Mércores. 23.09.2020
El tiempo

Futsal: Pechando no podio un fantástico 2019

FSF Villa de Cee en xogo
FSF Villa de Cee en xogo
Futsal: Pechando no podio un fantástico 2019

Remata o 2019 este Villa de Cee na 2ª praza da Preferente Norte, tralo empate acadado esta pasada fin de semana na casa ante Rábade. Posto de ascendo directo que terá loitar na segunda volta co Academia Red Blue Coruña, situado a 2 puntos, e o Pontedeume FS, a 6.

Pola súa parte, este histórico 2019 para a familia do Mazaricos Futsal aínda se pecha esta vindeira fin de semana cun partido na casa (sábado ás 18:00h na Picota). O cadro amarelo vén de vencer en Roitorto, e pode rematar o ano nunha fantástica 3ª posición se suma ante o Samos.

PREFERENTE, GR. NORTE, XORNADA 14

  • Resultado: FSF VIlla de Cee Hotel La Marina - Insuas do Miño Rábade (4-4)
  • FSF Villa de Cee: Pose (p), Félix, Ángel, Javi, Juan Bello; Perce e Fran Toba.
  • Goles: 1-0, Perce; 2-0, Juan; 3-0, Juan /// DESCANSO /// 4-0, Perce; 4-1; 4-2; 4-3; 4-4 (penalti).

FSF Villa de Cee en xogo 2

Foi un partido disputado, igualado e que tivo dúas partes moi diferenciadas. Nos primeiros 30 minutos non estiveron brillantes os costeiros, pero sí moi sólidos. Porén nos últimos 10 minutos de partido non souberon competir e acabaron perdendo unha renda de 4 goles.

Foi unha primeira igualada en canto á posesión do balón, con ocasións sobre todo para os locais, que se adiantaron con comodidade cos tantos de Perce (de forte disparo) e de Juan (á contra). Eles intentaron cambiar o rumbo do partida cunha defensa agresiva e incluso optando polo porteiro-xogador xa na primeira parte. Non sacaron nada en positivo e cargáronse con 5 faltas, así é que no tramo final da primeira metade os de Juan Caamaño puxéronse 3-0 cunha falta sen barreira moi cerca do punto de penalti.

A segunda metade empezou coa mesma tónica: para eles era un querer e non poder e para os locais, sen estar brillantes co balón, sí estaban ben posicionados en defensa. E noutra boa maniobra de Perce fomos quen de poñern 4-0 no minuto 30 do encontro.

Pero os visitantes se atoparon co 4-1 tras un rebote, gol que desconcentrou aos vermellos,¡ que xunto co cansancio físico de ter só 2 cambios provocou que se viñeran abaixo. Nunha xogada de estratexia nun córner meteron o 4-2 e nunha xogada na que non defenderon ben o porteiro-xogador marcaron o 4-3. E o castigo final chegou cando a falta de 20 segundos os colexiados pitan penalti tras unha man, oportunidade que eles convertiron no definitivo 4-4.

Foi un pau, pero a cea de Nadal foi toda unha festa.

1ª GALICIA, GR. LUGO-CORUÑA, XORNADA 6

  • Resultado: Riotorto FS - Mazaricos Futsal (7-1)
  • Mazaricos CF: Tabula, Sandelo, Brais, Molinos e Carreiriña.
  • Goles: 0-1 Molinos; 0-2 Molinos; 0-3 Carreiriña; 0-4 Molinos; 0-5 Molinos (descanso); 1-6 Molinos; 3-7 Sandelo; 6-8 Sandelo; 6-9 Carreiriña; 6-10 Sandelo.

Con 5 xogadores, por mor das lesións e traballo, chegaban os amarelos a Riotorto. Así, a primeira metade foi monocolor, cun claro 0-5 que puideron ser máis. En defensa, Tabula estivo espléndido.

Na segunda saíron os locais con porteiro-xogador dende o inicio e os goles foron caendo con facilidade nos dous bandos, pero a vitoria nunca perigou.

Mazaricos Futsal

NOVAS DO FUTSAL

NOVAS DO FSF

comentarios