Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Semana feliz para a familia Fisober

Semana feliz para a familia Fisober
As mozas do Fisober conecendo mundo en Tudela

Tocálleba nada menos que viaxar a Tudela esta pasada fin de semana á familia Fisober. E voltaban cunha difícil vitoria a domicilio nun traballado e sufrido partido dos que gusta xogar e ver o espectador. Boa presenza no Ciudad de Tudela cun público local moi metido e combativo.
Mentres na Liga Provincial o o Fisober B emulou o primeiro equipo e tamén gañou a domicilio, acadando algo que non se recordaba en tempo, que os dous equipos gañaran na mesma xornada. Terceira vitoria consecutiva do filial e durmirán na 3ª posición da clasificación ata que se reanude a Liga.

Mentres, o F.S.F. Villa de Cee non podía co potente BeArt 5 Coruña, un dos que estarán arriba, e caían por 1-4 sen aínda coñecer a vitoria. Ademais, o Concello de Ponteceso FSF aprazaba o seu choque co Portosín.

Todo nunha semana moi positiva trala chamada a dúas xogadoras do Fisober para a Selección Galega: A camellá Inés Suárez para a sub-17 e Eva Lema para a sub-21.

Ines e Eva Lema convocadas para as Seleccions Galegas

2ª División Estatal

  • Resultado: RIBERA NAVARRA - FISOBER F.S.F. (5-6).
  • FISOBER: Eva, Patri, Elsa, Inés, Ana; tamén xogaron: Raquel, Noelia e Myrella.
  • Goles: 0-1 Patri, 1-1 Yessi, 1-2 Inés, 2-2 Yessi, 2-3 Myrella, 2-4 Patri (descanso) , 2-5 Noelia, 3-5 Ochoa, 4-5 Yessi, 4-6 Raquel, 5-6 Maju.

Non podían comezar mellor as cousas para as da Costa xa que os tres minutos unha combinación de todo o equipo o primeiro toque acabou con Ana cedendo para que Patri fixera o primeiro gol. O Fisober atopábase cómodo na pista e saía con perigosas contras e tiña as mellores ocasións ante o dominio pouco profundo local. Ós sete minutos de partido unha xogada de saque de esquina a favor das locais provocou a igualada no electrónico. Xogada ensaiada e zurdazo inapelable de Yessi.
Tocáballe remar de novo as da Costa, e a seis para o fin desta primeira metade de novo unha combinación visitante terminaba co balón nos pes de Inés que poñía en vantaxe as súas, marcando o seu primeiro gol da tempada e celebrando desa maneira a súa convocatoria para adestrar ca sub17 galega.
Pouco lle durou a ledicia o Fisober, xa que un minuto despois, de novo un saque de esquina, unha nova xogada ensaiada e outra vez un zurdazo de Yessi igualaba o tanteador. O partido seguía entretido e as visitantes deixaban a impresión de que podían volver a poñerse en vantaxe.
E así foi pouco antes de entrar no último minuto o balón chegou a Myrella , que se estreaba como goleadora na tempada, que regateou a porteira para poñer o 2 a 3 a favor do Fisober. E case sen respirar e aínda sen entrar no último minuto Patri facía o 2 a 4 deixando noqueadas as navarras camiño dos vestiarios.

A saída do tempo de lecer a local Sandra tivo unha moi boa ocasión pero quen golpeou foi a catorce para o fin o Fisober, nunha contra con Patri que rematou co gol de Noelia que tamén se estreaba esta tempada como goleadora. Neste momento cambiou o rumbo do partido. As locais decidiron xogar moito máis intensas e agresivas, o seu público tamén, o que fixo que o Fisober tamén tivera que por o mono de traballo. Comezaron a sinalarse faltas a ambos lados o que presaxiaba que os dobre penaltis poderían ser decisivos.
Mediada esta segunda metade Cristina Ochoa facía o 3 a 5 e dáballe máis emoción o partido. O público local cada vez máis metido dáballe máis intensidade e interese o partido.
A falla de sete minutos de novo un zurdazo de Yessi desta vez de falta, a quinta por certo, apretaba aínda máis o electrónico e poñía o 4 a 5. Só un minuto despois a seis para o fin, a quinta falta das locais, provocaba unha xogada de pizarra do Fisober que remataba co 4 a 6 de Raquel o que daba un certo aire as visitantes. Os últimos catro minutos o Ribera decidiuse polo ataque de cinco para tentar igualar o marcador.
Pouco despois Patri dispuxo dun dobre penalti para senteciar que non aproveitou. O Fisober respostaba ben ante o ataque de cinco e non pasaba excesivos problemas.
E todo puido cambiar a menos de dous minutos para o fin cando Patri roubaba un balón o ataque de cinco e mandaba o balón o pau cando as visitantes xa cantaban o gol. Desas xogadas chave que cambian o rumbo dun partido. E peor se puxo cando case deseguido as locais poñían o 5 a 6 por mediación de Maju a 1:35 para o fin e o conseguinte medo no corpo as visitantes.
Ese último minuto e medio fíxose unha eternidade e máis cando por dúas veces se prantaron as locais ante Eva dende o dobre penalti. Pero nin Yessi a primeira vez nin Sandra a tan solo dez segundos do fin foron capaces de superar a Eva, que tamén estreaba convocatoria para adestrar ca sub21 galega.
A pesar do intenso e disputado partido, o final chegouse cunha excelente deportividade entre as xogadoras de ambos equipos.

Liga Provincial, xornada 4

Imaxe da vitoria do Fisober B ante A BAna
  • Resultado: A BAÑA - FISOBER “B” F.S.F. (0-4).
  • FISOBER B: Anabel, Noelia, Andrea, Paula Fandiño e Laura; tamén xogaron: Alejandra, Natalia, Tamara e María Lijó.
  • Goles: 0-1 Alejandra, (descanso), 0-2 Paula Fandiño, 0-3 Laura, 0-4 Laura.

Do partido pouco que dicir o filial enfrontábase a un dos equipos novatos da categoría A Baña onde milita a súa ex – xogadora María Maroñas. Como dato destacable defenderon a porta local a filla Eva e a nai Celsa. O dominio do balón foi do Fisober B e apenas pasaron apuros en defensa, pero realizaron un frouxo encontro e deberán mellorar en próximas datas nas que entran na parte esixente do calendario. O tempo de lecer chegouse con vitoria pola mínima do filial , grazas a un gol de Alejandra. As locatarias defendéronse ante as embestidas das visitantes.

Na segunda metade chegaron tres goles máis do filial que mellorou un pouquiño a actuación da primeira metade , un obra de Paula Fandiño e dous máis por parte da capitana Laura que se estreaba esta tempada como goleadora.
A vindeira semana a liga descansa e o filial volta a competición o día 9 enfrontándose como locatario o Grupo Work outro equipo cheo de xuventude e que está acadar moi bos resultados.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios