Domingo. 20.09.2020
El tiempo

Futsal: O Vila de Cee compite ata con grandes baixas

FSF Villa de Cee 19-20
FSF Villa de Cee 19-20
Futsal: O Vila de Cee compite ata con grandes baixas

Partido igualado, onde na primeira parte os locais tal vez foron un pouco mellores e na segunda os costeiros tiveron as mellores ocasións e puideron romper o partido pero faltoulles acerto na finalización.

O míster, Juan Caamaño fica “moi contento por como competiu o equipo, dando en todo momento a cara nunha cancha difícil e nunhas circunstancias propias moi complicadas (moitas baixas nos adestramentos semanais, Mario lesionouse non quentamento e non xogou e Perce apenas puido xogar algúns minutos por problemas nun pé)”. O empate deixa aos ceenses na 2ª a 4 puntos do Begonte.

O Mazaricos Futsal volvía descansar.

PREFERENTE, GR. NORTE, XORNADA 8

  • Resultado: Pontedeume FS - Vila de Cee FS (2-2).
  • Villa de Cee: Maikel (p), Ángel, Juan, Félix, Javi; Pose (ps), Mario, Perce, Fran.
  • Goles: 1-0; 1-1: Félix de penalti (descanso); 1-2: en propia; 2-2.

Empezou o encontro con Pontedeume defendendo moi arriba e con intensidade. Froito disto tiveron varios córners a favor e aos ceenses costáballes crear perigo. Adiantáronse os locais cun disparo dende fóra por estar a defensa moi metida na súa área, o que serviu para igualar a contenda. Os locais seguían tendo bastante posesión de balón pero os visitantes xa empezaron a crear ocasións claras de gol. Despois dun roubo de balón noso e tras regatear ao porteiro, este cometeu un penalti que Félix transformou no empate a uns.

Xa na segunda fase do primeiro tempo os de Juan Caamaño roubaban balóns que se convertían en perigosas contras, e esta dinámica foi en aumento dende o primeiro minuto da segunda parte. Aos 6 minutos da reanudación e tras un saque de banda ao noso favor moi cerca do córner, Félix golpeou o balón duro e raso ao segundo pau e un rival marcou en propia meta.

A partires de aquí tiveron os costeiros varias ocasións claras para "matar" o partido: ou ben saíndo moi ben da súa presión cada vez máis desorganizada ou ben tras roubos de balón tras ataques precipitados seus plantábanse en campo rival con superioridades claras, pero que non souberon transformar en gol.

E a falta de 3 minutos, o mesmo xogador que inaugurara o marcador fixo o definitivo empate 2-2 tras unha boa maniobra e disparando pegado ao pau. A falta de poucos segundos, e cando o Pontedeume xogaba co porteiro-xogador aínda tiveron os costeiros unha ocasión de levar os 3 puntos tras disparo dende o campo que se foi cerca do poste.

NOVAS DO FUTSAL

NOVAS DO FSF

comentarios