Venres. 17.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Máis claridade por arriba e por abaixo na Liga da Costa

2ª Autonómica: Máis claridade por arriba e por abaixo na Liga da Costa
Van quedando Ponteceso e Camariñas sós na parte alta da táboa. A vitoria dos camariñáns ante o Club do Mar abre unha fenda máis e máis grande que xa é de 11 puntos.</p> Por abaixo as cousas se complican máis para os Porteño, Carnota e Vimianzo. A derrota do Vimianzo e o empate do Carnota, déixaos afundidos, mentres que o Porteño perdía unha boa oportunidade de amarrar ao Pindo, e queda a 6 puntos do equipo carnotán e do Corme. E imos ver as crónicas, non sen antes botar unha ollada á Crónica de Alberto Pose sobre a unión dos equipos da Costa.

Baio - Carnota (3–3)

  • Baio: Manuel, Matías, Eloy, Fredi, Ramón, Canai (Beito, min.80), Mario, Fachal, Alberto, MC (Canario, min.70), Jorge.
  • Carnota: Peipo, Nico Capi, Gabri (Urko, min.46), Pedro (Deme, min.80), Tono da Caixa, Joselu, Miguel Beiro (Manolo Chousa, min.70), Oliver, Casti, Nico Alvarado, Andrés.
  • Goles: 1-0, min.17: Canai; 1-1, min.33: Miguel Beiro con rosca dende o lateral; 1-2, min.36: Andrés de volea dende fóra da área; 2-2, min.40: Canai tras unha boa xogada de MC; 3-2, min.75: Canai; 3-3, min.89: Oliver.
Partido cheo de goles no Pratas Reinoso. Empezou o Baio intentando xogar ao fútbol, i é que que Tono intenta que o seu equipo toque e toque a pesar das numerosas baixas. E Canai adiantou aos locais. Pero dous erros da defensa baiesa deu vida ao Carnota que puxo alternativas claras e demostrou que ese non é o seu posto. Anulou a vantaxe Canai antes do descanso tras os tantos de Miguel Beiro e Andrés, e el mesmo puxo en vantaxe aos locais a falta de 15 minutos. Sacou de garra aí o equipo de Nito, pero non foi capaz de darlle a volta ao marcador. Oliver marcou o tanto do empate que non soluciona a complicada posición dos carnotáns.

Camariñas - Club do Mar (3-0)

  • Camariñas: Pombo, Ogando (Alejandro, min.75), Breo, Maikel, Antelo, Moriño, De la Sierra, Brais, David (Adrián, min.70), Mané (Javi, min.46), Juan oBello (Gabriel, min.80).
  • Club do Mar: Borja, Chori, Luís Lareo (Juan Lareo, min.60), Chechu (Alberto, min.40), Fran Borrazas (Isaac, min.80), Mariano, Repi, Corral, Alberto Carro (Brais, min.46), Jacobo, Pablo Piñeiro.
  • Goles: 1-0, min.44: Juan oBello coa axuda dun defensa tras unha gran xogada persoal; 2-0, min.50: Javi de cabeza a unha falta lateral botada por Ogando; 3-0, min.55: Brais tras unha boa xogada pola esquerda.
  • Lesión: Chechu cun pinchazo.
2º contra 3º enfrontábanse no Hermanas Patiño nun encontro clave para o desenvolvemento da liga. E o Camariñas venceu con claridade, malia que non tanta como reflicte o marcador, pero no que o Camariñas foi máis eficaza cara gol. A primeira parte foi un toma e daca constante, cun pouco máis de control mesmo do cadro visitante, pero sen profundidade. A clave do choque foi que o Camariñas marcou en momentos clave. Juan oBello marcou antes do descanso. O gol, ademais da bronca de Manolín, que pedíu no vestiario que para defender dando un paso adiante, e non un paso atrás, afianzaron a moral camariñán. Con todo, o Club do Mar foi o controlador do balón, cun Camariñas que buscaba ás contras. A partir do min.60 o Club do Mar centrou o xogo sobre Repi e controlou durante 20 minutos o balón con algunha ocasión clara e marrada. Tamén os camariñáns fallaron nos pés de Juan oBello, Javi, Moriño dende o borde que sacou Borja, ou de Brais. Continúa a mala racha do equipo caionés que dende o primeiro encontro da primeira volta non coñece a vitoria.

Ponteceso – Corme (2-1)

  • Ponteceso: Norberto, Fabián, Mato (Velo, min.56), David, Dani Pallas (Charro, min.40), Tucho, Pablo Vázquez, Toniño (Adrián, min.78), Bolón, Alfredo (Nando, min.56), Luisete.
  • Corme: Suso (Javi, min.75), Yoshua, Adolfo, Abel (Dani, min.80), Pandi, Lelo, Lente, Alejandro, Martincinho, Lucas, Iago (Pipo, min.88).
  • Goles: 1-0, min.58: Luisete de penalti sobre Toniño; 2-0, min.77: Charro a pase de Toniño, 2-1, min.90: Alejandro.
150 espectadores o Pinguel para ver o derbi pontecesán. E foi un encontro bastante apretado, moito máis apretado do que reflicte a clasificación. E de feito, de non ser por San Norberto, o encontro non quedaría no bando local xa que o Corme deixou unha gran sensación no campo, e deixando claro que se pode facer fronte ao todopoderoso Ponteceso con 6 xuvenís e ata un cadete de 15 anos no 11. O meta local parou ata 2 penas máximas, que nin Iago nin Pandi foron quen de transformar. O equipo de Suso da Torriña moveron mellor o balón, e chegaron con máis claridade ante un dos peores encontros do Ponteceso en toda a campaña. As contras cormelán eran perigosas pero sen chegar a gol. Pola outra banda, Toniño, e gran estado de forma, si creaba perigo, e tras unha primeira metade sen demasiada chegada só Toniño tivo unha ocasión, ademais do primeiro penalti. Na segunda, Toniño forzaba o segundo penalti da tarde, que si transformaba Luisete. Co 0-1, Norberto parou o segundo penalti, desta volta a Pandi. Charro puido sentenciar, e Iago tamén marrou diante de Norberto un man a man. Charro fixo o segundo e o Corme só puido recurtar no último minuto a base de brega e casta. Pero non puido chegar o empate, que desta volta, sería máis xusto.

O Pindo - Porteño (2 -1)

  • O Pindo: Garrido, César, Pulpo, Juan de Dios, Miguel de Lira (Mateo, min.70), Piquero, Borja (Fran, min.60), Edu (Diego León, min.75), Víctor (Hugo de Dios, min.75), Aitor, Rivas.
  • Porteño: Asiel (Santi, min.32), Manu, Martín, Roi, Rubén, Quilmes, Brais, Ismael, Iago Sestayo (Piti, min.59), Varela (Astu, min.70), Iago (Iván, min67).
  • Goles: 0-1, min.55: Brais de vaselina tras un centro de Varela; 1-1, min.60: Pulpo; 2-1, min.81: Fran a pase de Hugo de Dios.
  • Lesión: o meta da Ponte Asiel, que tivo que abandonar o campo con un golpe nun xeonllo que o facia ir por urxencias.
Partido vital para os dous conxuntos no que a tensión impediu que se vise un bo espectáculo. Apenas houbo xogo e O PIndo estivo máis acertado nun choque no que un empate sería moito máis xusto. O encontro comeza mal para os visitantes, que perdían ao meta Asiel cun golpe no xeonllo. Antes tivera tempo o Porteño de fallar un penalti que Garrido, o mellor sobre o céspede, lle parou a Iago en dous tempos. No resto do primeiro tempo foi o Porteño o que levou o peso do encontro, pero Garrido anulaba accións de Brais, Astu ou Iván. Protestaron os visitantes unha rectificación do colexiado tras un tanto de Ismael. Os visitantes puxéronse por diante á volta do descanso e O Pindo tivo que abrirse e Pulpo empataba tras un mal rexeite de Santi a unha falta lateral. O 2-1 chegaría no min.89 despois dun contragolpe do Pindo que leva Hugo e cede o balón a Fran que o acompañaba para que marcase o gol a portería baleira. Partido malo no que empate o meu ver sería o resultado máis xusto.

San Lorenzo – Sofán (0-0)

  • San Lorenzo: Recarey, Ivan Rey, Adrian (Fabián, min.70), Puñal, Casillero, Cachizo, Dubra, Alexandre, marcos Cancela (Eloy, min.60), Quillo (Fuentefria, min.80), Javi Pensado (Anxo, min.84).
  • Sofán: Alex, Roberto Souto, Pensado, Juanjo, Juan Rabuñal, Mario, Pizo, Adrian (Jacobo, min.70), Miniño (David Pensado, min.61), Bertin e Luisito.
Ambientazo con máis de 250 persoas para ver o derbi carballés. O encharcado campo de Verdillo condicionou o choque, pero así e todo tivo momentos bonitos. Foi un encontro moi igualado. Bertín tívoa de cabeza para os visitantes e Marcos Cancela para os locais, pero ningún dos dous acertou. A parella de centrais do San Lorenzo foi fundamental para que durante a segunda a SD Sofán non variase o marcador. Luisito foi o que máis claras ocasións tivo pero a cruceta nunha ocasión á unha falta directa, e Recarey nun man a man impediron a vitoria visitante.

Malpica – Dumbría B (2-3)

  • Malpica: Suso; Charly, Casais, Víctor, Iago, Andrés, Neucha, Cheo, (Ismael, min.7), David Blanco, Manu Pardo, (Miguel Dourado,, min.46), Eloy.
  • Dumbría B: Anxo; Tantán, José Manuel, David Carreira, Pablo Lestón, (Carlos,, min.90+2), Jesús, (José Carreira, m.37), Ramiro, (Pablo Casais,, min.63), Fernando, Poyo, Sergio Cives, Pablo Muíño.
  • Goles: 1-0, min.30: Neucha de falta pola escuadra. 1-1, min.45+1: Miguel Poyo dende lonxe. 1-2, min.55: Pablo Muíño tras combinar con Miguel Poyo; 1-3, min.64: Pablo Muíño que rouba no centro do campo e marca tras sortear a defensa e porteiro local; 2-3, min.90+4: Neucha.
  • Expulsión: o meta dumbriés Anxo por perder tempo e o adestrador César Ferrío.
  • Lesión: Cheo recaeu dun pinchazo.
Gran racha do Dumbría B que con 4 encontros seguidos vencidos se coloca 7º con 38 puntos. Os de Ferrío venceron en Malpica nun partido cara a cara. Constantes alternativas tanto no marcador como en ocasións, no que o Malpica mantiña algo máis o control do balón pero o Dumbría era o que metía máis medo. Pablo Muíño erixiuse de novo como heroe visitante, moi ben escoltado por un Miguel Poyo tamén en forma. Neucha foi executor, pero foi en balde, dos malpicáns. Houbo polémica tamén. O colexiado sinalou por dúas veces sendos libres directos por suposta perda de tempo do meta local Anxo con balón en xogo. As protestas do meta ante o exceso de celo ao aplicar a regra dos 6 segundos propiciou a súa expulsión e a do míster Ferrío, e o colexiado tivo que pedir a presencia da Garda Civil para continuar o choque.

Esteirana - Vimianzo (2-0)

  • Esteirana: Benancio, Mingos (Roi, min.80), José Varela, Dani Rama, Suizo (Maxi, min.75), Pepe, Andel (Simón, min.70), Adrián, Roberto Pladur, Adelino, Cajulo (Iago, min.60).
  • Vimianzo: Damian, Amarelle, Riveiro, Camilo, Maikol, Lagoa, Martin, Iván de Baiñas (Sergio de Dumbría, min.80), David Pose (Dieguiño, min.65), Aran (Manacas, min.70) e Sergio Vilaseco.
  • Goles: 1-0, min.25: Adelino; 2-0, min.70: Adrián
Partido moi tranquilo ante 200 seareiros, onde o Esteiro puxo as gañas e o Vimianzo só aguantou 25 minutos, cando un erro de Riveiro na área pequena deixaba o balón franco para que macaran os locais. O Vimianzo intentaba saír co balón xogado pero non tiña profundidade Na segunda parte saíron os visitantes con intención de darlle a volta ao marcador e Riveiro aos 10 minutos tivo a mellor ocasión do partido rematando un centro da banda dereita, o porteiro esteirán luciuse na parada. A contra azulgrana sentenciaron o choque.

Fisterra – Buño (0-1)

  • Fisterra: Joselu, Julio, Roberto (Juan), Senra, Rodri (Tati), Piti, Roco, Ico, Guardiola, Roa, Dudo, Manoliño.
  • Buño: Brais, Angel, Lolo, José, Oscar, Fernando, Diego, Dourado (Rubén, min.75), Juan (Pardiñas, min.75), Berti (Emilio, min.65), Víctor.
  • Gol: 0-1, min.55: Víctor de cabeza a unha falta de Angel.
Unha de cal e unha de area en Ara Solis. Os fisterráns querían tranquilizar o ambiente cunha vitoria pero deixaron que o Buño marchase con 3 puntos que serven de auténtico bálsamo para os malpicáns. O equipo local tocou o balñon coma sempre, i é que dende o medio para arriba o equipo ten moita calidade, pero se cadra falta algo de profundidade. O Fisterra controlou e atacou, e o Buño aguantou buscando á contra e levou os 3 puntos vitais tras unha xogada con varios rexeites. A ultima media hora foi de asedio fisterrán pero sen demasiadas ocasións, e con falta de "mordiente". E o Buño estaba moi ben plantado e moi serio. Cómpre destacar dúas novas fichaxes. Debutou Dudo no bando fisterrán, procedente do Corcubión onde as diferencias co míster Manín foron insalvables. Ademais, debutou tamén a nova fichaxe no Buño, recén chegado do Sofán, Oscar.

Castriz - Muros (2-1)

  • Castriz: Diego, Chinda (Bruno, min.68), Álex, Toniño, Sergio Pose, Dani, Alberto, Rubén (Ovidio, min.72), Sebas, Óscar Suso (Martín Ríos, min.80)
  • Muros: Lupi, Manu Dosil, Mayuyo, Gael (Teo, min.80), Iván Cerilla, Dani Corniños (Gelo, min.77), Bibi, Varito (David, min.85), Óscar Maema (Seluco, min.55), Sexo, Toni.
  • Goles: 1-0, min.70: Suso; 1-1, min.80: Toni; 2-1, min.90: Ovidio tras unha xogada de Oscarín.
Partidazo o que se viviu o sábado en Castriz entre dous dos mellores equipos do segundo treito da competición. Castriz e Muros puideron quedar cos 3 puntos pero os de Huelvis tiveron a sorte de cara e marcaron no último segundo cando Ovidio fixo o gol da vitoria tras un xogadón de Oscarín. O encontro desenvolveuse seguindo os estilos de ambos equipos. O Castriz máis serio e firme, e o Muros intentando ter máis o balón e tocar. Non se moveu o marcador ata os últimos 20 minutos, que fron de infarto e viviron 3 fermosos tantos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios