“Galería Vinte Vinte”, o novo concurso de fotografía do Concello de Malpica para crear unha exposición

Baixo o título “Galería Vinte Vinte”, a Concellería de Cultural de Malpica abre un novo concurso de fotografías que formarán parte dunha exposición. Esta constará inicialmente, de 10 fotografías que serán seleccionadas polo público a través do perfil de Facebook do Concello de Malpica.
A temática das fotografías versará sobre o período de confinamento e poderán ser imaxes interiores ou exteriores, sempre e cando se realicen desde a casa.
Establécense dúas categorías: de 12 ata 17 anos e maiores de 18 anos. Acompañarase a imaxe dun texto, non de máis de 15 palabras.
O prazo de presentación de fotografías estará aberto desde as 00:01 horas do 1 de maio, ata as 23:59 horas do 20 de maio de 2020. As fotografías enviaranse por correo electrónico ao enderezo educacionecultura.malpica@gmail.com.
Tarxetas de internet
O Concello de Malpica fixo entrega de tarxetas de datos para as familias con menos recursos, facendo así posible que a rapazada dos núcleos familiares con menos recursos poidan seguir ampliando coñecementos e seguir as clases de forma telemática.En coordinación coa empresa Syryl, que rexenta un veciño malpicán, preténdese minimizar a fenda dixital que supón a etapa de confinamento e de asistencia a clase de maneira telemática, así como acceder a contidos educativos única e exclusivamente a través de Internet.
Concursos resoltos
- O estudante Jesús Miguel Goimil Ares gaña o I Concurso de microrrelatos #carballomola.
- O laxense Alberto Lago gaña o I Concurso de Contos Mariños
Outros Concursos en marcha
- Suso Bahamonde lanza o seu propio certame de microrrelatos pandémicos.
- Carballo conta o que ve dende a súa ventá.
- Malpica implica á rapazada a enviar #CartasconAlma ás persoas hospitalizadas.
- A Olería de Buño propón un novo certame de pintura.
- Bo momento para prepara o teu traballo para o Certame de videos, podcast e regueifas de AMEGA.
- Un concurso de microrrelatos para pasar a corentena
- Naufraxios Galegos convoca o primeiro concurso de Contos Mariños