Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Crónicas completas da fin de semana da Barca

Xuvenís: Crónicas completas da fin de semana da Barca
Capis do Malpica e do Laxe Xuvenil co arbitro-Foto-Luis Porto

Partidos para o xoves, ou aprazados autoexpulsións prematuras, numerosas baixas, … As festas da Barca e as da Barquiña trastocan os plans de máis dun adestrador de xuvenís.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 2

Quedou aprazado o Outes - Muxía por motivos obvios. O que deixa ao cadr de Manu Roque aínda sen debutar na competición. Unha competición que lideran o Dumbría, Os Miúdos e Esteirana. Os novos muradáns sorprenderon ao XSC co seu forte ritmo e demostraron que van estar competindo cos de arriba. Os seus veciños de Esteiro sufriron ata o min.93 para superar ao Fisterra pero seguen sumando encontros por vitorias.

Os Miudos - Xallas StComba (2-0)

  • OS MIÚDOS: Ángel, Eloy, Anxo, Yeray, Licerino, Miguel, Airán, Jorge Beiro, Juanche, Manuel Martínez, e Samuel. Tamén xogaron: Cristian, Tajes, Ubu e Álvaro.
  • XSC: Coke, Parri, Xoel (Fabián, min.60) Rubén (Pérez, min.46), Carlos, Adrián, Sergio, Isma, Anxo (Pablo, min.25), Tefi e Dani (Chiqui, min.55).
  • Goles: 1-0, min.22: Samuel; 2-0, min.93: Martínez.
  • Lesións: os xalleiros Pablo, tras unha entrada, e Rubén.

Unha parte para cada un, nun partido moi duro, marcado pola calor e o intenso contacto físico, e vitoria para o cadro local. O primeiro tempo foi dos Miúdos de Mané Senande, con 4 ocasións que non materializaron, por partida doble, Samuel e Martínez, unha case sen porteiro.
Uns Miúdos moi fortes que non deixaron combinar aos de Santi Casal, buscando ademais perigosos balóns directos ao seu corpulento punta, destacando a actuación dos Airán, Samuel e Martínez.
Chegaba con certo perigo o cadro xalleiro cando era quen de combinar, pero Isma, que ademais pediu un penalti, e Sergio non estiveron finos e Chiqui mandou ao longueiro.

No segundo tempo, o cadro local, co 1-0 no marcador, veuse máis atrás e o XEC estirouse pero se atopou cun meta muradán que estivo sensacional sacando por exemplo dous tiros lonxanos de Adrián.
Os xalleiros protestaron a dureza dos locais e mesmo que o segundo gol, xa no tempo de desconto, chegou cun xogador xalleiro sangrando polo pómulo tras un cobadazo na área visitante.

Esteirana - Fisterra (2-1)

  • ESTEIRANA: MJ, Sergio (Áxel, min.65), Brais (Jaime, min.60), Borja, Tobío, Tiko, Damián (Íker, min.72), David, Manu Yi, Fabio e Juan.
  • FISTERRA: Breixo, Juanfran, Iago, Senra (Pirri), Sergio (Iván), Manute (Manu), Andrés, Adrián, Álex, Asier e Xosé (David).
  • Goles: 1-0, min.5: Juan de disparo fóra da área; 1-1, min.68: en propia meta tras un centro de Álex; 2-1, min.93: Áxel despois de rexeitar o porteiro.

Foron mellores os locais de Martín ante un Fisterra de Falito con moitas baixas. Gañou a Esteirana na casa, pero tivo que esperar ata o tempo de desconto ante un Fisterra que puxo as cousas moi complicadas para os locais. Comezou golpeando con un gol madrugador o equipo de Esteiro, non obstante repúxose moi ben o equipo visitante xogando unha boa primeira metade.

A Esteirana gozou de boas ocasión e fíxose dominador do partido no segundo tempo, a pesar de sufrir un traspés cousasn un gol en propia. Seguiu insistindo pero sen sorte ata que no desconto un rexeite tras clara ocasión puxo o 2-1 definitivo.

Corcubión - Castriz (0-2)

  • CORCUBIÓN: Abraham, Marcos, Chava, Oca, Samu, Germán, Isma, Goche, Guille, Mario e Tito. Tamén xogaron: Pepo e José Luís.
  • CASTRIZ: Varillas, Luís, Cristian, Roi, Adán, Calvo, Joni, Balsa, Rooni, Alex, Alex Redondo. Tamén xogaron: Víctor e Javi.
  • Goles: 0-1, min.60: Luís; 0-2, min.70: Balsa de cabeza a centro de Joni.

Partido no que o Castriz de Alberto mereceu a vitoria, ante un Corcubión no que Senra aínda ten moito que traballar. Un Senra que conta con 4 cadetes, pois o club vén de retirar ao equipo da categoría.

A primeira parte foi un monólogo xalleiro con tres largueiros e un pau entre as ocasións. En fronte o Corcubión tivo un par de tiros lonxanos sen demasiado perigo para Varillas.

Comezou mellor a segunda o cadro da vila de San Marcos, e a piques estiveron de abrir o marcador en 3 tiros. Pero foi Luís o que abriría o marcador para os rossoneros cun tanto no que definiu ben diante do porteiro, e Balsa aumentou a renda tras unha boa xogada de Joni pola banda.

Cee - Dumbría (1-4)

  • CEE: Maikel, Tivi, Borja, Jicho, Senlle, Castillo, Nanón, Xabier, Pablo, Alex e Samuel. Tamén xogaron: Abel, Juanjo, Chema, Brais e Isma.
  • DUMBRÍA: Paulo, Roberto, Jose Miguel, Canario, Jano, Yeray, Samuel, Pablo, Isma, Juan de Dora, e Andrés. Tamén xogaron; Bruno, Mauro, Luís, Charly e Cabana.
  • Goles: 0-1, min.15: Andrés; 1-2, min.16: Andrés; 0-3, min.40: Andrés; 1-3, min.70: Alex; 1-4, min.87: Juan de Dora.

Non dá opcións este Dumbría de Diego Lobelos e Óscar Leis polo que levamos visto ata agora. O cadro dumbriés colle o balón no minuto 1 e apenas o solta. Desta volta, na primeira metade non tivo moitas icasóns, pero un par que cazou Andrés ao cuarto de hora, acabaron en sendos goles. Ao descanso, o mesmo Andrés completaba o hattrik e deixaba sentenciado o choque.


Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 2

Coristanco e Cabana. Dous partidos, dúas vitorias, e estes parecen que non van baixar de aí ata o final da competición. Os coristanqueses sufriron moito ante un Ponteceso que se levantaba unha e outra vez, e parece que será outro a ter en conta. O Camariñas, que sorprendera na primeira xornada, sucumbiu no derbi co Porteño, mentres que Corme e Malpica colleitaron os seus primeiros puntos con apuradas vitorias en Zas e Laxe, respectivamente.

Camariñas - Porteño (2-3)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Pose, Sergi, Facundo, Martín, David, Daniel, Álvaro, Brais, Felipe e Javi. Tamén xogaron; Espi e Juan.
  • PORTEÑO: Brais, Dani, Gonzalo (Jordi, min.89), Bruno (David, min.46), Mario (Josiño, min.74), Rodri, Xoel, Oli, Carlos e Maikel (Martín, min.83).
  • Goles: 1-0, min.70: Javi; 1-1, min.72: Xoel; 1-2, min.75: Maikel anota un golazo dende fóra da área pola escuadra; 1-3, min.82; Dani; 2-3, min.88: Javi.

Típico partido de derbi, moi igualado, de poder a poder, que se decantou polo equipo que mellor aproveitou as poucas ocasións de gol que houbo por cada bando. Moito xogo no medio campo, coas defensas sempre máis solventes que os ataques.

Fixo unha seria primeira metade o Porteño de Ordóñez, xa co título de técnico nacional recén sacado, pero a marea de goles só chegou na segunda. Comezaron marcando os locais de Luís da Kecha, por medio de Javi, pero de contado Xoel empataba e Maikel, cun golazo, metía aos da Ponte por diante. Dani facía o terceiro ampliando a renda, e xa sen tempo para máis Javi recurtaba sen maior premio.

Cabana- Baio (4-1)

  • CABANA: Vázquez, David Varela (Oliver, min.70), Varela, Aurelio, Grille, Kevin, Mateo (Laik, min.60), Javi (Martín, min.60), Álex, Redondo, Ferreiro e Pablo.
  • BAIO: Jose, Queiro (Pablo, min.55), Miguel, Javier, Rai, Alberto (Sergio, min.55), Paco, Jose Antonio, Fariña (Iago, min.65), Alfonso (Mohedano, min.60) e Anxo.
  • Goles: 1-0, min.20: Ferreiro; 1-1, min.28: Anxo nunha contra; 2-1, min.50: Pablo; 3-1, min.60: Ferreiro; 4-1, min.65: Pablo; 5-1, min.83: Pablo.

Partido xogado o Xoves por mor da Festa da Virxe da Barca e á que tantos rapaces acuden deixando o fútbol de lado nese fin de semana. Dominio total do Cabana no que o CD Baio só puido presentar loita ante o vendaval de xogo do equipo cabanés, que se adiantou mediada a primeira parte e tras múltiples oprtunidades.
Mentres o Baio cun prantexamento de contención, intentaba sacar un empate nunha das poucas chegadas que tivo o contraataque por medio de Anxo. Foise ao descanso cun empate que ben poidera ser un resultado favorable o Cabana pero aos que o gol do Baio deixou un pouco dubidosos.

Nada máis lonxe da realidade e trala reanudación sentenciou o Cabana con tres goles seguidos nos primeiros vinte minutos e con escasa reacción do Baio ante o que pode ser un dos mellorer equipos da categoría.

Zas - Corme (3-4)

  • ZAS: Hadrián, Julián, Alberto (Brais, min.63), Ternande, Darío, Cristian, Manu, Rubén (Carlos, min.80), Dani Mato, Adrián e Andrés (Álvaro, min.50).
  • CORME: Fran, Sergio Fariña, Isaac, Rubén, Koeman, Cristian, Eloy Villar, Eloy CR. Quique, Isma e Manu. Tamén xogaron: Maikel, Ángel, Aitor, Pandi e Ian.
  • Goles: 0-1, min.5: Isma dende fóra da área; 1-1, min.20: Andrés; 2-1, min.35: Andrés; 2-2, min.55: Sergio tras un erro da defensa; 2-3, min.67: Manu nunha contra; 2-4, min.80: Manu de libre directo dentro da área; 3-4, min.84: Ternande de penalti.
  • Expulsión: Ternande min.85.

Primeira vitoria dos de Lelo ante un Zas que fixo un gran partido pero que pegou menos veces, deixando ademais moitas facilidades en defensa. Adiantouse o Corme moi cedo, e aí o Zas colleu o mando do balón. E conseguíu remontar na priemria metade o cadro de Martín, con dous tantos de Andrés.

A segunda parte foi máis aberta, máis “correcalles” sendo o Corme o máis acertado cara gol. Arrinscou a defensa local e Sergio non desaprovietou para facer o empate, e pouco despois Manu facía 2 tantos seguidos que case sentenciaba o partido. Recurtou distancias Ternande de penalti, pero a súa expulsión despois de marcar por protestar xa definía que a remontada non estaba preto.

Laxe - Malpica (0-1)

Laxe Xuvenil-Foto-Luis Porto
  • LAXE: Martín, Uxío, Sergio, Nico, Sergio Cotelo, Cristian, Ferri (Adrián Lema, min.56), Djamel, Santi, Elías, Manu.
Malpica Xuvenil en Laxe-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Manuel; Cristian Villar, Sebas, Steven, Jorge, Mouri, Gende, Xulián, Sergio, Eloy (Yiño, min.68), Adrián (David, min.63).
  • Goles: 0-1, min.50: Jorge remata cun fermoso testarazo un saque de curruncho executado por Eloy.
  • Expulsado o malpicán Mouri.

Levou os 3 puntos o Malpica de Laxe, 3 puntos merecidos polo visto nos 90 minutos, pero que ao final peligraron. I é que ata o min. 70, non chegaron con perigo de gol os do Laxe ante o portal do visitante Manuel, o cal resolveu con moito acerto, saíndo aos pes de Elías, no único man a man que tiveron en todo partido.

Durante a primeira metade apenas houbo ocasións, e un xogo de patadón bastante aburrido Sergio tivo para o Malpica a única ocasión clara pero salvou un defensa co lombo. O gol chegaría de córner á volta dos vestiarios, e despois, co Laxe volcado nos últimos minutos, un par de contras puideron acadar a sentenza para os malpicáns, que tiveron que sufrir a o pitido final.

Coristanco - Ponteceso (5-4)

  • CORISTANCO: Brais, Sergio, Iván, Suso, Navarro, Bértoa, Corral, Bardanca, Joni, Fabio e Gabriel. Tamén xogaron: Chiqui, Alberto, Manuel, Mol e Javi López.
  • PONTECESO: Santos, Fabián (Alejandro min.75), Pablo, Rubén (Adrián min.55), Iván, Pablo, Ismael, Oscar, Mourelle, Diego (Esteban min.51) (Javier min.88) e Eloy .
  • Goles: 1-0, min.10: Bértoa; 2-0, min.20: Corral; 2-1, min.30: Eloy; 3-1, min.35: Gabriel; 3-2, min.43: Pablo Pailos; 3-3, min.70: Pablo Pailos; 4-3, min.72: Gabriel; 5-3, min.82: Manu; 5-4, min.89: Esteban.

Menudo partidazo tremendamente disputado, o disputado en Coristanco. Os Leóns da Rocheira que dirixe Lorenzo, tiveron que empregarse a fondo para superar a un Ponteceso de Carracedo que se foron levantando a cada mazazo, pero non puideron co enésimo.

Durante a primeira parte o Coristanco foi moi superior, presionando moi arriba e con balóns ás costas da defensa pontecesá. Así se metían 3-2 por diante ao descanso, se cadra merecendo algo máis. Pero na segunda reaccionou o Ponteceso, e lograba empatar tras 20 minutos de brega. Os de Carracedo non acadaban a pausa necesaria para xogar, e tiñan moita presa co balón nos pés.

Estaba o partido que podía caer de calquera lado, co Ponteceso arriscando máis en defensa, chegaron dous tantos que metían vantaxe para os locais.
Pero non tiraron a toalla os visitantes e nuha falta o borde Esteban fixo o 5-4, e xa na última xogada do partido, nun man a man co porteiro o o balón petou no longueiro e repeliu o puntiño que podía ter levado o Ponteceso.

Crónicas dos Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios