mércores. 30.04.2025
El tiempo

Preferente: A cuarta seguida

Ordes-Sofan celebrando gol
Os xogadores do Sofán celebrando un dos tantos en Ordes-Fotos- SD
Preferente: A cuarta seguida

Quedan 6 xornadas para o remate da Liga e o Sofán de Pablo Torreira está nun momento doce. 4 vitorias seguidas suman os carballeses tras vencer onte en Ordes con absoluta rotunidade, afianzando ao equipo nuns apretados postos de promoción. Parte pois con vantaxa o cadro carballés pero hai 6 equipols pelexando por 3 postos.

Órdenes - Sofán (0-3)

11 do Sofan en Ordes

  • Sofán: Gardu, Javichu, Álex, Iván, Braian; Pablo Parafita, Fabián; Martín, Iván Parafita, Paulo e Eloy Díaz.
  • Goles: 0-1, m.2: Eloy Diaz Vila de penalti; 0-2, m.40: Paulo; 0-3, m.84: Javi Souto.

Ordes-Sofan

Saía moi forte o cadro vermello e xa aos 2 minutos se colocaban por diante tras unha pena máxima. A primeira metade foi moi igualada, con moito medio campo e poucas chegadas á área ata que preto do descanso Paulo aproveitaba unha contra levada por Alex para ampliar a renda antes do descanso. Puido Martín facer o terceiro antes de ir aos vestiarios, pero o equipo saiu seguro na segunda, controlando moi ben o tempo do partido, sen ceder ocasións, e xa ao final, co equipo local envorcado, Javi Souto facía o terceiro.

Javi Souto celebrando un gol co Sofan en Ordes
Javi Souto celebrando un gol 

Todas as Crónicas da Preferente

Máis info

Comentarios