Preferente: O Sofán dase un novo festín no Carral como o equipo máis en forma da categoría

Iván Martínez celebrando un gol para o Sofán. Fotos: SD

Quinta vitoria consecutiva da SD que se consolida na zona de promoción como o equipo máis en forma da categoría. Os de Pablo Torreira non deron opcións ao pechacancelas, e manteñen a terceira praza nunha xornada na que non fallaron ningún dos 6 primeiros. Só o Cidade de Ribeira pinchou sorprendentemente co Escairón e cae 4 puntos por debaixo do Sofán.

Sofán - Arzúa (5-1)

  • Sofán: Gardu; Alexandre (C), Álex, Becerra, Dani; Pablo Parafita, Iván Parafita; Martín, Paulo, Braian e Javi Souto.
  • Goles: 1-0, m.30: Alex; 2-0, m.57: Martín; 3-0, m.65: Paulo Vázquez; 4-0, m.69: Iván; 4-1, m.70; 5-1, m.82: Javi Alvarez.

Vitoria contundente da SD, nun choque que dominou dende o comezo, que lle permite aos de Torreira sumar 3 novos puntos que os asentan en postos de play off de ascenso, a 5 xornadas do final.

Todas as Crónicas da Preferente

Máis info