Xuvenís: Ponteceso e Cee medirán forzas en Fontenla



Xa temos finalísima desta Copa da Costa Xuvenil 2017. O campo xalleiro de Fontenla acollerá este vindeiro sábado 6 de maio, ás 18:00h, unha das festas do fútbol base costeiro. O Ponteceso sufría para manter a vantaxe sobre un Corme que o deu todo, e se mete por segundo ano consecutivo na final. O ano pasado caía co Xallas nunha de clara cor verde, e este ano terán que poñer branco sobre azul se queren alzar a Copa.
Noutra eliminatoria igualadísima, o Cee puido co poderoso San Lorenzo, o doble campión deste curso. Noutro partido de tremenda tensión, os ceenses metéronse na finalísima.
Sabedes que os resultados das competición copeiras o poñemos sempre nada máis rematar os partidos en www.copadacosta.com.
Ponteceso* - Corme (1-2)

- Ponteceso: Damián, Brais Ceán, Iván Cousillas, Samu, Jorge, Luca, Aarón, Eloy, Iván Rod., Aday e Loureiro. Tamén: Ismail, Víctor, Lucas, Pop e Arturo.
- Corme: Lucas, Cristian Garrido, Ángel, Aitor, Fran, Eloy Villar, Manu Bermúdez, Bruno, Samu, Manu Garrido e Manu Tasende. Tamén: Roque, Martín, Noel, Diego e Javi Bermúdez.
- Goles: 0-1, m.57: Manu Bermúdez; 0-2, m.62: Manu Bermúdez; 1-2, m.86: Iván Rodríguez.
- Expulsión: Iván Cousillas (m.88)
Co 0-2 da ida, chegaba o Ponteceso con clara vantaxe a esta volta das semis da #CopadaCosta Xuvenil. Pero o Corme non deu a eliminatoria por perdida en ningún momento e rozou a final durante moitos minutos. Comezaba o derbi con demasiado respecto, sen demasiado xogo e poucas ocasións pero era o Corme o que tiña máis intención ante un Ponteceso que non daba aparecido polo Pinguel.
Peor saíu o cadro local na segunda, o que aproveitou o Corme para vir arriba. En dúas faltas laterais aparecía o capitán Manu Bermúdez para meter dous tantos practicamente consecutivos que provocarían a prórroga. E aí tivo o Corme un man a man que puido ser o terceiro. Pero foi Damián o que fixo un paradón que vale unha final.
Gurita meteu varios cambios e o cadro pontecesán recuperou o control do partido nos últimos 15 minutos. Conseguía marcar Iván Rodríguez a falta de 4 minutos para o final facendo que o resultado fose o máis positivo do partido para os locais, e deixando aos cormeláns coa mel nos beizos despois do gran partido realizado no campo do eterno rival.
As Pedreiras - Cee* (1-2)
- As Pedreiras: Benja, David Lorenzo, Fidalgo, Eloy, Dani Cotelo, Pazos, Aarón, Iván, Alex, Brais Cancela, e Yago. Tamén: Dani Andrade, Rubén, Alex Cotelo, Alberto e Diego.
- Cee: Carlos, Alex Agulleiro, Rubén Senlle, Hugo, Chema, Rubén Castillo, Pablo, Jon, Isma, Santi, Isma Márquez. Tamén: Xabi, Brais Lagoa, Xavi, Adri e José Carlos.
- Goles: 0-1, m.60: Hugo dende o borde da área; 0-2, m.68: Isma; 1-2, m.86: David Lorenzo.
- Expulsión: José Carlos (m.78).

Chegaba o choque tremendamente igualado a Verdillo tralo 3-2 da ida a favor dos ceeses. Pero nada estaba visto para sentenza. Chovía e facía frío, e os que mellor se adaptaron foron os carballeses, que comezaron dominando os primeiros 45 minutos con rotundidade. Tiveron varias ocasións para abrir o marcador pero non entrou.
Comezaba a segunda metade co mesmo guión pero o Cee era quen de chegar xa á meta rival. En dúas chegadas, un tiro lonxano de Hugo abría o marcador. Tocáballe arriscar aos de Rudi, que se achegaron á meta de Carlos e a piques estiveron de conseguir o empate, pero nunha contra de Isma, o Cee metía unha vantaxe que practicamente senteciaba a eliminatoria.
Xa no treito final, co Cee facendo dano á contra, chegaría a balón parado o único gol para uns carballeses que xa pensan unicamente na Fase de Ascenso.

Novas relacionadas
- O coristanqués Castro, pichichis das Liga Xuvenís.
- O Fútbol da Costa encheu o Eleuterio Balayo para disfrutar da Selección Xuvenil.
Crónicas das Ligas Xuvenís
- Ida das semis: Xuvenís: O Ponteceso dá un paso mentres Cee e As Pedreiras protagonizan unha boa batalla.
- Ida dos Cuartos: Corme e Ponteceso meten un pé nas semis.
- Oitavos #CopadaCosta: Os penaltis, e os porteiros, deciden.
- X.10 (2ª fase): As Pedreiras e Xallas non fallaron e xogarán a Fase de Ascenso á Liga Galega.
- X.9 (2ª fase): O Ponteceso esperará un tropezo de Pedreiras ou Xallas na última xornada.
- X.8 (2ª fase): Xallas e Ponteceso xogaranse acompañar ás Pedreiras na Fase de Ascenso.
- X.7 (2ª fase): As Pedreiras pega o salto.
- X.6 (2ª fase): O Ponteceso cae do póker.
- X.5 (2ª fase): 4 equipos para 2 prazas.
- X.4 (2ª fase): O Cee volve mandar.
- X.3 (2ª fase): As Pedreiras frea ao Cee.
- X.2 (2ª fase): O Cee segue sorprendendo.
- X.1 (2ª fase): Un gol de diferencia.
- X.18: O Outes meteuse na Liguilla dos campións.
- X.17: Cee e Ponteceso celebran os primeiros títulos do curso.
- X.15: Só dúas loitas pendentes.
- X.14: Esteirana, Outes e Corme perderon o barco dos 5 de arriba.
- X.13: O repóker de ases.
- X.12: Contra vento e marea.
- X.11: Non fallou ningún.
- X.10: Ferve o Norte.
- X.9: O Coristanco tamén quere gloria.
- X.8: Cee e San Lorenzo quedan sós.
- X.7: O Coristanco mantén o pulso de San Lorenzo, Xallas e Cee.
- X.6: 5 equipos invictos.
- X.5: O San Lorenzo vai en serio.
- X.4: Collendo posicións.
- X.3: O heroe inesperado.
- X.2: O primeiro derbi da historia carballesa.
- X.1: O San Lorenzo estrea As Pedreiras con goleada.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- O cadro da Copa da Costa sempre en www.copadacosta.com.