Xoves. 04.06.2020
El tiempo

Suso Bahamonde lanza o seu propio certame de microrrelatos pandémicos

Suso Bahamonde lanza o seu propio certame de microrrelatos pandémicos

Marea de concursos literarios estes tempos de confinamento. Concellos, asociacións e mesmo autores queren animar á veciñanza a poñerse a escribir. Como Suso Bahamonde, que lanza o I Certame de Microrrelatos Pandemia 2020.

Son textos de de 100 a 150 palabras, entre as que ten que estar a palabra “VIRUS”, e serán escritos en galego ou portugués. Serán enviados a [email protected]

O 9 de maio é a data límite para presentar os relatos. E antes de finalizar maio darán a coñecer os tres gañadores, que levarán un exemplar asinado de “Caída”, o seu último poemario, un marcapáxinas artesanal de [email protected], unha botella de viño terra brava e un exemplar de “Amantes”, o libro de María Lado.

Boten un ollo ao punto 8 das bases… ;-)

Novas relacionadas

Concursos resoltos

 

Outros Concursos en marcha

comentarios