Xoves. 02.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: A Esteirana ten que gañar na última xornada

1ª Autonómica: A Esteirana ten que gañar na última xornada
A Esteirana necesita ganar-Foto-ALba Veloso

Queda unha sóa xornada na 1ª Autonómica, e a Esteirana é a única que se xogará algo. Algo tan importante como a permanencia, pois necesita gañar o último partido ante o Amio, rival directo, no Xosé Luís vara, para seguir por segundo ano na categoría e ademais para non arrastrar a outro equipo da Liga da Costa á 3ª. Todo tras un derbi en Camariñas no que o colexiado restou protagonismo aos verdadeiros actores, os futbolistas.

Polo demais, o Malpica vencía nun choque difícil ante o Bertamiráns B que non lle chega para loitar pola praza de ascenso, xa case en poder dun Arzúa que venceu a un Ponteceso cheo de xuvenís por goleada. Ademais o Baio, xa máis pendente da Copa, caía ante o Sigüeiro, facéndolle flaco favor aos esteiráns.

Uns esteiráns, que xunto co Camariñas, dicían adeus á Copa na xornada do xoves, quedando os Malpica, Baio e Ponteceso nos Oitavos. Precisamente, o Baio-Ponteceso será unha das eliminatorias máis interesantes, así como o Fisterra-Malpica.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Malpica - Bertamiráns B (2-1)

11 do Malpica ante o Bertamirans B-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Abraham, Mario Casal, Adrián, David Castro, Alemán, Andrés (Petís, min.46), Fernando Varela, Juan oBello, Abel (Eloy, min.76), Eloy Cabeza e Óscar Suárez (Víctor Novo, min.87).
  • Goles: 0-1, min.20; 1-1, min.52: David Castro de cabeza a un córner botado por Eloy Cabeza; 2-1, min.80: Eloy Cabeza a pase de Petís.
 Malpica-Bertamirans-B-Foto-Wash-Calvo

Complicada vitoria na casa do cadro malpicán que lle serve para romper unha xeira de 3 partidos sen marcar, e ademais para darlle minutos a varios xuvenís. Os malpicáns tardaron en entrar no partido e a primeira metade foi un “quero e non podo”. Adiantáronse os visitantes e a primeira ocasión local non chegou ata que faltando 10 minutos Juan oBello alcanzou a liña de fondo pero ao seu centro non chegou Óscar Suárez.

Comezaba a segunda metade co gol de David Castro que metía de cheo aos de Baña no partido. Pero sen chegadas claras. Tivo Abraham que salvar ao equipo cunha gran intervención e xa a 10 do final, Eloy Cabeza facía o segundo e definitivo gol.

Jesus-utillero-do-Malpica-ponendo-o-2-1-Foto-Wash-Calvo

Arzúa - Ponteceso (5-1)

  • PONTECESO: Guille, Lorenzo (Martín Puente, min.50), Diego Collazo, Mendieta, Josito (David Brenlla, min.72), Alberto Recarey, Dani Cotelo (Adri, min.80), Dieguito, Youseef, Yago (Ismail, min.67) e Nando.
  • Goles: 1-0, min.14: tras un balón ás costas da defensa; 2-0, min.32: de falta rebotando na barreira; 3-0, min.33; 4-0, min.47; 5-0, min.70; 5-1, min.81: Alberto Recarey de penalti cometido sobre Mendieta.

Chegaba o Ponteceso para enfrontarse a un potente Arzúa que se xogaba a posibilidade de conseguir a segunda praza, e saíu o campo a por todas. Un medio campo moi traballador e con moita calidade, que non deron opción aos de David Velo. Pronto encarrilaron o choque é a media hora xa estaba sentenciado.

Moitos minutos para os xuvenís, que seguen rodándose, e o gol da honra, de penalti xa a 10 para o final.

Imaxe do partido de copa do Ponteceso co Coristanco-Foto-David Castro

Camariñas - Esteirana (1-2)

  • CAMARIÑAS: José Luís (Pablo, min.33), Santi, Snacky, Antelo (Brais, min.54), Moriño, Brais Triñanes, Martín Tajes, Sule, Conguito (Sergio, min.70), Fabi (Wii, min.55) e Borja.
  • ESTEIRANA: Manu, Codesido (Adrián, min.70), Simón (Varela, min.46), Rafa, Dani Rama, Andel, Pabliño, Serrano, Alex, Kike e Rober Pladur (Eloi, min.83).
  • Goles: 0-1, min.40: Kike co pé tras centro desde a esquina de Rober. 1-1, min.68: Borja de penalti; 1-2, min.82: Adrián tras rexeite do porteiro ante unha boa falta de Kike.
  • Expulsións: os camariñáns Martín Tajes (min.33) e Moriño (min.75) e o o central da esteirana Rafa no min.66.

Derbi costeiro que tivo a un árbitro como protagonista, e que deixa á Esteirana un pouco máis preto da permanencia. O colexiado estivo demasiado riguroso cando se dirixían a el, e foi perxudicial para ambos equipos, pois as expulsións foron anecdóticas nun encontro sen polémicas, moi limpo e discurriu con cordialidade tanto entre os xogadores como as afeccións, pero que rematou con 19 xogadores sobre o campo.

No deportivo, vitoria importantísima da Esteirana que se xoga toda a permanencia no seu campo o vindeiro domingo na última xornada. Pola outra banda estaba un Camariñas con moitos xuvenís, que plantou moita cara e xogou de ti a ti ante un equipo visitante que xogou tenso e agarrotado ante as necesidades.

No primeiro tempo, partido sen ocasións, namais destacar unha falta de Kike con boa parada do gardamallas e o posterior gol seu, xusto antes do remate do primeiro tempo.
Na segunda parecía que dominaban os locais, pois tiñan un máis no campo, situación que se igualou cun penalti dubidoso e coa expulsión do xogador que o cometeu. O empate espabilou á Esteirana que probou en dúas boas oportunidades a portería rival, obtendo boa resposta do porteiro. Este lesionouse na parte final e aí, tamén coa expulsión de Moriño se botou a polo triunfo os de Esteiro. E así foi, cun gol de tras non atallar o porteiro unha falta. De aí ata o final foron inexistentes as ocasións e o fútbol.

Baio - Sigüeiro (0-2)

  • BAIO: Manuel, Fachal, Yago (Eloy, min.46), Fredi, Alberto II (Mario, min.57), Jose, Norber, Bieito, Rubio (Alberto, min.57), Christian (MC, min.46) e Canay.
  • Goles: 0-1, min.69; 0-2, min.73.

Non puido este Baio cheo de novidades, xa pensando na Copa tras unha temporada espectacular. Os baieses saíron intentando facer un favor aos veciños do sur, pero sucumbiron ante un Sigüeiro no que a necesidade fixo moito para levar o partido por garra.

Tras unha primeira metade de dominio local, inerte, unha “páxara” no ecuador da segunda foi clave para que os visitantes levasen o encontro. Dous tantos en apenas 4 minutos daban co partido e deixan aos santiagueses a 1 só punto da Esteirana, pero que non implica que os baieses vaian perder a meritoria 6ª praza.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios