Ligas Galegas: O Bergan Xuvenil métese na fase polo ascenso

Aínda faltan dúas xornadas, pero o Bergantiños Xuvenil certificou o seu pase á seguinte fase ao vencer na Estrada. Os de Óscar Mingui suman 7 vitorias e 1 empate en 8 partidos, con 22 goles a favor e só 4 en contra. Uns números que animan a buscar o ascenso á 2ª categoría xuvenil a nivel estatal.
Pola súa parte, o Dumbría caía con rotundidade en Oroso.
En Cadetes o Xallas vencía o derbi ante o Dumbría, ao que deixa o último posto.
E finalmente, en Infantís, segue o Dumbría con grandes dificultades (aínda non conseguiu marcar un gol) e o Bergan si conseguiu un meritorio empate na pista do lider, o Bertamiráns.
Liga Galega Xuvenil, Gr.C, xornada 8
- Resultado: Estrada - Bergantiños (1-2)
- Bergantiños: Carlos, Isra, Noe, Pablo Rod., Iván, Pedro, Dani, Ashier, Pardo, Totó e Vila. Tamén: Pablo Duarte, Fita, Javi Pérez e Carlos Fondo.
- Goles: 1-0, m.50; 1-1, m.56: Pardo; 1-2, m.90: Fita.
Non saía nada nos primeiros compases no equipo bergantiñán e mesmo Óscar tiña que facer varios cambios. Os locais facían dano da man dun recuperado Lahsan, que coordinaba todo o xogo de ataque, pero por fortuna os vermellos conseguiron manter a porta a cero: o mellor da primeira parte era o resultado.
Axustáronse tacticamente os costeiros, e saíron mellor, pero unha magnífica xogada de Lahsan abría o marcador. Tocaba rematar, e houbo sorte, porque practicamente na primeira chegada á área rival, Iván Pardo remachaba unha boa xogada de Totó. Non se conformaba co empate, e aproveitaron a incercia que volcaba o campo contra a portería estradense, e xa no desconto, un córner botado por Ashier, Fita facía o gol da vitoria para delirio dos carballeses.
Liga Galega Xuvenil, Gr.C, xornada 8
- Resultado: Xuv. Oroso - Dumbría (8-2)
- Dumbría: Xacobe, Isaac, Álex, Borja, Anxo, GUille, Sergio, Iago, Raúl, Lucas e Alfredo. Tamén: Alex Sendón, Brais e Kevin.
Con moitas baixas chegaba o cadro de Martín Vecino a Oroso, tendo só 14 fichas incluídos dous cadetes. Aínda así adiantábanse os dumbrieses cun tanto de Borja aos 5 minutos, e foron capaces de aguantar coa renda case ata o descanso, xusto cando empataban os locais. Pero foi moi longo o encontro, e a saída en tromba dos locais, acompañada da falta de gasolina dos dumbrieses, foi provocando a goleada. Raúl Lado sería o autor do segundo tanto dumbriés.
Liga Galega Cadete, G.C, xornada 8
- Resultado: Dumbría - Xallas (1-2)
- Dumbría: Íker Muíño, Kevin, Leo, Hugo, Brais, Carlos Costa, Fabio, Pablo Gabín, Vila, Martín Piñeiro e Sergio. Tamén: Iván, Yeray, Manu Martínez, Íker Aurífero e Samu.
- Xallas: Íker Aran, Marcos Carro, Yago, Gabri, Alex Calvo, Luís, Dani Barbeira, Mauro, Jesús, Óscar Feal e Jairo. Tamén: Fabio, Manu Vieito, Óscar Martínez, Fabián e Lois.
- Goles: 1-0, m.5: Sergio; 1-1, m.27: Íker de penalti cometido sobre Gabi; 1-2, m.37: Luís Mourelle tras un saque de banda longo.
O Xallas venceu no Conco
Derbi disputado, con moita entrega, entre os dous equipos costeiros da categoría, que se puido decantar dos dous bandos. O Dumbría de Huelvis comezaba dominando, cun Xallas de César e Jota, estaba moi ben asentado atrás, con moita disciplina. Os locais marcaban o ritmo e facían chegadas de Piñeiro e Carlos Costa, antes do gol de Sergio tras unha boa combinación. Puido ampliar a renda Fabi, pero o Xallas, a base de empuxe e garra, foi cambiando o perfil.
Empataban de penalti, da man do meta e capitán xalleiro, Íker Arán, e pouco despois, noutro perigoso saque de banda longo do especialista Jairo, Luís metía en vantaxe aos visitantes.
No segundo tempo foi un querer e non poder dos locais, con ocasións ata un balón ao pau, ante un Xallas moi ben colocado, que sacaba tamén algunha contra perigosa que tivo que salvar Mauro.