Luns. 20.05.2024
El tiempo

A Lugo co Depor e a Peña A Moa

A Lugo co Depor e a Peña A Moa
Viaxe a Lugo ca Pena a Moa

Sempre nos gusta espallar o sentimento branquiazul pola comarca. E unha das 20 peñas fdeportivistas da Costa da Morte é a Peña Deportivista A Moa do Pindo, que acaba de renovar a súa directiva. Unha peña que non queren perder o derbi da 2ª División, ante o Lugo, que se xogará a primeira fin de semana de maio (3 ou 4 aínda por confirmar) na 37ª xornada. Unha xornada que pode ser clave ademais para o devir da campaña.

Propoñen a viaxe completa de ida e volta, e se o Depor gaña, haberá churrascada pagada pola peña! Xa poden reservar nos números que aparecen no cartel.

"Orgullo deportivista na Costa da Morte!"

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios