xoves. 01.05.2025
El tiempo

Xuvenís: Corme e Ponteceso meten un pé nas semis

Xuvenís: Corme e Ponteceso meten un pé nas semis
Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís Relativas sorpresas as vividas nesta ida dos Cuartos da Copa da Costa Xuvenil . Se Cabana e Ponteceso metían un pé nas Semis tras golear a Cabana e Muxía respectivamente, o Cee e o Baio sorprendían vencendo a Xallas e As Pedreiras. Se ben a vitoria dos ceeses en Castriz non é tanta sorpresa, si que é máis a vitoria dos baieses ante o campión dos campións da categoría. Por certo, xa sabedes que o cadro está sempre actualizado en www.copadacosta.com, mesmo xa cos horarios da volta, que se disputa este xoves.  

Cabana - Corme (2-5)

  • Cabana: Dario, Dani, Rubén, López, Ferreiro, Julián, Castro (Simón), Breo (Kevin), Alex, Manhel (Nando) e David.
  • Corme: Lucas, Cristian Garrido, Ángel, Aitor, Martín, Javi, Manu Garrido, Bruno, Samu, Manu Bermúdez e Manu Tasende. Tamén: Fran, Diego, Noel, Roque e Ángel.
  • Goles: 0-1, m.21: Manu Tasende; 0-2, m.27: Manu Bermúdez; 0-3, m.32: Manu Bermúdez; 0-4, m.54: Javi Bermúdez; 0-5, m.55: Manu Garrido; 1-5, m.72: Dani Riegía; 2-5, m.84: Kevin.
Cabana e Corme Xuvenil nas Redondas-Foto-Cabana SD Cabana e Corme Xuvenil nas Redondas-Foto-Cabana SD Saíu demasiado relaxado (e con baixas importantes) o equipo cabanés e cando reaccionou posiblemente xa era demasiado tarde, pois levaba 3 no lombo. O Corme non desperdiciou os erros dos locais e á media hora mandaba cons gtantos de Manu Tasende e Manu Bermúdez. Na segunda melloraron os cabaneses pero xa era tarde, e apenas serviu para maquillar o resultado, deixando aínda moi costa arriba a clasificación para as semis.  

Ponteceso - Muxía (5-1)

  • Ponteceso: Víctor, Luca, Iván Cousillas, Samu, Jorge, Ismail, Eloy, Aarón. Iván Rodríguez, Aday e Loureiro. Tamén: Brais Ceán, Damián, Lucas, Pop e Arturo.
  • Muxía: Hugo, Rodri, Marce, Gusa, Vilela, Tomás, Toja, Cheo, Mario, Xan e Josiño.
  • Goles: 1-0, m.4: Loureiro; 2-0, m.41: Loureiro; 3-0, m.43: Loureiro; 3-1, m.47: Mario: 4-1, m.57: Loureiro; 5-1, m.83: Aarón.
Partido bastante bonito, cun Ponteceso que soubo ter o balón e soubo esperar o seu momento. Comezou mandando o cadro de Gurita, marcaron pronto pero o Muxía ía aguantando, pero dous erros no treito final do primeiro tempo permitían que Loureiro ampliase a renda a 3 goles antes do descanso. Sairon bailando os pontecesáns na segunda, e os muxiáns a morder, e pronto encontraron o gol por medio de Mario, e mesmo se puideron meter na eliminatoria cunha pena máxima que fallaba Josiño. Pero o Ponteceso recobrou o mando e sentenciaron, se ben os muxiáns non dan por perdida a eliminatoria. ”Protestou o porteiro muxián o 5º, ao considerar que foi gol pantasma, pois ademais fixera unha intervención espectacular. “Bruno arruinoume a parada da miña vida”, recoñecía Hugo sobre a decisión do colexiado cormelán, que completou unha moi boa arbitraxe.  

Xallas - Cee (1-2)

Xuvenis do Cee en Muros Os Xuvenís do Cee
  • Xallas: Hadrián, Danis, Pablo, Alberto, Raúl,Juanjo(Chiki), Dibaio, Fran(Grille), Rachon, Thiago e Carlos.
  • Cee: José Carlos, Borja, Rubén Senelle, Hugo, Chema, Rubén Castillo, Isma Márquez, Jon, Samu, Pablo e Xabi. Tamén: Isma, Xavi, David, Adri, Brais Lagoa.
  • Goles: 0-1, m.31: Hugo; 0-2, m.57: Samu de penalti; 1-2, m.67: Rachón de cabeza.
5ª vez que se vían as caras ceenses e xalleiros. Dous equipos que se coñecen moi ben e que non quixeron correr demasiados riscos. Foi unha primeira metade moi igualada, con moita intensidade, pouco fútbol e sen apenas ocasion. Píñase por diante o Cee nun balón parado cun bo remate no segundo pao de Hugo ante a pasividade da defensa verde que non seguiu a marca. Asi iriase o descanso. Na segunda baixou o ritmo, polo cansancio e o calor. Defendía con seguridad o Cee sen sufrir demasiado, nunha contra plantariase na área Isma sufrindo penaltyi, que transformaría Samu. Aí reaccionaría o Xallas e foise arriba con todo recortando Rachón de cabeza un centro de Carlos. Intentou o empate con ímpetu pero non o conseguíu, mentres que o Cee tamén puido deixar sentenciada a eliminatoria se os paus non evitasen o terceiro.  

Baio - As Pedreiras (1-0)

  • Baio: Julián, Iago, Javi Muíño, Gavín, Antelo, Souto, Mohedano, Estefan, Santi Moreira, Regueira e Luís Eiroa. Tamén: Manu Leal, Fuentes, Damián, Cedrón e Ayoub.
  • As Pedreiras: Benjamín, Aarón, Fidalgo, Alex, Kuki, Eloy (Andrade), Iván (Alberto), Jose (David), Yago (Ángel), Diego (Cotelo) e Brais.
  • Gol: 1-0, m.86: Estefan aproveita un mal pase dos defensas e non desaproveita o man a man.
Moita xente tamén o sábado nas bancadas do Platas Reinoso para ver este choque copeiro, nun partido con moita emoción no que pareceu que os actuais campións pensaban gañar sen baixar do autobús (e durmindo pouco polo aniversario dun dos xogadores a noite anterior…). E topáronse cun gran Baio, que está sacando o mellor de si mesmo nesta Copa. Non foi un choque de grandes ocasións, cun cadro carballés intentando controlar e o Baio buscando as contras, pero o cadro local ía medrando co paso dos minutos. Na segunda parte, o Baio intensificou o seu dominio ante un Pedreiras demasiado relaxado que mesmo se veu metido atrás deixando só arriba o seu home-gol Brais. A lesión de Sergio descompuxo un pouco aos locais, que por un momento estiveron algo perdidos, pero axiña colleron o temón e no último cuarto de hora chegaron as mellores ocasións. A máis clara veu dun lanzamento de Estefan que intercepta un defensa e o balón quédalle a Luis, pero o seu lanzamento vaise ao pau. Respondeu o Pedreiras con outra gran ocasión, pero o cabezazo de Brais á escuadra é sacado por Julián nunha excepcional parada. E a continuación chegou o único gol do partido, obra de Estefan, que deixa a sorpresa da xornada para ver que acontece este xoves.  

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Comentarios