Tras ollar o sorpredente parte de sancións, repasamos a completa xornada deportiva desta fin de semana de 3 e 4 de marzo de 2012.
Comezamos polo fútbol, e repasamos a actualidade da Asociación de Clubes de Fútbol Federados da Costa da Morte, que mantiña unha asemblea este pasado martes. A nova máis destacada da xuntanza, á que acodían 14 clubes, foi a organización do 50 aniversario da Copa da Costa.
A cita servíu tamén para explicar o sistema de ascensos para esta tempada á Liga da Costa.
Xa na xornada meramente deportiva, na Preferente haberá partidos dispares. O Soneira terá que sumar no campo do penúltimo, o Xove, e o Xallas poderá facerlle un favor aos soneiráns vencendo ao Mugardos, que están 3 puntos por debaixo dos vimianceses. Pola contra, Dumbría, xa sen Adrián Mackaay agora no Arousa, e Santa Comba terán encontros complicados como son o Grixoa e o indiscutible líder, a SD.
Na 1ª, duelo costeiro-coruñés. O Cee terá unha das últimas oportunidades ante o Victoria, que está na 15ª posición e marca a salvación con 13 puntos máis que os ceenses. Pola súa banda, o Pontecese poderá alonxarse definitivamente da zonabaixa de vencer ao Imperátor, que está 1 punto por debaixo dos de Marco.
Na Liga da Costa só hai un encontro adiantado ao sábado, o Buño-Club do Mar. Ademais para o domingo o Camariñas recibirá á Esteirana, o Fisterra visitará o sempre difícil Carral, e haberá un Corme-Malpica máis que interesante.
Por abaixo tamén haberá varios choques directos, con Nantón-Mazaricos e Castriz-San Lorenzo como grandes partidos.
O partido da xornada 29 na 3ª é, sen dúbida, o Cabana-Carnota. 3º e 1º medirán as súas forzas nas Redondas con tan só 3 puntos de diferencia entre eles. Precisamente nas Redondas pasará a xogar dende esta fin de semana o Corcoesto, por obras no seu campo.
E non se poderá perder ollo do Montelouro-Cerqueda e Outes-Porteño.
Ademais repasamos a actualidade deportiva completa, coa I Carreira Pedestre Concello de Camariñas, a xornada de balonmán, fútbol sala, baloncesto voleibol... e a laconada da Peña Deportivista A Moa do Pindo.
Preferente, xornada 26
| Xove Lago | 04/03 - 17:00 | Soneira |
| Xallas | 04/03 - 17:00 | Gal. Mugardos |
| Dumbría | 04/03 - 17:00 | Grixoa |
| S.D. Compostela | 04/03 - 17:00 | Santa Comba |
1ª Autonómica, xornada 25
| Cee | 04/03 - 16:30 | Víctoria |
| Imperator | 04/03 - 16:30 | Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 25
| Buño | 03/03 - 17:00 | Club do Mar |
| Corme | 04/03 - 16:30 | Malpica |
| Sofán | 04/03 - 16:30 | Fisterra |
| Baio | 04/03 - 16:30 | Dumbría B |
| O Pindo | 04/03 - 16:30 | Zas |
| Corcubión | 04/03 - 16:30 | Muros |
| Nantón | 04/03 - 16:30 | Mazaricos |
| Camariñas | 04/03 - 17:00 | Esteirana |
| Castriz | 04/03 - 17:15 | San Lorenzo |
3ª Autonómica, xornada 29
| Atl. Pereiriña | 03/03 - 16:00 | Fisterra B |
| Xaviña | 03/03 - 17:30 | Lira |
| Cabana | 03/03 - 18:00 | Carnota |
| Muxía | 04/03 - 16:30 | Camelle |
| Coristanco | 04/03 - 16:30 | Soneira B |
| Volantes | 04/03 - 16:30 | Indep. Carballo |
| Montelouro | 04/03 - 16:30 | Cerqueda |
| Corcoesto | 04/03 - 16:30 | Alcaián |
| Outes | 04/03 - 17:00 | Porteño |
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5
| Santa Comba | 03/03 - 12:30 | Cee |
| Soneira | 03/03 - 16:30 | Baio |
| Dumbría B | 03/03 - 16:30 | Camariñas |
| Malpica | 03/03 - 16:30 | Corcubión |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 5
| Dumbría | 03/03 - 11:00 | Outes |
| Coristanco | 03/03 - 16:30 | Fisterra |
| Zas | 03/03 - 16:30 | Esteirana |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 5
| Corme | 03/03 - 16:30 | Cabana |
| Ponteceso | 03/03 - 16:30 | Muros |
| Mazaricos | -- | Descansa |
2ª Cadete, xornada 25
| Coristanco | 03/03 - 10:30 | Fisterra |
| Santa Comba | 03/03 - 10:30 | Zas |
| Soneira | 03/03 - 10:30 | Camariñas |
| Muros | 03/03 - 10:30 | Cee |
| Baio | 03/03 - 11:30 | Malpica |
| Porteño | 03/03 - 12:00 | Muxía |
| Cabana | 03/03 - 16:00 | Outes |
| Dumbría | 04/03 - 10:30 | Ponteceso |
2ª Infantil, xornada 25
| Santa Comba | 03/03 - 16:30 | Corme |
| E.M.F. Vimianzo | 03/03 - 20:00 | Coristanco |
| Cabana | 04/03 - 10:30 | Esteirana |
| Muxía | 04/03 - 10:30 | As Baleas |
| E.D. Os Miudos | 04/03 - 10:30 | Dumbría |
| Baio | 04/03 - 10:30 | Cee |
| Ponteceso | 04/03 - 12:00 | Con. de Carnota |
Ligas de Veteranos, xornada 23
1ª División
| Bergantiños | 04/03 - 10:00 | Ponteceso |
| Xv. Bergantiños | 04/03 - 11:00 | Nantón |
| Vimianzo | 04/03 - 11:00 | Buño |
| Castriz | 04/03 - 11:00 | San Román |
| Camariñas | 04/03 - 11:00 | Bértoa |
| Corcubión | 04/03 - 11:00 | San Lorenzo |
| Baio | 04/03 - 12:00 | Zas |
2ª División
| Dep. Carballo | 03/03 - 17:00 | Camelle |
| Sofán | 04/03 - 11:00 | Malpica |
| Agualada | 04/03 - 11:00 | Porteño |
| Corcoesto | 04/03 - 11:00 | Soneira |
| Corme | 04/03 - 11:00 | Cerqueda |
| Coristanco | 04/03 - 11:00 | Club do Mar |
| At. Milagrosa | 04/03 - 12:00 | Muros |
Este domigo 4 de Marzo, disputarase a I Carreira Pedestre Concello de Camariñas cun total de 322 persoas van a participar nesta primeira edición, superando con creces as espectativas creadas para este evento.
203 persoas se apuntaron para a proba absoluta, a de maiores de 18 anos. Tamén, 119 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos se apuntaron para participar na categoría que lle corresponde, pitufo, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
- Liga Autonómica: - F.C. Meigas - Fisober F.S.F.: sábado
| 03/03/2012 ás 16:00 | no Polideportivo de Bertamirans.
- Liga Provincial:
- A Salina de Esteiro - Espartanas F.S.: sábado 10/03/2012 ás 19:00 | no Pabellon Jose Lago. - Fisober F.S.F. "B" - C.D. Mabegondo. - Descansa o Concello de Ponteceso F.S.F.
Ó Sénior masculino, tócalle derbi en Carballo, ante o Carballo Basket o domingo ás 12:00 | no Pavillón da Zona Escolar.
- BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA - LAS CINCO JOTAS LAVADORES: sábado
| 03/03/2012 ás 18:30 | no P. MPAL. "O AREAL".
- CALVO XIRIA - EXP. MINERAS DEL MORRAZO BM. CANGAS: sábado
| 03/03/2012 ás 18:30 | no P. ZONA ESCOLAR DE CARBALLO.
Esta fin de semana toca na casa ante Cambados e Vigo. Así, para o domingo 4 o pabellón de Dumbría acollerá os seguintes encontros:
- 10:30h - Infantil femenino: Manuela Rial - Cambados.
- 10:30h - Xuvenil femenino: Voleibol Dumbría - Cambados.
- 12:00h - Cadete femenino: Voleibol Dumbría - Cambados.
- 12:00h - Cadete masculino: Voleibol Dumbría - CV Vigo.
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
|