1ª Autonómica: Dúas Ligas e dúas sortes

Clara demostración foi esta xornada 23 das dúas ligas nas que están os equipos costeiros na 1ª Autonómica. E proba das dúas liñas foron os partidos do Malpica e do Camariñas. Ambos eran choques de empate a 0, pero a sorte que lle acompaña ao Malpica non o fai co cadro camariñán.
O que tamén caía, e con rotundidade, era o Ponteceso ante un Villestro moi superior, e ambos seguen vendo a salvación a, alomenos, 4 puntos.
Mentres, derrota dura da Esteirana, e vitoria sufrida do Baio, que os deixan aos dous na metade da táboa, os esteiráns mirando cara abaixo e o Baio cara arriba.
Piloño - Malpica (0-1)

- MALPICA: Pombo, Adrián, Mario Casal (Eloy Cabeza, min.82), Alemán, David Castro, Andrés (Abel, min.60), Neucha (Juan Carlos, min.55), Cheo, Óscar Suárez (Martín Maradona, min.69), Ismael, Fernando Varela.
- Gol: 0-1, min.90: Alemán dende o borde da área aproveita un rexeite da defensa a un centro de Eloy Cabeza dende a esquerda tras un balón recuperado no medio campo.
Partido igualadísmo en “O Carballón”, con moito xogo no medio campo e apenas ocasións. Un partido que case estaba abocado ao empate a ceros cando no último minuto (aparte o desconto) o defensa despexou mal o balón e deixoulle o balón franco a Alemán, que estaba preto do porteiro e marcou.
Antes, na primeira mitade xa houbo un man a man de Fernando Varela contra o porteiro pero non pudo sobrepasalo, ao igual que unha acción na que Pombo tivo que facer un paradón a "bocajarro".
Na segunda parte pasou o mesmo, apenas un par de chegadas, nunha escapada de Martín Maradona que, cando chegou as inmediacións da portería, tirou e o porteiro chegou a tapar e frenar o balón (estaba tamén sólo Juan Carlos oBello, en posición franca de remate). Pero tamén Pombo se tivo que lucir nun par de balóns moi perigrosos que o fixeron lucirse.

Esteirana - Unión (0-3)

- ESTEIRANA: Rubén, Codesido (Juan, min.78), Dani, Serrano, Sui, Pabliño, Alex (Varela, min.68), Andel (Adrián, min.46), Róber Pladur, Kike e Simón (Josiño, min.46).
- Goles: 0-1, min.31: balón que vén en saque de banda e tras mal despexe introduce en propia a defensa local; 0-2, min.47: centro a media altura desde a dereita que remata en prancha no primeiro pau; 0-3, min.65: falta lateral, rematada sen oposición de volea.
Non se sobrepón a Esteirana a unha segunda volta con malos resultados. Aparecía esta semana, un Unión que deixou moi boa impresión en Esteiro, e tamén un acerto inmaculado, pois as ocasións (non así o xogo) foron ben aproveitadas.
Viuse nos primeiros minutos que non era o partido da Esteirana, moi imprecisa e con demasiadas dificultades na posesión do balón, isto fixo que se viñera arriba o Unión e chegara maiormente a balón parado nestes primeiros intres. As sacudidas dos esteiráns eran abortadas polo porteiro local sen problemas. O autogol dos locais no minuto 30 foi o momento clave, xa que parecía confirmar que hoxe non era o seu día.
Por se non fose pouco, na saída da segunda metade, os de Asados marcaban tras saír ó campo e xa rachaban o partido. Contra este pau non puido loitar a Esteirana que aguantou o resto do encontro tratando de poñer remedio a este resultado, non obtendo o proveito desexado. Anotaban outro máis os visitantes, e tras este gol sí dispuxeron os locais dúas ocasións para marcar, pero tal e como reflexa o marcador, sen completar.
Floxo partido da Esteirana, que nesta segunda volta, non ten a sorte de cara.
Flavia - Camariñas (1-0)
- CAMARIÑAS: Pablo, Brais (Fabi, min.50), Sergio, Rodrigo (Saviola, min.80), Sule, Moriño, Pirucho, Mario Toja (Asier, min.70), Yuyo e David (Conguito, min.60).
- Gol: 1-0, min.50.
- Expulsión: Martín no min.89.
Partido destinado ao 0-0, pero ultimamente sempre caen para o mesmo lado, neste caso para o lado contrario ao Camariñas. Apenas unha ocasión clara tivo o cadro padronés ao comezo da segunda e a aproveitou, mentres os de Berto tiveron o empate pero non o conseguiron.
Baio - Cordeiro (3-1)
- BAIO: Manuel, Fachal, Ramón, Yago, Eloy, Norber, Martín (Santi Díaz, min.85), Rubio (Alberto, min.75), Bieito, Christian (Canay, min.57) e MC (Fredi, min.87).
- Goles: 1-0, min.25: Rubio; 1-1, min.47; 2-1, min.55: MC; 3-1, min.60: Martín.
Gran partido do Baio que tirou de fortaleza e oficio para desfacerse do Cordeiro e poder seguir mirando cara arriba na táboa. E non o tivo fácil, pois o cadro visitante reaccionou ás embestidas locais e non decaeu ata o primeiro cuarto de hora da segunda metade. Tras un comezo igualado, o Baio foi mellor no segundo ecuador da primeira e Rubio abría o marcador.
Pero a segunda comezaba co tanto do empate, e aí foi cando chegou a rápida reacción dos baieses, que en 5 minutos colocaban o 3-1 no marcador cos tantos de MC e Martín, deixando o choque sentenciado.
Villestro - Ponteceso (5-1)
- PONTECESO: Guille (Dani Santos, min.47), Diego, Dani Cotelo (Youssef, min.75), Javi Peón, Nando (Adrián, min.80), Josito, Alberto Recarey, Martín Puente, Bolón (Jorge, min.80), David e Dieguito.
- Goles: 1-0, min.6: dende a frontal; 2-0, min.8; 3-0, min.52: cun balón ás costas da defensa; 3-1, min.60: David Brenlla de cabeza a unha falta Alberto Recarey; 4-1, min.70: tras malos despeixes da defensa; 5-1, min.89.
- Lesión: Guille acabou no Hospital tras un golpe e varios mareos.
- Expulsión: o pontecesán Jorge.
Gran equipo o Villestro, demasiado para un Ponteceso moi noviño e moi mermado. Moi ben prantado, xogado de memoria e moi armado o cadro local que xa desarbolaba en 10 minutos, cun ritmo espectacular, aos pontecesáns, adiantáronse por partida doble, e case que matando o partido.
Arrincaba a segunda metade cun novo gol local, e a pesar do fermoso tanto de David Brenlla, non tivo opcións de meterse no partido o equipo de Velo, que espera mellores ocasións para saír do pozo.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Preferente: Soneira e XSC seguen naufragando.
- Resultados e análise da xornada silenciosa do Fútbol costeiro.
Artigos relacionados
- A bitácora da semana (CCXLVI): O blog do CD Baíñas.
- #Regateegol: Videoentrevista de Anxo Garrido con Manu Guillamet.
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Colabora blog do Malpica de Luís Porto.