Xuvenís: O Ponteceso dá un paso mentres Cee e As Pedreiras protagonizan unha boa batalla
18:00 25/04/17
Fermosa batalla entreCee e As Pedreiras na Copa da Costa Xuvenil-Foto-Sergio Cambeiro 3
Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís
Metía un pé na final o Ponteceso tras vencer no derbi no Cairo. Así, a atención céntrarase o vindeiro domingo nas Pedreiras, onde o cadro de Verdillo e o Cee protagonizarán unha fermosa loita por meterse na final, despois do intenso partido do sábado no San Paio de Refoxos.
A vindeira semana coñeceremos os finalistas, mentres Pedreiras e Xallas esperan á Fase de Ascenso.
Cee - As Pedreiras (3-2)
Foto-Sergio Cambeiro
- Cee: José Carlos, Borja, Senlle, Hugo, Chema, Castillo, Pablo, Jon, Imsa, Samu e Isma Márquez. Tamén: Xabi, Brais Lagoa e Carlos.
- As Pedreiras: Benja, David, Fidalgo, Eloy, Dani, Pazos, Aarón, Alex Cotelo, Verdes, Brais Cancela e Yago. Tamén: Andrade, Rubén, Iván, Alberto e Diego.
- Goles: 1-0, m.18: Isma Márquez; 1-1, m.42: David nun córner; 1-2, m.50: Aarón dende fóra da área; 2-2, m.65: Isma; 3-2, m.85: Isma Márquez.
Foto-Sergio Cambeiro
Calor tremendo no San Paio de Refoxos para acoller un dos grandes partidos da categoría, entre os dous campións da 1ª fase Norte e Sur. Un choque con moita tensión, por momentos demasiada.
O cadro carballés comezaba mandando no balón ante un Cee que deixaba tocar, esperando para saír á contra, intentando aproveitar a velocidade de Samu e dos dous Isma. E nunha desas saídas chegaría o primeiro de Isma Márquez. Antes do descanso chegaría a expulsión do ceense Borja, por ameazar a un rival, e pouco despois o cadro visitante empataría.
Parecía que o choque se puña costa arriba para os locais, sobre todo despois do gol de Aarón dende fóra da área. Pero non se daron por vencidos os de Carlos Pazos que se viñeron arriba. Á contra tivo o equipo de Rudi a sentenza, pero marraron un par de boas ocasións, mentres o Cee conseguíua empatar cun bo gol de Isma, e Márquez facía o 3º a piques de chegar ao final, deixando a eliminatoria de cara, pero moi aberta. O domingo ás 12:00, en Verdillo, partidazo.
Foto-Sergio Cambeiro
Corme - Ponteceso (0-2)
O Ponteceso deu un paso cara ao final da Copa no Cairo
- Corme: Lucas, Aitor, Cristian Garrido, Fran, Martín, Javi, Manu Garrido, Eloy, Samu, Manu Bermúdez e Manu Tasende. Tamén: Noel, Diego, Ángel, Anxo e Roque.
- Ponteceso: Damián, Luca, Iván Cousillas, Samuel, Jorge, Ismail, Eloy, Aarón, Iván Rod., Aday e Loureiro. Tamén: Brais, Víctor, Lucas, Pop e Arturo.
- Goles: 0-1, m.34: Eloy tras unha boa xogada individual; 0-2, m.57: Eloy de penalti cometido sobre el.
Novas relacionadas
- O coristanqués Castro, pichichis das Liga Xuvenís.
- O Fútbol da Costa encheu o Eleuterio Balayo para disfrutar da Selección Xuvenil.
Crónicas das Ligas Xuvenís
- Ida dos Cuartos: Corme e Ponteceso meten un pé nas semis.
- Oitavos #CopadaCosta: Os penaltis, e os porteiros, deciden.
- X.10 (2ª fase): As Pedreiras e Xallas non fallaron e xogarán a Fase de Ascenso á Liga Galega.
- X.9 (2ª fase): O Ponteceso esperará un tropezo de Pedreiras ou Xallas na última xornada.
- X.8 (2ª fase): Xallas e Ponteceso xogaranse acompañar ás Pedreiras na Fase de Ascenso.
- X.7 (2ª fase): As Pedreiras pega o salto.
- X.6 (2ª fase): O Ponteceso cae do póker.
- X.5 (2ª fase): 4 equipos para 2 prazas.
- X.4 (2ª fase): O Cee volve mandar.
- X.3 (2ª fase): As Pedreiras frea ao Cee.
- X.2 (2ª fase): O Cee segue sorprendendo.
- X.1 (2ª fase): Un gol de diferencia.
- X.18: O Outes meteuse na Liguilla dos campións.
- X.17: Cee e Ponteceso celebran os primeiros títulos do curso.
- X.15: Só dúas loitas pendentes.
- X.14: Esteirana, Outes e Corme perderon o barco dos 5 de arriba.
- X.13: O repóker de ases.
- X.12: Contra vento e marea.
- X.11: Non fallou ningún.
- X.10: Ferve o Norte.
- X.9: O Coristanco tamén quere gloria.
- X.8: Cee e San Lorenzo quedan sós.
- X.7: O Coristanco mantén o pulso de San Lorenzo, Xallas e Cee.
- X.6: 5 equipos invictos.
- X.5: O San Lorenzo vai en serio.
- X.4: Collendo posicións.
- X.3: O heroe inesperado.
- X.2: O primeiro derbi da historia carballesa.
- X.1: O San Lorenzo estrea As Pedreiras con goleada.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- O cadro da Copa da Costa sempre en www.copadacosta.com.