![Montelouro-Buno-Foto-Edu Olveira Montelouro-Buno-Foto-Edu Olveira]() 
Xa tivo lugar a segunda xornada da tempada, primeira para as Ligas Base e para os Veteranos. Unha xornada marcada polas festas, pola  e a Barquiña (que aínda seguen…), tendo que aprazar ou modificar horarios de moitos partidos. Foi unha fin de semana completa, coa APP a pleno rendemento.
E comezamos a análise da xornada pola Preferente - Senra Sport, coa segunda vitoria do Dumbría na tempada, e un empatiño para o cadro xalleiro na casa.
O choque da xornada era o primeiro derbi da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra entre Esteirana e o debutante Sofán. Empate colleitado no Xosé Luís Vara, semellante ao acadado polo Baio en Villestro e polo Malpica en Piloño. O mal resultado foi o do Soneira en casa ante o Sigüeiro pero a gran nova vén de Santiago onde o Corme vencía facendo un fútbol fantástico, e xa se coloca de líder da categoría, só empatado co Cordeiro e cun gol máis. Impresionante a marea Azul, que apoiou aos cormeláns na súa primeira saída.
Xa na 2ª Autonómica - ES Bazarra, 4 equipos suman 6 puntos, co Buño de líder tras unha nova goleada, desta volta en Louro. O Volantes parece que tamén arrinca con moitas gañas e vencía nada menos que en Ara Solis. Atentos teremos que estar a este Cee máis traballador, que superaba, con apuros a un bo Castriz tendo mesmo que darlle a volta ao marcador. E completando o póker de líderes, o Zas, que vencía pola mínima ao Carnota. Cómpre destacar a primeira vitoria da historia do Seaia na Liga da Costa!
A xornada tivo ademais un evento especial como foi o primeiro partido da historia celebrado na Grixa con luz artificial, onde o Porteño vencía ao Ponteceso.
Ponse o Lira de líder en solitario trala súa segunda vitoria nunha 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, na que, curiosamente lle tocaba descansar ao Muxía. Os lirachos arrincan con forza e endosaron 5 tantos ao Laxe, e son os únicos que suman 6 puntos. Por detrás, un potente Ameixenda que sacou un empate de Cerqueda, que estreaba taboleiro de puntos, igual que os veciños Nantón e Castrelo cas súas táboas. O Coristanco demostrou que na casa vai ser moi complicado sacar algo, e o Corcubión pagouno con derrota.
O sábado tamén tiña lugar a 2ª xornada das Ligas Xuvenís - MáisDeporte. Polo Sur co Outes-Muxía aprazado por motivos obvios (o Outes aínda non debutou) puidemos ver que temos equipos que van plantar cara. Ollo aos Miúdos e Esteirana, que suman 2 de 2, igual que o poderoso Dumbría. O novo Miúdos vencía 2-0 a todo un XSC que a primeira xornada arrincaba con goleada; mentres os blaugranas superaban ao Fisterra. 
Polo Norte, Coristanco e Cabana colócanse de líderes con 6 puntos, tras vencer ao Ponteceso nun partidazo, e ao Baio. O Camariñas, que empezaba con moita forza, caía no derbi ante un Porteño que no seu segundo ano mellora moito. Ademais, o Corme vencía en Zas e o Malpica sufría pero sacaba a vitoria pola mínima de Laxe.
Estrea das Ligas Base
Non foi boa a primeira xornada dos equipos nas Ligas Autonómicas da zona, aos que seguiremos con moita atebnción. Por exemplo, a estrea na casa do Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, tivo polo menos o premio de recibir ao Dépor no Conco que xa vale media temporada. Os dumbrieses non puideron cos branquiazuis, sobre todo no segundo tempo. 
O XSC da Liga Galega Cadete tampouco puido comezar sumando e sufría unha derrota na Coruña ante o Orillamar. 
Ademais, os dumbrieses da Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría tamén caían con rotundidade en Conxo.
Xa nas Ligas locais, temos novidades. Por exemplo, en 1ª Cadete, ademais do aprazamento do choque Fisterra-Muxía, o Corcubión anunciou a súa retirada da competición. Polo demais, As Baleas é o líder trala súa goleada en Coristanco.
Mentres, na 1ª Infantil foi o Cabana o que máis goleada meteu, cun XSC tamén goleador.
Arrincaron os Veteranos
E xa temos as Ligas dos Veteranos en marcha, coa novidade da retirada do Muros da competición. Destacar o Coristanco na 1ª División, quwe arrinca como acabou a pasada campaña, de líder, cunha boa goleada. Mentres, na 2ª División, o máis destacado foi o espectacular debut do novo equipo da Liga, o Razo-San Isidro, cun rotundo 5-0 ao Sofán.
| Dumbría | 1-0 | Arteixo | 
| Xallas StComba | 0-0 | O Val | 
| Piloño | 1-1 | Malpica | 
| Amio | 0-3 | Corme | 
| Soneira | 1-2 | Sigüeiro | 
| Villestro | 2-2 | Baio | 
| Esteirana | 1-1 | Sofán | 
| Porteño | 3-1 | Ponteceso | 
| Cabana | 4-1 | Camariñas | 
| Camelle | 1-4 | Baíñas | 
| Montelouro | 1-5 | Buño | 
| San Lorenzo | 2-1 | Outes | 
| Seaia | 2-1 | Mazaricos | 
| Fisterra | 1-4 | Volantes | 
| Cee | 2-1 | Castriz | 
| Zas | 2-1 | Carnota | 
| Coristanco | 2-0 | Corcubión | 
| Lira | 5-2 | Laxe | 
| Nantón | 1-1 | Castrelo | 
| Cerqueda | 0-0 | Ameixenda | 
| Os Miudos | 2-0 | Xallas StComba | 
| Esteirana | 2-1 | Fisterra | 
| Corcubión | 0-2 | Castriz | 
| Cee | 1-4 | Dumbría | 
| Camariñas | 2-3 | Porteño | 
| Cabana | 4-1 | Baio | 
| Zas | 3-4 | Corme | 
| Laxe | 0-1 | Malpica | 
| Coristanco | 4-5 | Ponteceso | 
| Esteirana | 1-2 | Corme | 
| Coristanco | 0-8 | As Baleas | 
| Fisterra | Apraz. | Muxía | 
| Outes | 2-2 | Cee | 
| Ponteceso | 3-1 | Os Miudos | 
| Baio | 0-1 | Cabana | 
| Corcubión | - | Sofán | 
- Fisterra - Muxía Aprazado.
- O Corcubión retirouse da competición.
| Esteirana | 8-3 | Ponteceso | 
| Cee | 3-1 | Os Miudos | 
| Sofán | 0-6 | Xallas StComba | 
| Corme | 2-3 | Fisterra | 
| Outes | 6-0 | Coristanco | 
| Cabana | 7-1 | Zas | 
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 1
| Coristanco | 5-1 | Dumbría | 
| Castriz | 0-2 | Hosgran | 
| Xuv. Bergantiños | 3-6 | Laxe | 
| San Lorenzo | 4-4 | At. Milagrosa | 
| Zas | 2-3 | Soneira | 
- Baio-San Román e Bértoa-Cabana apraz.
- Ponteceso descansa.
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 1
| Dep. Carballo | 1-1 | Corcoesto | 
| Porteño | 4-1 | Malpica | 
| Erbecedo | 4-5 | Camariñas | 
| San Isidro-Razo | 5-0 | Sofán | 
| Buño | 0-3 | Cerqueda | 
| Agualada | 3-2 | Poniente | 
| Leiloio | 2-1 | Nantón | 
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
	- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).