna FUTFEM: Igualdade, no social e no deportivo.
- 11-11-2022: A Tribuna FUTFEM: De derbi en derbi, faise o camiño.
- 02-11-22: A Tribuna FUTFEM: Unha ponte de descanso con moito que celebrar.
- 20-10-2022: A Tribuna FUTFEM: Vitorias e derrotas nesta 2ª Futfem que van deixando as cousas claras.
- 14-10-2022: A Tribuna Futfem: Rutinas de fin de semana e algunha polémica..
- 07-10-2022: Regresou o Fútbol Feminino á Costa, con máis forza ca nunca.
MÁIS CRÓNICAS DO #FUTFEM
TÁBOA DO GR.2 DA 2 DIV.- FEM
TÁBOA DO GR.4 DA 2 DIV.- FEM