xoves. 22.01.2026
El tiempo

O mar sinala a súa “disconformidade” co levantamento prematuro da folga: “Tiñamos o sector unido”

Manifestacion do Mar no Parrote Patrons de Corme e Laxe
Luís Suena, Patrón de Laxe, e Roberto Vidal, patrón de Corme, na manifestación do pasado luns na Coruña
O mar sinala a súa “disconformidade” co levantamento prematuro da folga: “Tiñamos o sector unido”

Despois das mobilizacións do sector do mar contra o Regulamento de Control do pasado luns, non todo o sector está dacordo co levantamento da folga polos acordos conseguidos. Moitos cren que era un bo momento para sentarse e “analizar punto por punto, con todo o sector sentado, os 133 folios do Regulamento Europeo de Control”.

Así o entenden Luís Suena, patrón maior da Confraría de Laxe, e Roberto Vidal, patrón maior de Corme, dous dos máis críticos coa decisión tomada pola Federación Nacional de Confrarías, á que veñen, tras reunirse cos seus armadores, de enviarlle un escrito titulado “Disconformidade cos Acordos de Flexibilización do Regulamento de Control”.

Suena asegura que os seus armadores entende que se fixo a folga por dúas directrices, e das dúas non está ningunha solucionada”; sinala que “no comunicado e no borrador que sae da Secretaría poñen cousas diferentes, obviando palabras claves como “omisión””; e critica que “hai normativas contrapostas”. Considera ademais que “entre os armadores galegos, sobre todo en artes menores, é xeneralizado esta sensación de disconformidadde co levantamento da folga”.

Pola súa banda, o percebeiro cormelán lembra mobilizacións de 2021, cando “paramos polas cámaras e os localizadores. Agora volvérona meter coa pesada e a chegada a porto e tivemos que parar. E en 2028 pararemos polo caballaje. Creo que están metendo un Regulamento de Control que a flota española non está preparada para cumprir, e que poden meternos en calquera momento. E que deberíamos protestar polo Regulamento enteiro, non por un ou dous puntos”, reflexiona.

”Tiñamos o sector unido”

”Creo que tiñamos o sector unido, como para agora levantar a folga e volver ao mar. Por que tivemos que esperar 10 días para parar a flota e unha hora nos chegou para mandala para o mar? Podíamos ternos xuntado e analizado o Regulamento punto por punto. Pero non, saimos por unha porta berrando os acordos e desconvocamos a folga. Para o ano que vén que reúne ao sector para falar do caballaje, por exemplo? ou das sancións económicas que as van pasar á Secretaría do Estado, sancións moito máis altas das que hai agora”.

Nesa liña hai algún outro patrón da comarca ao que tamén lle chirría a coletilla “grave” incluída no acordo, cando di que os erros nas pesadas de menos de 50 kg non serán considerados sanción “grave”.

Son moitos os que tamén lembran que cando este Regulamento se votou en Europa, os PP e PSOE europeos votaron a favor, e só Ana Miranda do BNG votou en contra, na mesma liña que acaba de pedir, solicitando sacar a flota artesanal do REG.

O escrito de “disconformidade”

Este é o escrito presentado polas confrarías de Laxe e Corme, que remata cun claro ”Somos pescadores, non delincuentes”, un sentir habitual entre o sector ante a excesiva vixilancia.

Informe disconformidade desconvocatoria folga mar

Máis novas

Comentarios