Preferente: O Sofán acariña unha histórica playoff
Disputábase a xornada 32 da Preferente, e o Sofán non falla. Tras vencer en Dubra (poden ver o partido en tiivii.gal), e con só 2 xornadas para o remate da liga, o cadro carballés saca xa 5 puntos ao Lalín, primeiro equipo que quedaría fóra da promoción, polo que os de Pablo Torreira xa acariñan a fase de ascenso. Con todo, tanto Cidade de Ribeira como o propio Lalín teñen un partido menos, polo que hai que esperar para facer contas, cando menos ata o vindeiro domingo, cando se xogará unha auténtica finalísima no Carral ante o propio Lalín, onde o club espera ter o campo a rebentar.
A cousa aínda podería estar máis preto porque o posible descenso do Compostela podería impedir o ascenso do Sigüeiro polo que quedaría unha praza máis aí arriba.
Unha demostración do temporadón do mellor equipo do fútbol costeiro, que volve coquetear con categoría nacional, tendo en conta que na 21/22 competiu na 3ª RFEF. Así e todo, o club aínda non ten tomada a decisión de ser ir con todo á fermosa fase de ascenso, ou centrarse na Copa da Costa, un título que gusta moito. "Pasiño a pasiño, hai que ter os pés no chan", sinalan dende o club aínda a día de hoxe.
Dubra - Sofán (1-3)
- Sofán: Gardu; Javichu, Iván, Álex, Dani; Iván Parafita, Fabián (C); Alexandre, Montero, Braian e Eloy Díaz.
- Goles: 0-1, m.27: Eloy Diaz Vila; 1-1, m.72: Álvaro Varela de penalti; 1-2, m.75: Marcos Montero; 1-3, m.78: Javi Souto.
O cadro de Torreira demostrou as súas gañas de gañar ante un equipo que non se xogaba nada. Dewnde o comezo saíron a por todas metendo atrás a un Dubra que esperaba para facer dano nas contras, pero que vía como Elou abría o marcador rematando un centro lateral.
O partido non cambiaba de guión na segunda, cos locais esperando o seu momento, que chegaría a 20 do final, cun gol dende os 11 metros. Pero na seguinte xogada marcaba Marcos Montero para desfacer o empate ao rematar un bo centro lateral de Dani Pena, e un par de minutos despois Javi Souto aumentaría a renda de penalti cometido sobre el mesmo para poñer o definitivo 3-1 no marcador.
Todas as Crónicas da Preferente
- X.29: O Sofán dase un novo festín no Carral como o equipo máis en forma da categoría.
- X.28: A cuarta seguida.
- X.27: Set e promoción.
- X.26: A SD gaña pola mínima.
- X.25: O Sofán recupera a senda da vitoria.
- X.23: O Negreira alonxa ao Sofán da pelexa no desconto.
- X.22: O Sofán cae ante un rival directo.
- X.21: O Sofán recupera terreo co primeiro vagón.
- X.20: O Sofán deixa escapar en Miño o primeiro vagón:
- X.15: O Sofán mantense no podio.
- X.14: O Paisaco leva o derbi bergantiñán.
- X.12: O líder invicto non pode co Sofán.
- X.11: O Sofán colle praza no segundo vagón.
- X.10: O Sofán volve aos postos nobles.
- X.9: O Sofán deixa escapar dous puntos do Carral.
- X.8: O Pol frea ao Sofán tras 4 vitorias seguidas.
- X.7: O Sofán pode con todo un #CopadoRei.
- X.6: O Sofán xa se cola na zona noble.
- X.5: O Carral volve ser un fortín.
- X.4: A SD reivindícase co balón.
- X.3: O Carral volve sufrir.
- X.2: A expulsión de Noé deixa ao Sofán sen premio.
- X.1: O Sofán comeza mandando dende atrás.
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.