Xoves. 28.05.2020
El tiempo

“Galería Vinte Vinte”, o novo concurso de fotografía do Concello de Malpica para crear unha exposición

“Galería Vinte Vinte”, o novo concurso de fotografía do Concello de Malpica para crear unha exposición

Baixo o título “Galería Vinte Vinte”, a Concellería de Cultural de Malpica abre un novo concurso de fotografías que formarán parte dunha exposición. Esta constará inicialmente, de 10 fotografías que serán seleccionadas polo público a través do perfil de Facebook do Concello de Malpica.

A temática das fotografías versará sobre o período de confinamento e poderán ser imaxes interiores ou exteriores, sempre e cando se realicen desde a casa.

Establécense dúas categorías: de 12 ata 17 anos e maiores de 18 anos. Acompañarase a imaxe dun texto, non de máis de 15 palabras.

O prazo de presentación de fotografías estará aberto desde as 00:01 horas do 1 de maio, ata as 23:59 horas do 20 de maio de 2020. As fotografías enviaranse por correo electrónico ao enderezo [email protected]

Tarxetas de internet

O Concello de Malpica fixo entrega de tarxetas de datos para as familias con menos recursos, facendo así posible que a rapazada dos núcleos familiares con menos recursos poidan seguir ampliando coñecementos e seguir as clases de forma telemática.

En coordinación coa empresa Syryl, que rexenta un veciño malpicán, preténdese minimizar a fenda dixital que supón a etapa de confinamento e de asistencia a clase de maneira telemática, así como acceder a contidos educativos única e exclusivamente a través de Internet.
 

Concursos resoltos

 

Outros Concursos en marcha

comentarios