Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#FUTFEM: O Xallas déixase o liderato en Cacheiras e espera ao Cee

Muino co Ponteceso feminino
Muíño unha das protagonistas do Ponteceso
#FUTFEM: O Xallas déixase o liderato en Cacheiras e espera ao Cee

Caíu o Xallas nunha das últimas finais que lle quedaba ante as rivais directas na carreira polo título. A derrota, cun Xallas - Cee a semana que vén, deixa ás de Rupper, un punto por debaixo do Calo, pero aínda se ten que enfrontar ao mesmo Cacheiras, ademais dos perigosos Cee e Dumbría.
Precisamente o Cee chega nun momento espectacular, con 6 vitorias e 1 empate nos últimos 7 partidos, quedando a 5 do líder, e a 4 do propio Xallas.
Na loita polas 5 primeiras prazas segue o Dumbría, que superou ás Miúdas nun choque directo, deixando ás muradás 5 puntos por debaixo.

Polo Norte, neste curso de aprendizaxe, só gañou o Ponteceso.

2ª Div. Feminina, xornada 19

Mazaricos - Calo (0-8)

WhatsApp Image 2023-03-20 at 11.35.41

  • Mazaricos: Pedrosa, Claudia, Valeria Peta, Fátima, Antía, Silvia, Lúa, Hermida, Ánxela, Tamara, Jirra. Tamén xogaron: Romay, Leire, Araceli, Buján e Saray.

Nada máis saír xa recibía o primeiro tanto o cadro amarelo. Reaccionaron as de Borja Sueiro e puideron empatar o partido por medio de Ánxela e Tamara. Ata o minuto 40 estivo a cousa igualda, sen ocasións, pero neses últimos 5 minutos as líderes facían dous goles que deixaban o partido encarrilado.
Na segunda parte baixou moito o físico e as visitantes tomaron o dominio completo do xogo.

Dumbría - As Miúdas (4-2)

  • Dumbría: Lissette, Sabela, Carril, Noa, Mai, Eva, Fandi, María das Carisas, Kelly, Claudia e Yoli. Tamén xogaron: Reyes, Icía, Sara e Paula Rodriguez.
  • As Miúdas: Adriana, Uxía, Marta Verán, Marcela, Paula, Marta Piñeiro, Sofía, Leti, Pati e Bárbara. Tamén: Elba, Alba, Clara, Ximena e Ana.
  • Goles:1-0, m.28: María das Carisas; 1-1, m.36: Sofía; 2-1, m.44: Fandi; 3-1, m.49: María das Carisas; 3-2, m.80: en propia; 4-2, m.81: Eva.
Dumbria As Miudas-Foto-Vet Dumbria 2
Foto-Veteranos Dumbría

Fermosa mañá dominical a vivida no Conco con este especial derbi entre Dumbría e Miúdas. As locais foron superiores, sobre todo fisicamente, e dominaron a primeira metade con contudencia, pero as muradás non venderon barata a súa pel, pelexaron ata o final e tiveron opcións ata os últimos 10 minutos.

Comezaron as locais máis intensas, con Kelly entrando pola banda esquerda ata liña de fondo, e obrigando a Adriana a facer numerosas intervencións. Probaban Fandi e Eva dende lonxe pero os seus tiros pegaban no longueiro, e sería María das Carisas a que abrira a lata despois da insistencia tras unha bonita xogada colectiva chegando á media hora do encontro.

Pouco despois empataban as visitantes, cun balón ás costas da defensa que definía Sofía. pero antes do desanso, un penalti cometido sobre Fandi é transformado por ela mesma para facer o 2-1.

Dumbria As Miudas-Foto-Vet Dumbria
Foto-Vet Dumbria

Nada máis saír do descanso, terceiro das locais, e parecía que o partido esmorecía. Baixou o ritmo e pasaban os minutos, ata que a falta de 10 minutos un autogol de Mai devolvía a emoción ao encontro, de non ser porque un minuto despois Eva mataba o choque rematando un córner.

O Dumbría espera a pronta recuperación de Claudia.

O Pino - Cee (0-5)

  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Lucía Facal, Alba, Nerea, Ruth, María Lijó, Sharay Caamaño, Uxía, Lucía Martínez e Lauriña. Tamén: Lucía Ramos, Sabela, Antía e Nayara.
  • Goles: 0-1, m.1: Ruth; 0-2, m.18: Lauriña de penalti; 0-3, m.36: Nerea; 0-4, m.39: Lucía Martínez; 0-5, m.52: Ruth.

Partido doado para o Cee, cunhas condicións meteorolóxicas e un campo que favoreceu desde o o comezo ao cadro costeiro. Non tardou en abrir a lata o cadro azul, cun tanto de Ruth no primiero minuto. Aos 20 minutos Lauriña marcaba o segundo de penalti nunha xogada perigosa na que Nerea sufríu un golpe no xeonllo que quedou nun susto, pero Nerea acabou sendo substituída antes do descanso.

Coa vantaxe o Cee comezou a combinar con máis tranquilidade, respectando ao rival pero mellorando aspectos e preparándose para a cita da semana que vén.

Cacheiras - Xallas (2-1)

  • Xallas: Rosio; Laura, Rita, Saskia, Alicia; María, Luchy, Andrea Barbeira; Olalla, Otero e Yasmina. Tamén xogaron: Leti, Inés, Nuria, Barcia e Mayte.
  • Goles: 1-0, m.50; 1-1, m.53: Saskia de penalti; 2-1, m.70.

Partido moi competido o vivido na Cañoteira. Dous equipos moi equilibrados que se viu reflexado no primeiro tempo con empate a cero goles, onde só o Xallas por medio da súas dianteiras puxeron en apuros a gardamallas local.

No segundo tempo todo cambiou e os poucos minutos despois dun dexasuste defensivo adiantáronse as locais e acto seguido o Xallas por medio de Saskia o transformar unha pena máxima feita a Olalla voltaba a por as táboas no marcador.

Cando mellor se sentían a xalleiras na prolongación dun córner o balón tocaba na man de María e o trencilla coa presión do público local e das rapazas do Calo que ateigaban as gradas non dubidou e pitou penalti, pondo o o 2 a 1 no marcador.

O Xallas por medio de Yasmina seguiuno intentando ata o último suspiro pero non dou chegado ese merecido empate.

 

2ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 19

Órdenes - Ponteceso (0-1)

ponteceso fem 23

  • Gol: 0-1, m.42: Andrea.

Comezaba o encontro con unha boa presión e claro dominio das rapazas de Curro e Miguel, que comezaba cun balón ao longueiro nunha fermosa vaselina de Lauriña. Os roubos permitían accións de ataque como outras chegadas de Andrea, Lauriña e Muíño. Pero o balón non entrabra ata que xusto ao fío do descanso, unha internada por banda de Mel centraba para que a killer Andrea remachase a gol.

Cando todo indicaba que se chegaría co empate inicial o tempo de lecer un bo roubo en banda esquerda por parte de Mel esta lograría meter un pase a espalda da defensa local no que a Killer Andrea non perdoou no man a man.

Na reanudación o Ordes daría un paso o frente xa que non lle serviría este marcador, pero no que a defensa pontecesá se mostraría moi segura durante todo o partido rexeitando calquer acción de ataque local. Puido sentenciar en varias ocasións por medio da Todoterreo Muíño e a capitá Eva , pero nas que de novo o balón non quixo entrar.

A meta pontecesa Colores

Carral - Cerqueda (7-0)

Resultado demasiado abultado en relación ao visto no terreo de xogo. Primeira parte que xa comeza moi condicionada por un gol en posible fóra de xogo, pero as bergantiñás non perderon o sitio, estiveron ben plantadas e xeraron perigo nalgunha contra. Así e todo as locais conseguirían 3 tantos antes do descanso. Na segunda, o mesmo guión.

Abellá - Corme (4-1)

  • Corme: Belén Lucía, María, Laura, Vero, Aurora (Ana), Irene, Carla (Candela), Nati, Cris. Naroa.

Partido difícil contra un dos mellores equipos do grupo norte. Na primeira sufriron as de Rubén Souto ante a mobilidade das mediocampistas locais, e o marcador marchouse cun claro 3-0. Na segunda metade, xa sen experimentos, o partido igualouse e despois do cuarto tanto local as cormelás conseguían chegar á área rival, facer un tanto de falta directa de Carla, e ter varias ocasións.

Liga F7 A Coruña

Corcubión - Silva (5-3)

Corcubion feminino

  • Corcubión: Cris, Marta, Claudia, Noa, Alexandra, Marta Santiago e Maria. Suplentes: Elisa, Vivi, Ana, Sara e Carla Lema.
  • Goles: 1-0, m.30: Alexandra Lojo; 1-1; m.40; 2-1, m.50: Ana Sierra; 3-1, m.60: Ana Sierra; 4-0, m.70: Ana Sierra; 4-2, m.75; 4-3, m.80; 5-3, m.85: Noa.

O UD Corcubión Feminino encontrábase na tarde do sábado contra o Silva SD B e as gradas do Cubaleiro enchíanse unha vez máis dunha gran afición blanquiazul con ganas de animar ás súas rapazas. Eran moitas as baixas do equipo local, que acudía ao encontro incluso sen a súa única porteira, posto que ocuparía outra das súas xogadoras. Pese a estas circunstancias, o encontro comezou xa con moitas ocasións para as corcubionesas ata a chegada do sobresaínte gol de Alexandra Lojo. Outro destacable gol, neste caso do equipo rival, provocaría o empate co que remataba a primeira parte.

O segundo tempo comezaba forte cun gol para o UD Corcubión de Ana Sierra, quen marcaría outros dos goles posteriormente. Na recta final do partido as tornas cambiaron e as rivais atacaban a portería con máis frecuencia. Unha falta en contra das corcubionesas e unha mala comunicación no campo entre estas nun momento de nerviosismo, se convertirían en dous goles en contra que poñían o partido a só un tanto de diferencia. Non obstante, un tiro moi acertado de Noa nos derradeiros minutos do partido daba a vitoria definitiva ao equipo local, que suma outros tres puntos.

 

Máis novas do FUTFEM

Comentarios