Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Preferente: O Dumbría non chega e o XSC complícase

Preferente: O Dumbría non chega e o XSC complícase

Malísima xornada a antepenúltima da Preferente para os nosos equipos. O Dumbría teno farto complicado para meterse na promoción pois o Silva non falla, e malia que a vindeira semana toca un Silva-Dumbría, os 4 puntos de diferencia obrigarían aos dumbrieses a vencer nas dúas últimas xornadas e esperar que o Silva non gañe ademais na última en Sada.

Derrota moi negativa a do XSC contra un dos de abaixo, o Carral, que non lle permite sacar de todo a cabeza, e fai que o O Val o alcance con 29 puntos. En todo caso, O Val sempre quedaría por abaixo pois o cadro xalleiro lle ten o golaverage individual collido. Non pode fallar o cadro xalleiro en Carballo a vindeira semana e ante un Viveiro coa promoción asegurada na última xornada.

Os equipos afrontan as dúas últimas xornadas, pero tamén teñen a Copa da Costa na cabeza, unha vez que os tres superaron os Dezaiseisavos esta ponte.

Todo, mentres os veciños do Bergantiños xa cercioraron o seu ascenso á 3ª División.

Bergantinos a 3

San Tirso - Soneira (3-2)

  • SONEIRA: Víctor (Jose, min.75), Chans (Leo, min.70), Mayor, Sito, Brais, Baba, De la Sierra, Richi (Fran de Urroa, min.60), Cristian Figueroa, Javi e Basti.
  • Goles: 0-1, min.20: Basti de penalti; 1-1, min.40: de penalti; 2-1, min.55: 3-1, min.80; 3-2- min.88: Leo.

Mereceu empatar o cadro soneirán en San Tirso pero volveron de baleiro tras facer un bo partido. Se ben Víctor tivo que empregarse a fondo en varias acción a balón parado dos locais, os puntas soneiráns tamén puideron ampliar a renda que abría Basti aos 20 minutos.

Moito protestaron os soneiráns a actuación arbitral que incluíu varias decisións comprometidas: o penalti que daba a igualada, o gol terceiro local, en posible fóra de xogo; 2 goles anulados a Baba, un sen tocar ao porteiro; e outro tanto anulado a Basti en dubidoso fóra de xogo.

Basti volveu ser o home máis activo arriba dos de José Ángel pero tivo un par de mans a mans que non acertou. Ademais, tamén Javi tivo un par chegadas con perigo.

Dumbría - Gal. Mugardos (4-2)

  • DUMBRÍA: Julián (Iván Bouzón, min.81), Rivi (Aarón López, min.70), Oscarín, Jose, Aarón Fdez., Jota, Iago, Doro, Adrián Makaay (Adrián Nieto, min.46), Dani Casal (Luisito, min.46) e Pablo Muíño (Rudi Cotelo, min.65).
  • Goles: 1-0, min.10: Adrián Makaay; 2-0, min.47: Pablo Muíño; 3-0, min.65: Adrián Nieto; 4-0, min.72: Aarón López; 4-1, min.75; 4-2, min,80: de penalti.

De pouco lle valen os 3 puntos a un Dumbría que ve como o Silva queda a 4 puntos a falta de 2 partidos. Cun duelo directo aínda entre ambos, o equipo de Canosa terá que gañar a vindeira semana na Coruña, non fallar na última xornada ante o Soneira, e esperar que o Silva caia en Sada.

Arrincaba ben o partido do domingo o Dumbría. Avisaba Doro aos 8 minutos tras un pase de Pablo Muíño pero o balón foi fóra. Dentro foi o tiro de Adrián Makaay, que encarrilaba o choque aos 10 minutos. O resto da primeira metade foi de control local, cun par de chegadas xa preto do descanso. O propio Makaay mandaba alta unha vaselina e pouco despois Iago probaba ao porteiro visitante dende fóra da área.

Case sen saír dos vestiarios, Pablo Muíño facía o segundo para os locais, tanto que case que mataba o partido. O propio Muíño tivo o terceiro pero cruzou demasiado, pero non tardaron en chegar os tantos de Adrián Nieto e Aarón López tras unha falta lateral.

Relaxáronse co 4-0 os dumbrieses e permitiron que os ferroláns recurtasen pero sen opcións de empate.

Xallas StComba - Carral (1-2)

  • XSC: Diego, Rubén, Cristian, Héctor, Rubio, César, Richi, Alfonso, Toño (Darío, min.74), Jesús e Arnejo (Marcos, min.65).
  • Goles: 0-1, min.82; 1-1, min.87: Jesús; 1-2, min.92.

Complicada derrota do cadro de Rubén Coméndez ante un rival directo. Unha derrota que chegou nuns últimos minutos de infarto nos que chegaron 3 goles, o máis doloroso, o da vitoria visitante xa co tempo cumplido.

E iso que o XSC tivo o partido máis ou menos controlado, levando o peso e tendo boas ocasións para os homes de arriba. Pero nunca foi capaz de abrir a lata, e acabou pagando e acabando cunha xeira de 4 partidos sen perder.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios