Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Promoción de 3ª: Os nervios deixan todo para a volta

Promoción de 3ª: Os nervios deixan todo para a volta
Seaia-Ameixenda -Foto-Brais A Clínica Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica- Coñéce as nosas ofertas en depilación laser

Intensa e chea de emoción foi a ida da final da Promoción de Ascenso da 3ª Autonómica. Pedra Queimada engalábase para recibir dúas afeccións volcadas. Dúas afeccións novas, a azul do Seaia, neste primeiro ano de existencia, e a amarela do Ameixenda, nesta a súa segunda temporada en competición. O que dá conta de que o fútbol da Costa ten moito percorrido.

Marea amarela da SD Ameixenda en Malpica

Seaia - Ameixenda (1-1)

  • SEAIA: Jesús, Zala (Medros, min.46), Lesi, Parga, Vistas, Dimaga, Adra, Juni, Camilo, Uru e Richard.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jose Manuel (Samuel, min.66), Javichu, Camacho, Bruno, Jesús (Mateo, min.86), Iván Pequeño, Bichiño (Jorge, min.80), Álex, Momaño (David, min.70) e Rioliño (Demetrio, min.88).
  • Goles: 0-1, min.50: Rioliño a pase de Iván Pequeño nunha boa xogada; 1-1, min.80: Camilo anota un golazo tras levar a dous defensas.

Moita tensión, moitos nervos nos dous equipos nun partidazo fermoso, cun ambiente espectacular pois a afección ceense invadiu Pedra Queimada e os locais tamén encheron de cor as bancadas. Azuis contra amarelos tamén no campo, nun choque moi disputado polos dous equipos.

Ningún quería arriscar demasiado. E a primeira metade foi de contacto, estudiando ao rival. Tardou en entrar no partido o cadro local, pero tivo bos minutos antes do descanso chegando por bandas, aproveitando os poucos espazos que deixaba o Ameixenda.

Empezaba a segunda metade co cadro amarelo algo máis enriba e de contado Rioliño aproveitaba unha boa xogada por banda de Iván Pequeño, que está completando unha grandísima temporada, para adiantar aos ceenses.
Tardou en reaccionar o Seaia pero atopou ocos na defensa e puido empatar nun par de chegadas, pero non foi ata, faltando 10 minutos, cando Camilo agarrou un balón, levou a un par de defensas e colou o balón na meta de Óscar para facer un empate que deixa todo aberto para o partido de volta no San Paio de Refoxos.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios