Luns. 07.10.2024
El tiempo

As mulleres do Arquivo Vidal marabillan á Coruña

Inauguracion da exposicion do Arquivo Vidal na Coruna
Inauguracion da exposicion do Arquivo Vidal na Coruna
As mulleres do Arquivo Vidal marabillan á Coruña

Espectaculares quedan as fotos do Arquivo Vidal na Mariña da Coruña. Ata o final de agosto, toda a xente que pasa polo lugar máis icónico da vila herculina fará unha viaxe pola historia da Costa da Morte a través das imaxes do fotógrafo laxense.

Son fotos das mulleres da nosa comarca as protagonistas da exposición "Nós somos elas", que vén aderezada con 24 poetas, como Marta Dacosta, Rosalía Fernández Rial, Lucía Aldao, Mercedes Queixas Zas, Ana Romaní ou Eva Pedreira.

Son fotos que demostran o poder da mostra permanente que o Arquivo Vidal ten no Museo do Mar de Laxe.

Organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Laxe, a exposición estará aberta ata o 30 de agosto.

Marabilla de exposición coa que vos atoparedes na Dársena da Mariña #ACoruña até fin de agosto.

Exposicion Nos somos elas do Arquivo Vidal na Coruna

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios