Xoves. 09.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Pendentes da promoción

3ª Autonómica: Pendentes da promoción
Laxe-Lira-Foto- Santi Diaz

Celebrou o título de campión da 3ª o Independiente sen necesidade de xogar. I é que o Alcaián non deu xuntado 11 xogadores e non se presentaba. Os carballeses rematan unha liga espectacular, sen perder dende a xornada 13ª, precisamente ante un Porteño que pechaba con goleada outra campaña para lembrar. Ambos serán equipos da 2ª o ano que vén.

E esperan para saber quen sobe con eles, pois todo queda pendente da promoción, da que se saberán os detalles esta mesma tar de luns, cunha reunión na Federación das Fases de Ascenso de 1ª, 2ª e 3ª.
Xa sabemos como serán os choques, iso si, entre Cerqueda - Soneira B e Laxe - Camelle, empezando na casa do que acabou por abaixo. Os partidos serán seguramente o domingo unha vez que xa están adiantando ao venres os choques da Copa, pois é imposible darlle descanso unha vez que os equipos están coxos de efectivos.

Laxe - Lira (2-1)

Laxe-Lira-Foto-SAnti Diaz Asi acabou o liracho Santi o choque ante o Laxe
  • LAXE: Diego, Aarón, Samuel xuv (Naya, min.80), Jacinto, Pailos (López, min.46), Borja, Adrián (Roi, min.55), Mandi (Djamel, min.55), Saleta, Samuel, Carrabete.
  • LIRA: Andrés, Santi, Manolo, Pelexo, Cristian, Miguel do Caracho, Iago, Demetrio, Suso Perico, Fran Perico, Germán. Tamén xogaron: Saúl, Mingos e Suso Patachín.
  • Goles: 0-1, min.10: Iago; 1-1, min.16: Samuel de falta directa; 2-1, min.40: Carrabete.
  • Expulsión: o liracho Cristian ao comezo da segunda metade por protestar tras unha falta ao seu favor.
  • Lesión: Santi tras un forte golpe contra o banco.

Comezou mellor o Lira, con varias ocasións, e marcando por medio de Iago. Pero empatou de contado o Laxe e cambiou o conto cun cadro local máis incisivo. Na segunda, moitos cambios, menos ritmo e menos ocasións. Protestaron os lirachos a actuación arbitral, que mesmo suspendeu o partido a falta de 5 minutos a pesar de que na acta puxo que rematou o partido.

Con moitos tocados afronta o Lira a Copa ante o Baio, o venres ás 19:00. Pero tamén con en algunha alta, como José de Atalaya, fisterrán ex do Corcubión, e Josiño, que volve do Volantes ao Lira.

Soneira B - Castrelo (1-0)

  • SONEIRA B: Martín, Pichón, Alberto (Iván Chans, min.60), Roi, Chuchi, Félix (Quilmes, min.60), Curra (Borja, min.46), Jemisa, Cristian Canosa, Fer (Espi, min.46), Wii.
  • CASTRELO: Roberto, Estevo, Gus, Felipe, Bolli, Kevin, Manolo, Edreira, David, Conexo, Germán.
  • Gol: 1-0, min.35: Fer de tiro colocado ao pao.

Derbi aburrido, xa case que sen gañas de xogar, cun Soneira B pendente da promoción e un Castrelo desexando que rematase esta primeira temporada. I é que como a moitos equipos, ó final da campaña os planteis, que comezan con overbooking, van quedando frouxos e mesmo tiña que comezar con dous porteiros no 11 titular.

Aínda así, o Castrelo aguantou moi ben armado atrás, cun Soneira con moita posesión, pero sen chegar demasiado a gol. Fer anotou o único gol do partido e na segunda tiveron os do Castrelo, arroupado coma sempre pola súa incombustible afección, un par de ocasións para empatar.

Camelle - Coristanco (1-0)

  • CAMELLE: Porrúa, Carlos de Dido, Valiña (Puri, min.50), Coruña, Javi Rañal, René, Varu, Tonsón, Tedín, Sergio, Mario.
  • CORISTANCO: Brais, Jonathan, Iván, Marcos, Rubén, Torreira, Cancela, Magovi, Adrián, Navarro, Gonzalo (García, min.55).
  • Gol: 1-0, min.77: Carlos de Dido de cabeza nun córner.

Partido en clave de pachanga xogado no Rodeiro pois na ida cambiaran a orde polo mal estado do campo camellán. E foi un choque igualado cun Coristanco que prantou cara ao Camelle, xa pensando na promoción. Magovi un man a man ao comezo da segunda metade e tivo para igualar Adrián un par de ocasións contra o final, mentres que o Camelle puido ampliar por medio de Tonsón, que mandou un balón ao pao.

O Camelle recuperará efectivos para a fase de ascenso, pero contará coas baixas de Matías e Riveiro por sancións. Queren desfacerse da súa besta negra, un Laxe que lle leva 5 partidos gañados nos últimos anos.

Acaba con bo sabor de boca, a pesar da derrota, o Coristanco, unha temporada convulsa despois da revolución de Rochiccioli a metade de temporada que deixa un equipo coa xuventude como protagonista. De feito, boa parte do plantel son xuvenís, polo que alomenos o futuro está asegurado.

Nantón - Ameixenda (2-4)

  • NANTÓN: Ernesto, David, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Dani, Luís, Martín, Cachi. Tamén xogaron Iván, Rubén, Carlos Santos.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Grille, Rioliño (Demetrio, min.46), Mateo, Bruno (Mito, min.70), Javichu, Alex, Javier, Borja, Álvaro (David, min.46).
  • Goles: 1-0, min.2: Borja; 0-2, min.23: Mateo; 1-2, min.30: Luís; 1-3. min.35: Mateo de falta; 2-3, min.42: Carlos Vidal tras unha boa xogada de Luís; 2-4, min.60: Mateo.

Partido intenso e disputado nas Fontiñas con dous equipos empatados a 45 puntos, que se xogaban o 7º posto. A tónica xeral do partido foi a eficacia goleadora do Ameixenda que aproveitou as ocasións que tivo; e por el contrario a falta de acerto do Nantón que marrou múltiples e claras ocasións de gol.
O Ameixenda adiantouse nada máis empezar o partido cun golazo dende fóra da área de Borja que entra na portería local tras pegar no pau. Aos 10 minutos o dianteiro do Nantón, Luís, recibe un balón en profundidade, regatea ó porteiro e cando se dispón a marcar a portería valeira o balón bota mal e o disparo sae fóra.

No minuto 23 o Ameixenda pon terra de por medio tras unha xogada cunha serie de rexeites na área que acaba co 0-2, gracias ao oportunismo de Mateo. Tres minutos despois Luís volve a realizar unha boa xogada, desfacéndose do seu par na liña de fondo e poñéndolle o balón franco a Cachi que, dende a área pequeña dispara por encima do longueiro con toda a portería para el. Á media hora de xogo Luís consigue conectar un remate á saída dun córner para recortar distancias, 1-2. Pero durou pouco a alegría local xa que 5 minutos despois o Ameixenda pon o 1-3 cun gol de falta de novo de Mateo dende 30 metros, no que Ernesto non está moi acertado. Non se veu abaixo o Nantón que no minuto 42 volvía a recortar diferencias cun golazo de Carlos Vidal tras unha boa xogada de Luís, 2-3. E volvería a tela o Nantón no 45 cando Cachi se planta solo na área e ante a saída do porteiro intenta unha vaselina que sae fóra por moi pouco. Con esa xogada chegouse ó descanso.

Nada máis empezar a segunda parte o Nantón avisa cunha dobre ocasión: primeiro Carlos Vidal remata a escuadra e, no posterior rexeite, Luís dispara ó lateral da rede. Na xogada seguinte o Ameixenda consigue o definitivo 2-4 cun maxistral saque de falta que supera a barreira e entra pegadiño á base do pau sen que Ernesto poida facer nada. A pesares do resultado o Nantón tivo numerosas ocasións darlle a volta ao marcador, por medio de Félix, Luís, Carlos Vidal, Cachi, ou Iván. Pola contra, nos minutos finais o Ameixenda tivo dúas boas ocasións para ampliar a renda que resolveu ben Ernesto.

Tamén houbo xogadas polémicas, xa que o Ameixenda reclamou dous penaltis por mans de David e Diego, o primeiro parece man involuntaria, pero o segundo parece penalti claro. O Nantón pola súa parte, reclamou dous fóra de xogos que acabaron en gol, aínda que non se pode falar de gol anulados porque o árbitro pitou antes de marcar.
Todo no partido que viviu a retirada do cabanés Rubén.

Porteño - Baíñas (6-0)

  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Sestayo (Parga, min.65), Maikol, Óscar, Iago, Mario Toja, Yuyo, Cousillas (Nené, min.55), Ismael (Gabi, min.60), David Toja.
  • BAÍÑAS: Simón, Chambón , Samuel, Sancho, Héctor, Mario, Diego (Iván, min.70), Styven, Esteban, Luís, Taski.
  • Goles: 1-0, min.15: Yuyo; 2-0, min.50: Yuyo; 3-0, min.55: Yuyo; 4-0, min.65: Nené; 5-0, min.75: David Toja; 6-0, min.85: Pejo.

Partido con pouco que contar, cun Porteño con total superioridade ao que ademais lle entraba cada chegada. O Baíñas, con moitas baxias, aguantou a primeira metade, pero nada máis comezar o segundo tempo, Yuyo marcaba e completaba un partidazo anotando ademais un hattrick.

Os de Pato xa pensan na seguinte campaña mentres que Gerpe quere enviarlle un gran alento e as meirandes gracias ao seu plantel pola gran temporada feita.

Cerqueda - Muxía (6-1)

Dieguito con 4 goles levou o balon-Foto- UD Cerqueda
  • CERQUEDA: Rubén, Atu, Javi, Pablo, Javi Pazos, Dani, Lorenzo, Manu, Bastón (Juanjo, min.50), Dani Seaia, Dieguito.
  • MUXÍA: Topo, Martín, Pesqui, Currás, Luís Romaní, Santi Papi, Iván Lagoa, Julián (Juanjo, min.46), Casais, Pesqui Xuv., Pardelo.
  • Goles: 1-0, min.3: Bastón; 1-1, min.23: Santi Papi de gol olímpico; 2-1, min.30: Dieguito; 3-1, min.50: Dieguito; 4-1, min.53: Lorenzo; 5-1, min.62: Dieguito; 6-1, min.66: Dieguito.
  • Expulsión: o xogador muxián Iván Lagoa no min.55.

Con 11 xustos chegaba o Muxía a Cerqueda, e só puido aguantar a primeira metade. Bastón adiantaba de contado aos locais pero Santi Papi conseguía empatar cun fermoso gol de córner directo. Dieguito comezaba o seu espectáculo á media hora, que continuaba no segundo tempo, xa co Muxía con 10, ata marcar 4 goles.

Remata unha temporada irregular para un Muxía que comezaba con moitas espectativas, pero que acaba envolto en máis problemas de sancións que de fútbol.


Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios