Martes. 07.05.2024
El tiempo

Ligas Galegas: 3 severas derrotas pero boas sensacións

Ligas Galegas: 3 severas derrotas pero boas sensacións
O Depor pasou polo Conco Aluminios Dumbría patrocina as Ligas Autonómicas - Coñécenos en aluminiosdumbria.es

Xa temos en marcha as Ligas Autonómicas nas que participan 3 equipos costeiros. E gracias ao patrocinio de Aluminios Dumbría poderemos facer o seguemento oportuno, contando coas voces dos seus adestradores: Juan Purrúa e Joaquín Quintáns para o Dumbría da División de Honra Cadete, Manuel Corredoira no XSC da Liga Galega Cadete, e Pablo Conde e Huelvis nos Infantís da Liga Galega do Dumbría.

O comezo non foi o mellor, con 3 severas derrotas. Pero non isto non fixo máis que arrincar, e ademais as sensacións dos adestradores, máis alá dos resultados, son moi positivas.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 1

  • Resultado: Dumbría - Deportivo (0-4).
  • DUMBRÍA: Jorge, Josiño, Raúl, Pablo, Jose, Eloy, Marcos, Borja, Fabio, Luis Lojo e Azoye. Tamén xogaron: Gabi, Brandón, Esteban, Gabriel e Mario.
  • Goles: 0-1, min.15; 0-2, min.30; 0-3, mi-.65; 0-4, min.70.

Pouco puido facer o equipo de Juan Purrúa e Joaquín Quintáns na primeira visita da temporada. Unha visita en forma de premio, que xogar contra o Deportivo non se xoga todos os días. Pero neste máxima nivel da categoría cadete pasarán polo Conco grandes equipos.

Partido dominado de principio a fin polo Deportivo cunha clara superioridade sobre o cadro dumbriés e chegando xa con 0-2 ao descanso. Intentaron cambiar Juan Purrúa e Joaquín Casais algunhas cousas no descanso pero non funcionaron. Os herculinos fixeron nos moito daño polo centro da defensa cunha mobilidade moi boa dos seus futbolistas e manexando moi ben os tempos do partido e sobre todo a pelota…

Non deu opción o poderoso Depor, pero a pesar do resultado o míster Purrúa amósase moi contento co meu equipo, consciente de queda moito traballo que facer para mellorar e consciente de que “O Dépor non é da nosa Liga”. Xa pensan no Coruxo, un partido que se celebrará o domingo ás 12:30h.

Liga Galega Cadete, xornada 1

  • Resultado: Orillamar - XSC (3-0)
  • XSC: Álex (Ángel, min.41), Guillín (Grill, min.41), Raúl, Pablo, Carlos Baio, Juan Lois, Óscar (Fran, min.41), Manuel (Rubén, min.48); Juanjo (Brais, min.63), Carlos Rieiro.
  • Goles: 1-0, min.12; 2-0, min.26; 3-0, min.46.

O propio míster, Manolo Corredoira, descríbenos o partido: Non tivo fortuna o XSC no seu primeiro partido da tempada ante un Orillamar que, na primeira metade, aproveitou as súas ocasións, mentres que os xalleiros non acertaron coa meta local. Foi un primeiro tempo, pese ao 2-0 final, moi igualado, onde os visitantes tiveron boas ocasións para marcar, pero unhas veces o desacerto e outras a boa labor defensiva do Orillamar evitou que o XSC alcanzase mellor resultado.
Na segunda metade, o partido quedou visto para sentenza na primeira chegada dos locais, onde alcanzaron o seu terceiro e definitivo tanto. Ata o final, intentos do Xallas de Santa Comba de reducir distancias e bo traballo dos locais abortando as ocasións visitantes.

Ao final, un excesivo castigo para os xalleiros, que mereceron marcar algún tanto, pero que competiron en todo momento ante un equipo chamado a estar nos postos de cabeza, non en balde a tempada pasada, con moitos dos compoñentes do once inicial, descenderon da División de Honor.

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 1

  • Resultado: Conxo - Dumbría (4-0)
  • DUMBRÍA: Juan (Breogán, min.60), Xan, Sergio, Toni, Samuel; Berto, Brais Fernández, Adrián, Ezequiel (Brais Martínez, min.65); Álex (Brais Tajes, min.41) e Hugo (Fran, min.52) (Evaristo, min.70).
  • Goles: 1-0, min.27: tras un córner; 2-0, min.28: tras un córner; 3-0, min.60; 4-0, min.87.

Non comezou con bo pé en canto o resultado o Dumbria nesta nova temporada na Liga Galega infantil, da man de Pablo Conde e Huelvis. Pero as sensacións en canto á competividade, o esforzo e o talento do equipo foron ben distintas.

O partido para o dumbrineses tivo un antes e un despois a raíz do primeiro gol local. Do primeiro e do segundo, porque viñeron en apenas dous minutos. Ata ese minuto 27 do 1° tempo, o encontro diante do Conxo estivo moi equilibrado. O Dumbría, coñecedor da potencialidade do rival, plantexou un partido con moita orde, cun centro do campo que reunía traballo e talento, e que foi quen de neutralizar os ataques do rival, e de presionar en campo contrario, e recuperar balóns que creaban incertidumbre na zaga santiaguesa. Varios achegamentos de Hugo, Brais Fdez. e Adrián foron resoltos pola defensa e porteiro do Conxo. Tamén o meta dumbriés Juan realizaba un par de paradas de mérito nese primeiro acto.

Todo cambiou cun córner. Unha xogada a balón parado penalizou o traballo visitante cun gol de cabeza, e casi a continuación, no seguinte corner, nun remate acrobático, chegaba o segundo xerro de auga fria. O Dumbría acusou eses dous golpes, e ata o descanso non foi quen de reaccionar.

A entrada de Brais Tajes na reanudación dou maior forza e pegada o ataque do Dumbría. Dúas boas chegadas do camariñan e outra de Adrián deixaron entrever que si os visitantes marcaban se meterían no partido. A sensación de que o gol estaba cerca era evidente. Pero non chegou. Ou non chegou para os costeiros. O Conxo, nunha contra logo dun pase largo en diagonal, conseguiu a sentencia do 3-0.
Os últimos 20 miutos de partido foron de equilibrio outra vez, con chegadas das dúas escuadras, pero o gol caeu de novo para os santiagueses, a 3 minutos do remate, cando nunha nova contra, o fornido dianteiro local asinaba o seu particular hat-trick.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios