“A Xunta paraliza a ampliación da Rede Natura para favorecer a ubicación irregular de eólicos como os de Monte Chan”
Nova denuncia contra o Parque Eólico Monte Chan polo seu impacto directo nos Penedos de Traba e Pasarela. Desta volta é o grupo Anova o que pide a Xunta que paralice a tramitación do Parque, e denuncia a “práctica fraudulenta de permitir a ubicación deste tipo de proxectos na contorna da Rede Natura”.
Afirman que a zona dos Penedos debería estar nunha “proposta de ampliación da Rede Natura dende 2011, unha ampliación paralizada precisamente para favorecer a ubicación irregular de eólicos nestas zonas que deberían contar cun grao máximo de protección”, declarou Antón Sánchez, voceiro de Anova.
Nese sentido lembra que hai unha sentenza previa, que anulou a autorización ambiental do parque eólico do Oribio, nunha situación semellante.
"A paisaxe, así coma os valores culturais, ambientais e científicos dos Penedos de Pasarela e Traba son piares fundamentais para un futuro sostible da Costa da Morte, onde o turismo respectuoso co medio tamén supón unha oportunidade de presente e de futuro se a preservación do territorio é axeitada", explican. E "así consta, por exemplo, no PXOM do Concello de Laxe, que aposta por un turismo baseado nos seus valores naturais e culturais".
Lembran que falamos dun total de nove aeroxeradores de 200 metros de altura en punta, que se situarán a escasa distancia das zonas protexidas ZEC Costa da Morte e ZEPA Costa da Morte Norte. E recordan que “o propio proxecto recoñece o impacto negativo que o parque eólico suporía para a actividad turistica”.
Novas sobre Os Penedos
- O SEMESCOM presentou alegacións contra os dous proxectos dos parques eólicos que ameazan os Penedos.
- O BNG oponse ao PE Monte Chan, “unha ferida de morte na paisaxe dos Penedos”.
- Constitúen a Plataforma Salvemos os Penedos.
- 22-02-2021: O BNG de Laxe presenta unha moción para que o pleno rexeite os Parques Eólicos de Monte Chan e Pena dos Mouros.
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- 18-02-2021: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 19: Os Concellos de Laxe e Vimianzo retoman, en serio, o proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Decembro 2018: Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- Setembro 2018: Os penedos cobran vida.
- 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras.
- 2018: Augusto Pérez-Alberti: “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida”.
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida.