Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Liga FS Carballo: O Cervecería O Pazo dá un paso adiante

Liga FS Carballo: O Cervecería O Pazo dá un paso adiante
Liga Futbol Sala Carballo- Alicatados Senaris-DolceCafe-Foto-David Castro

O Tasca A Cunca-Supermercado C&M e o Cervecería Troula marcan o ritmo da Liga Concello de Carballo logo de tres vitorias nos mesmos partidos disputado. As últimas tras golear o Peluquería Este-Oeste (9-3) e o Construccións Maracaná (8-2), respectivamente. O Carnicería Eusebio é terceiro logo de que se suspenderá o encontro que tiña que disputar ante o S2 Informática, equipo que aínda non foi quen de puntuar. O cuarto en discordia é o Asesoría Suárez, conxunto que se atopa a tres puntos da cabeza da clasificación a falta de disputar todos os partidos decisivos.

Na Liga AD Xiria, o Cervecería O Pazo, que venciu ao Construccións Brandón (0-3), segue ao seu e a falta de tres xornadas é líder con catro puntos de vantaxe sobre o Cervecería Ágora, que superou ao Bodegón Trincado por 2 a 4. No outro encontro da xornada, o Dolce&Café levouse os tres puntos tras vencer ao Alicatados Señarís por un axustado 5 a 6, nun partido que puido vencer calquerda dos dous equipos. O Cervecería O Pazo pódese proclamar campión na vindeira xornada si vence ao segundo clasificado ou si empata e o Asesoría Cervantes non é quen de gañar.

Mentres tanto, na competición que leva o nome da Cervecería Beos, confirmouse que o Brasería Caracola e o Talleres Sousa son os equipos que se disputarán o título de liga tras vencer ao SAT Xulián (6-2) e ao Mesón do Pulpo (6-1), respectivamente, deixando a seis puntos ao Deportes San Remo, que caiu sorprendentemente ante o Cafetería Habanos 79 por un claro 0 a 3, e ao Mesón do Pulpo. No outro encontro da xornada, o Dluxe Carballo e o Mar de Menta firmaron táboas (2-2).

Liga Futbol Sala Carballo-Brandon contra o Pazo -Foto-David Castro

As táboas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios